JANE'S ADDICTION. NOTHING'S SHOCKING (1988) A mediados dos ochenta catro tipos únense na cidade do pecado (L.A.)para crear este enxendro, mezclando todo tipo de música e presentandoa cunha contundencia nunca vista, cunha actitude desafiante e retranqueira, cunha moi mala hostia... Pouco a pouco, estes tipos foron tocando primeiro nos garitos máis tirados e aumentando os seus seguidores ata que por fin acadan tocar no mítico Roxy e grabar o seu primeiro disco "Jane's Addiction" (1987)(O debut EN DIRECTO!!!) onde fan unha espectacular versión do Sympathy for the devil dos Stones (os seus pais),e outra do Rock'n'Roll da Velvet (as súas nais). Pese o seu caracter underground e agresivo, as grandes discográficas devecían por pasarlles a man polo lombo. Finalmente é Warner quen consegue levarse o jato á auja, dando absoluta liberdade artística ó grupo. Resultado? Un dos discos definitivos diso que denominamos ROCK AND ROLL. Un disco nada facil de escoitar. Hai que pararse nas cancións, escoitalas varias veces, asimilalas... Unha vez dixerido este cacho de monstruo, este disco lévate a niveis sensitivos sorprendentes. As veces acojona escoitalo. Catro salvaxes experimentando cos instrumentos básicos do Rock.Dave Navarro (formou parte da banda irmá Red Hot Chili Peppers durante un disco) dalle unha intensidade á guitarra nunca vista ata agora. O gran Eric Avery toca o baixo como un creador de atmósferas (moi Stooges, as veces) acompañado dun Perkins ás baquetas, tanto fankeiro como punk. Todos mesturan irreverentemente e con dous collóns os Zeppelin e os Sabbath co Funk, o Folk ou mesmo o Hip-Hop. O que é unha banda experimental pero ante todo rockeira. E todo liderado por Perry Farrell, o último gran xenio do rock, que tiña unha voz capaz de transmitir o que lle saira dos juevos, pero sempre mesturando ambiguamente o lírico co jómito. Ademáis como artista plástico a ter moi moi en conta, realizou as XENIAIS esculturas femeninas das portadas dos seus discos. Botádelle un visual a esta ou á de "Ritual de lo Habitual"(1991, outra fodida OBRA MESTRA) dignas de estar no Louvre. O grupo foi tomar polo q polo de sempre...(Como os seus veciños e contemporáneos os GN'R) Drojas, idas de olla, choque de egos... No 91, en pleno concerto da xira do (exitoso) "Ritual...", empezaron a aplaudirse entre eles, e adiós... Pero os cartos mandan, e xa como lendas reivindicadas por todo J.Cristo, voltan a reunirse no 2001 (sen Avery)... Pero xa non é o mesmo que na época deste disco... Cando eran UNICOS. VIVA O ROCK AND ROLL!

No hay comentarios: