GRATEFUL DEAD. AMERICAN BEAUTY (1970) San Francisco, anos 60. Un grupo de peludos postos ata as orellas de ácido tocaban interminables jams de rythm and blues para unha audiencia totalmente pasada de voltas. Este grupo eran os Grateful Dead, e chegarían a converterse nos abandeirados do movemento jipi establecido en S.F. (Janis, Jefferson airplane, Santana...). Musicalmente, eran a banda de maior calidade, sempre abertos a calqueira son ou música, experimentais, líricos e rockeiros. Ademáis eran unha delicia en directo (facían mogollón de concertos gratuitos), se non, que llo pregunten ós seus fans, os Deadheads, o público máis fiel do RNR, e unha parte imprescindible do grupo, segundo dixo o seu lider, o gran Jerry García. Os Grateful dead non eran totalmente psicodélicos (eso foron modas) senón que eran moi eclécticos. Jerry García era un fanático do bluegrass e o folk, outros membros como Robert Hunter ou "Pigpen" érano do blues o jazz, ou mesmo da música clásica. E todos, co seu don innato para improvisar, crearon álbumes do máis variado, pero sempre con ese "espírito" dead. Con este disco, ou mási ben co anterior, "Workingman's dead" (1970) deron un xiro radical, deixándose de jipadas, flores no pelo e amor hipócrita, e buscaron as raices, experimentando novamente, pero nesta ocasión cunha música básica e tradicional, de alta calidade. Se "Workingman's..."foi un éxito en tódolos sensos, con este disco, redondearono ainda máis, creando unha obra mestra, básica en calquera colección de discos, mp3, disco duro, ou como cojones queirades chamar a ese artiluxio máxico que accionas, e toca unha orquesta só pa tí. Cancións como "Sugar Magnolia", "Box of rain", "Friend of the devil" ou "Truckin'" son moi especiais, ideais para dias ou noites nas que, coa axuda da nai naturaleza, atopes o teu verdadeiro "yo" e pilles un precioso e feliz morao.
UFO. STRANGERS IN THE NIGHT (1979) O mellor directo da historia? mmm... Bueno, eu diría que si, con permiso do "It's Alive" de Ramones, "Live and Dangerous" dos Lizzy e "Alive I e II" de Kiss. Despois de todo, estamos falando de músicos dunha calidade extraterrestre, de cancións xigantescas e inhumanas creativamente, e dun son tan orixinal e influinte como a Biblia. E tamén estamos a falar do fin dunha década maravillosa, irrepetible para o Rock, e do principio duns anos escuros, fatídicos para o correcto desenrolo da boa música. UFO estaba formado dende o 69 (daquela eran os míticos Hocus Pocus) pola xenial voz de Phil Mogg, o elegante baixo de Peter Way e Andy Parker á batera. Tocaban un Hard Rock non alonxado do Blues e o Boogie. Como guitarrista terían a Mick Bolton, pero no 73, un novo guitarra incorporase ás súas filas. Un guitarra chulo e elegante, virtuoso e rockeiro, habil e intenso, impredecible para improvisar e indeleble para escoitar... SI, amigos. O grandísimo (enorme, joder) e teutón Michael Schenker (membro duns primitivos Scorpions sesenteros) Con el, o grupo chegou ó máis alto a nivel crítica e público, tendo como colofón este excepcional MAIS GRANDE QUE A VIDA directo. DEMASIADO DOLOROSO PARA ESCOITALO EN DISCO e non podelo presenciar en vivo. Tódolos seus éxitos ("Doctor, doctor", "Rock Bottom", "Too Hot To Handle", "Lights Out"...) tocados cunha calidade e intensidade propias de DIOS. Gracias UFO por este regalo, e gracias Schenker por aprender a tocar a guitarra cando ainda comias os mocos nos Scorpions (11 anos...!!!), e deleitarnos cos teus solos de divinidade musical. O mellor guitarrista da historia? Sona forte... eh? Deixo esta polémica custión no aire...
METALLICA. KILL EM ALL (1983) Hai discos de Metallica con mellores arranxos, mellores composicións e mellor técnica, e mellor o que queirades... ("Ride the Lightning" (84) e "Master of Puppets"(86)), pero sinceiramente, eu quédome con estes Metallica debutantes, novos, veloces, intensos, JEVIS. As cancións deste disco son sinónimo de carraxe xuvenil e de mala hostia, de rebelión fronte o que se estaba a facer no ano 83. Se no outro lado do charco triunfaba daquela a New Wave of British Heavy Metal; en San Francisco, estes chavales con pelusa no bigote e rock and roll nas venas debutaron como a banda de Heavy Definitiva. Dese Heavy que che fai mover a melena, tocando unha imaxinaria guitarra a un ritmo frenético. Este disco íase titular nun principio "Metal Up your Ass" (Metal polo cú), pero ningunha compañía aceptou ese título e Metallica decidíronse por "Matalos a todos"( ás compañías, supónse... las vueltas que da la vida). Caben destacar as presencias do falecido (e xenial) Cliff Burton ó baixo, e uns novísimos Hetfield, Ulrich e Kirk Hammet (sustituto de Dave Mustaine, que no 83 formaría Megadeth) e a producción de Paul Curcio, que fixo un traballo incrible, cun sonido irrepetible (de feito, Metallica iríanse facendo máis e máis frouxos, ata a morte de Burton no 86, onde quedarían orfos dese primixeneo son que atoparon nesta pequena obra mestra). Parece que tras a traxedia de Burton foron caendo en picado ( pero conservando a súa dignidade de Jevis) e tras sacar o ainda digno Black Album (1991)... bueno... mellor non falamos, eh?.
SPINAL TAP. THIS IS SPINAL TAP SOUNDTRACK (1984) Sen dúbida, esta banda merece estar con letras de ouro na historia do Hard Rock, xunto a Led Zeppelin e Black Sabbath. Nacidos en Gran Bretaña, foron seguramente das poucas cousas das que pode orgullecerse este patético país. David St. Hubbins, Nigel Tufnel e Derek Smalls apareceron na grandísima película documental "This is Spinal Tap", na que se contaba a historia do grupo dende os seus comezos, retratando de paso, tódolos clichés do RNR e o Heavy Metal. As magníficas entrevistas que lles fan á banda son estremecedoras (de partirse o cú). Este disco é a banda sonora do film en cuestión (o album nejro, anos antes de que o sacara Metallica) e recolle dende cancións dos seus comezos ye-yés, pasando pola era Hippie, ata a súa conversión ó Hard Rock e ó Heavy, e a súa decadencia no 84, repasando a súa extensa discografía, onde cambiaron varias veces de batería, xa que todos os que ocupan este posto, acaban morrendo en estranas circunstancias ( accidente de xardinería, afogados en vómito alleo, unha combustión espontánea, estoupar en directo, etc...) Hai que dicir que este documental é ficticio, e que Spinal Tap é un grupo inventado no 1984, cunha discografía inventada, e cunha mala hostia acojonante, amén de ser un grupo de excelentes actores. Pero as cancións que se oen na peli e neste disco son auténticas, e realmente boas. "Sex Farm", e "Tonight I'm gonna Rock You Tonight" son buenirmos himnos cheos de veneno pola súa utilización de tópicos rockeiros e por unhas letras realmente jañáns, xeniais e explícitamente desfasadas (o rock nos 70-80 foi así):"Miña nena quédame como un esmoquin de carne / Gustaríame afundila co meu torpedo rosa". ("Big Bottom") Como curiosidade hai que dicir que uns Aerosmith yonkarras e en horas baixas, déronse por aludidos polo film e demandaron ós Spinal... Delirante. Outro disco que sí existe (hai 36 discos na súa discografía, 4 deles reais) deste grupazo é "Smells like the Wind" (1992) no que colaboran figuras como Jeff Beck, Joe Satriani ou Slash. Tamén hai que conseguilo.
SOUNDGARDEN. BADMOTORFINGER (1991) Este disco estivo sempre á sombra de "Nevermind", xa que saliu prácticamente ó mesmo tempo, pero non lle ten nada que envidiar ó clásico de Nirvana. Ademais Pearl jam tamén editou por esas épocas o "Ten", así que xa vos podedes imaxinar cómo estaba de ben o patio neses días. Neste ano pódese dicir que naceu o Jrunje, desmontando o musicalmente establecido, influindo, dende o espirito de Black Sabbath e Andy Wood a grupos que ainda empezan hoxe en dia. E o "Badmotorfinger" contribuiu a esto dunha forma contundente. Anos atrás Chris Cornell e cía. xa fixeran grandes discos, pero con este deron no cravo. O album comeza con "Rusty Cage", que para min é dos mellores comezos nun disco xunto ó "Appetite..." e ó "Beggars Banquet". Desta canción fixo Mr. Johnny Cash (amante do Jrunje) unha versión antolóxica na súa obra mestra "Unchained" (1996). Despois, tema tras tema ("Jesus Christ Pose", "Somewhere"... Todos, vaia...), o disco vai subindo e subindo de intensidade e de nivel ata deixar a quen o escoita extasiado como unha prea. Máis que un disco, unha experiencia única. Unha audición orgásmica. Un polvo musical. Unha felación sónica... Nin Audioslave nin pollas. SOUNDGARDEN: Un grupo EXCELENTE. FANTÁSTICO. DE PUTA MADRE. ACOJONANTE. Demasiado grupo para durar. SEMPRE VOS TEREMOS NO CORAZÓN: CHRIS, KIM, MATT e BEN.
OTIS REDDING. DREAMS TO REMEMBER (1998) El foi o rei do Soul, o MELLOR cantante da historia, cunha interpretación sublime da música nejra, con sentimento, e dicir, con SOUL. Arroupado polos mellores músicos de Memphis (Booker T. & M.Gs ou Os Bar-Keys), e pola casa discográfica STAX (unha Motown máis negroide e sudorosa, sen tantas concesións ó público branco) este tío foi medrando e medrando ata ser o máis grande, pero claro, o clásico accidente de avión mortal (seguramente os colegas da CIA saberán algo do tema) acabou con esa vida tan curta e intensa. Afortunadamente, quédanos a súa voz, capaz de facer chorar ó cantante de Manowar, e tamén un buenirmo puñao de discos (1961-1967) que roza a perfección. Recomendar un???? ... Imposible. Por iso recomendo esta caixa recopilatoria de 50 temas imprescindibles, que van dende colaboracións con Carla Thomas ("Tramp"), versións dos Stones ("Satisfaction") ou Bitels ("Get Back") e clásicos intemporais ("I've got dreams to remember", "Try a little Tenderness") ata versións en directo no festival de Monterrey ("Sittin' on the dock of the bay") no que os peludos jipis, de tripi, non daban crédito ó que vian ante os seus narcotizados ollos. (Joplin , Hendrix, Redding...) Otis... Hijoputa... Cánto pode cantar unha persoa (negra, por suposto) de ben...
SINIESTRO TOTAL. GRAN D SEXITOS (1986) Un dos mellores grupos en idioma español, pero facendo claramente música tradicional galega. Empezaron sendo punks, e foronse calmando, e perdendo compoñentes discrepantes, ata chegar a hoxe. Dende que tocan ben, creo que son un coñazo, pero antes (1980-1986) eran realmente bós. Uns creadores de cancións perfectas (traballaban en formato single, coas consiguientes caras B) que compoñían melodías cojonudas e letras dignas dun Nobel de Literatura. Neste disco (ou cinta) recopílanse os himnos máis recoñecibles dentro desta etapa, dende a época do desquiziao (e Judas) Germán Coppini á voz ("Matar Jipis en las cíes", "Purdey"), ata cando eran un trio punk ("Assumpta", "Dios salve al conselleiro", "Luna sobre Marín"), e tamén rarezas ("No me lavo en la vida") e concertos ("Trabajar para el enemigo", "Bailaré sobre tu tumba","We are the world"). Unha sucesión de cancións tan fodidamente boa, que costa crelo nun grupo de fodidos vigueses, que miran en vez de ver. Non sei, tios... Salvando as distancias, son como os RAMONES galegos.
MOTHER SUPERIOR. MOANIN' (2005) Este disco é unha puta mierda... comparao co seu directo, claro... Si, tíos... Podo dicir que foi un dos directos que máis me impactou, e cheguei a estar totalmente obsesionado con este, e outros discos da puta banda ("Sin", "13 violets", ambos altamente recomendables). Este trío sona a auténtico ROCK AND ROLL, deste que se che poñen os pelos de punta. Sonan compactos, sólidos, gradfunkianos... Merda!!. ¿Qué adxetivos podo usar para describir esta jodida puta obra mestra?. Quédome corto, diga o que diga, así que... escoitadeo se non o fixestes.Escoitadeo, por favor, dígovolo en serio. Para min, o mellor grupo do S. XXI (van 6 anos), e este album, a súa mellor obra. GRACIAS por ser tan MAIÚSCULOS. A portada fíxoa un inspirado e xenial Ron Donovan.
THE DICTATORS. BLOODBROTHERS (1978) Finais dos 70's. Explosión Punk en NYC. Ramones. Blondie. Television. Heartbreakers... Pero estos tios eran punks no 73!!. E XA eran buenísimos. Entón... ¿Por qué cojones non triunfaron a nivel masivo? Joder, tio...Se todos estes grupos de mierda que tocaban no puto CBGB's os consideraban unha influencia básica... A resposta é sinxela: A vida é inxusta... Este disco (é posible????) foi un puto desastre comercial, e a compañía mandounos a tomar polo cú ó momento. Pero... Non o entendo! Cómo güevos non triunfou este disco?, cunha colección de singles acojonante, e cunha banda con actitude, carisma, calidade, e honestidade... Esos rasgos que non abundaban precisamente nalgún grupito punk da época que triunfou como a coca-cola. Maldita sexa!!!! QUE VIDA MÁIS PUTA!!!!!!. QUÉ PASSA?? E QUE HAI QUE ESPERAR A QUE PALME ALGUÉN PARA DARLLE O RECOÑECEMENTO QUE SE MERECE??????? Pero se Os Dictators son á música o que Cervantes á literatura... Mira... Que lles den polo cú ás discográficas... Eu vou seguir tendoo como un dos meus discos de cabeceira. "Baby, let's twist" (versioneada entre outros por Pussy Calandracas), "Faster & Louder" (o 1,2,3,4 inicial non o fai dee dee ramone, senón... Bruce Springsteen !!!), "The Minnesota Strip" (fermosa canción), "Stay With Me" (tamén plaxiada polos Pussy), "Slow Death" (orixinal dos Flamin' Grooves)... Vou citar unhas sabias palabras do baixista, Andy Shernof: «A canción perfecta de rock and roll ten que durar tres minutos e estar dotada de inolvidables riffs de guitarra e coros pegadizos. A música debe atraparte á primera escoita, as letras, á quinta...»
THE DETROIT COBRAS. MINK, RAT OR RABBIT (1998) Ah Detroit...! Como cantaban KISS, "Detroit Rock City"... De aló sairon os grandes do Rock, e de súpeto, chega este grupo de versións vinculado ó baixista de Black Crowes, e vólveno demostrar, joder...! Esta cidade é a capital mundial do RNR aínda hoxe en día! Despois de todo de aló é o mítico sello MOTOWN!!! Pero este grupo... Este é un grupo de versións de cancións dos 50's e 60's (casi exclusivamente), liderado polas tias máis cachondas que vin na miña vida sobre un escenario. Para empezar, esa cantante... MGHGRRHGH...Rachel Nagy... A la par de ser a cantante máis bella e sexy do mundo (ex-stripper, ex-carniceira), a tia canta provocando ereccións das dolorosas, quentando á audiencia elegantemente, como unha actriz da época dourada de hollywood, como unha diosa rubia platino que susurra ou berra esas incribles e maravillosas cancións que nos trasladan a outros mundos, con unha voz... MRGGHGYR... non hai adxetivos que te describan, Rachel... LOS GRADOS FARENJEIT SE ELEVAN A TU PASO. Pero para min, a mellor é.... ahh! (suspiro de amor)... A criatura máis maravillosa que existe no puto universo... e ademáis, a persoa que todos quixeramos ter cando hai hostias e necesitamos defensa: Maribel Restrepo !!!!!!JODERRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRR.... Dificilmente se pode estar máis cachonda... e... joder... joder, cómo toca a guitarra a hija de la gran putaaa!!!! MAMMA MÍA. Con esa cara de mala hostia, esa enerxía, eses solos incendiarios, esos labios, esas cachas, ESAS DOS TAZAS DE TÉ!!!! ...SLURP... AHhgHgHAaasghh.... Vale, non compoñen as súas cancións... QUÉ COJONES IMPORTA ESO???? dios... Se son un grupo de versións!!! o caso é que as interpretan dunha forma tan fodidamente maravillosa, que cando as ves en directo, eres fan pa toda a puta vida. GRAN CALIDADE MUSICAL a destas pedazo de tias, que fichan a novos músicos cada dous por tres, coma klinex, porque despois de todo elas son as jefas. Discos recomendables (imprescindibles, diría eu): TODOS!!!:"Life, Love And Leaving" (2001), "Seven Easy Pieces" (2003) e "Baby" (2004). Nota de marujeo: Por certo... As moi cabronas son MOZAS!!! (que sorte teñen, tanto unha como outra). Non quero nin imaxinalas haciendo "eso", que me pongo aún más pinocho, se cabe.
HANOI ROCKS. HANOI ROCKS, BANGKOK SHOCKS, SAIGON SHAKES (1980) Michael Monroe (estupenda voz, gran harmónica e sensacional saxo), Andy McCoy (guitarrón de la hostia!), Nasty Suicide (guitarrón de la hostia II), Sam Yaffa (fenomenal baixista, actualmente en NYC Dolls) e Gip Cansino (excelente batería... despois entraría o excelentísimo e malogrado Sr. Razzle... ¿dos baterías máis carismáticos da hª do RNR?). Estes tios foron os Rolling Stones dos 80's con este album debut que sonaba A DIOSSSS. A DIOSSSSSSSSSSS. Naturais de Finlandia, en poucos dias comeronse o mundo, maquillados e vestidos como putóns, en homenaxe ós seus idolatrados NYC Dolls, acabando por asentarse na capital do vicio: L.A., e influenciando claramente a grupos como Mötley Crüe ou os Guns N' Roses (o mesmísimo Axl comentou a débeda impagable que tiña cos Hanoi). A sua actitude glam-destroyer refléxase neste enorme disco, nesta inabarcable obra mestra, onde se mestura a enerxía dos RAMONES co glam-rock de T.REX. (esto daría lugar a eso chamado "Sleaze") Si... vale... o mellor na primeira escoita sona algo ochentero, pero, a medida que escoitas este disco, flipas máis e máis... Tiña que estar nesta lista a collós. Ahhh!... Ainda dou gracias a dios por permitirme ver en directo a Mr. Rock and Roll: Michael Monroe (en solitario). Recomendo esta páxina: http://www.sleazeroxx.com/audio.shtml. Nela podedes atopar grupos da movida Sleazy, Hard Rock, Cock Rock, Heavy Metal e diversos apelativos que se poden resumir nun solo: ROCK AND ROLL!!!!!
QUEEN. A NIGHT AT THE OPERA (1975) Escoller un puto disco de Queen... Ben... Se non hai máis remedio, escollo este acolloante artefacto musical...O nunca visto antes en rock. Freddie Mercury foi un dos grandes, sen dúbida, e estaba moi ben arroupado por tres monstruos... Todos eles eran grandes intérpretes e compositores. Toda a carreira do grupo o demostra. Estes anos eran anos de grandilocuencia e barroquismo, e cunha personalidade como a de Mercury, non é de estrañar que surxira "esto". Este disco non ten desperdicio, joder. TODAS as cancións son unha puta maravilla!!! Pero, evidentemente destaca unha: "Bohemian Rhapsody"... Hai que estar moi zumbado para crear unha canción destas características: Hard Rock? Opera? Balada? JODER, QUÉ MÁIS DA!!!! Unha canción insuperable, acompañada de outras 11, que farán as delicias de calqueira amante da puta música. O mesmísimo Groucho Marx adoraba este disco. FANTÁSTICO. Recomendable de Queen: "Queen I" (73), "Queen II" (74), "Sheer Heart Attack" (74), "A Day At The Races" (76), "News Of The World" (77) e especialmente (excelente disco) "Jazz" (1978). Tamén (case) todo o ochentero que fixeron ten unha enorme calidade, como todos sabedes.
BO DIDDLEY. BO DIDDLEY (1957) Un dos guitarristas indiscutibles do rock and roll, colega-rival de Chuck Berry na Chess, un músico que levantou am-pollas, creador de ritmos selváticos, dun estilo crú alonxado da comercialidade (demasiado nejro, demasiado Vudú), unha voz potentirma e unha forma de tocar a guitarra ( unha guitarra tuneada: a square-bodied ) totalmente innovadora. Ademáis incorporou instrumentos novedosos na súa banda como as maracas, que tocaba Jerome Green, e destacou polas súas letras nas que SEMPRE APARECE O SEU PUTO NOME!!!! "Bo Diddley", "Hey Bo Diddley", "Diddley Daddy", "Pay Bo Diddley"... En fin, un tío que non tiña abuela, pero todo cumplido cara el é pouco... Despois de todo escribiu temas da talla de "Roadrunner" (Animals, Stones...), "Pills" (NYC Dolls...) ou "I'm a man"(Yardbirds, Stooges...) e lanzou á fama esas animaladas chamadas "Who do you love?" (Ronnie Hawkins) e "Before acuse me" (Creedence...). Guitarrista influinte como poucos. Como curiosidade musical hai que afirmar que as súas cancións eran tan jodidamente rítmicas e hipnotizantes que os músicos só tiñan que tocar UN PUTO ACORDE. E de feito, a maioría das súas cancións só teñen 1 ACORDE!!!! ¿¿¿ podédelo crer????
ROY ORBISON. THE ESSENTIAL ROY ORBISON (2006) Este tío foi un crack no que a Rockabilly respecta, pero non alcanzou o éxito dos seus compañeiros de Sun Records (Perkins, Cash, Jerry Lee, Presley...), polo que ata os guevos, sacouse da manga un novo estilo rockero, un estilo que dende entón o definiu. O cantante miope, vestido de loito, acabou cantando cancións fodidamente emocionantes e tristeiras ("Only the lonely"), algo lóxico, xa que o destino cebouse tráxicamente con Roy fodendolle os seus seres máis queridos, así que é normal que o tipo cantase a súa traxedia dende o corazón, ese corazón que lle acabaría fallando cando parecía que todo ía de puta nai, cando todo dios o reivindicaba. Roy obsequiounos con cancións para a posteridade, ata había alunhas alegres, joder... ("Oh, pretty woman"). O caso é que este tío tiña algo especial, na sua voz, no seu sentimento, nas súas inolvidables composicións... Sirva como ilustración da súa música ese "In Dreams" que fai chorar de emoción a Dennis Hopper como o xenial Frank Booth na peli "Blue Velvet" (1986). Nunca unha canción sonou tan escura e fermosa (como unha peli do propio Lynch). Calqueira cousa que grabou Orbison merece ser catalogada como obra mestra indiscutible, pero hai que intentar coñecer a súa desconocida etapa rockabilly cañero, e por suposto disfrutar da súa obra póstuma "Mystery girl" (1989), un disco de escoita obrigada. Por eso o ideal é conseguir un recopilatorio completito como este.
BARÓN ROJO. VOLUMEN BRUTAL (1981) Este disco arrasou en Japón e existe unha versión en inglés (o tema "Stand Up", é dicir, "Resistiré" chegou a ser número 1 en Inglaterra !!!) Sen dúbida, o mellor grupo de ROCK AND ROLL de Espiñi!, Ninguén tivo un éxito igual fora da cutre-península, e dende logo, foi merecido, tendo en conta as cotas de calidade as que chegan con este segundo traballo. Uns tios con palpables e jugosas influencias (Kiss, M.S.G., Hendrix, AC/DC, Twisted Sister...), que deron moito que falar alá polos ochenta, cando reinaba esa cutrez rancia da movida madrileña, os pseudo-modernos de pega e o electropop máis jomitivo... Estes cabróns abandeirarían con éxito o rock de calidade entre tanta mediocridade, e ainda hoxe moven unha multitude de fans que estarían dispostos a andar a hostias con quen sexa polos BARÓN. "Resistiré", o clásico "Los rockeros van al infierno", a xenial "Las flores del mal", esa maravilla que é "Incomunicación" ou a emotiva "Concierto para ellos"... Joder... Con esta canción vou acabar: "...En cada concierto de Rock 'n' Roll / las campanas doblan por Bon Scott / por Janis, Lennon, Allman, Hendrix / Bolan, Bonham, Brian y Moon... " Este disco hai que escoitalo, como di o seu título, a un VOLUMEN BRUTAL.
NEW YORK DOLLS. NEW YORK DOLLS (1973) 5 putones drojadictos e mal falaos: David Johansen (voz, armónica, e un dos frontman definitivos da puta historia), Johnny Thunders (guitarrista e compositor xenial), Sylvain Sylvain (guitarrista con pluma e nome cojonudo, ademáis de ser un dos tios máis divertidos do RNR), Arthur Kane (baixo recentemente falecido) e Billy Murcia (batería yonki-atolondrao que morreu de "accidente") despois sustituido por un xenial Jerry Nolan (despois compañeiro yonkarra de Thunders nos Heartbreakers). Vamos, uns tios de pouco fiar... Yonkis, travestidos de putóns (véxase a inmortal portada, todo un icono comparable ás meninas de Velazquez), e rodeados de xentuza como Nancy (despois moza de Vicious) ou McLaren... E todo esto no 73!!!!!! Bowie daquela escandalizaba a xente por teñir o pelo!. A súa música recórdanos a uns Stones punk-glam, premeditadamente cutres, atronadores e apocalípticos en directo, pero cunha actitude a proba de bombas e unhas cancións simplemente perfectas... Pero non triunfaron... influiron en todo dios, pero non venderon... Quizais adiantáronse uns aniños á súa época... Se non fora por eles non existirían grupos que prefiro non nomear. Grandes temas: "Personality crisis", "Subway Train", "Frankenstein", "Pills", "Trash", "Jet boy"... Joder, síntome ridículo destacando cancións dun disco perfecto...
BUDDY HOLLY & THE CRICKETS. THE CHIRPING CRICKETS (1957) Un tio con clase o joputa de Buddy. Guitarrista experimentado, cantante excepcional e compositor dunhas cancións que son para quitarse o sombreiro, a verdá. Ademáis, ainda que non o parezca polas pintas, Holly era un rockstar definitivo, unha verdadeira fiera que practicaba o sexo as drogas e o rockandroll con carcter radical. Montábase unhas festas que riete tú de Led Zeppelin. Musicalmente, sempre me molaron esas melodías tejanas que compoñia, ese rock con rollo optimista, con ecos spectorianos. E cando se poñía cañero, era o que mellor rockeaba de todos os seus coetaneos. Sempre cos extraordinarios Crickets, que estandarizaron a clásica banda de rock: Baixo, batería e unha ou duas guitarras. Puta vida! Cando un frio 3 de febreiro do 59 caeu o puto Beechcraft Bonanza N-3794-N no que viaxaban Holly, Richie "La bamba" Valens e Big Bopper, ("the day that music died", que cantaba o outro), non só desapareceron as esperanzas brancas do rock and roll, senón que surxiron os primeiro mártires recoñecibles do xénero. Buddy tiña 22 anos. Quén sabe a donde chegaría! Recordemos, e tomemos nota, do gran rock que creou este tipo de gafas gordas, temas versioneados ata a saciedade polos grupos de Rock (os stones, por poñer o exemplo perfecto) que virían nos 60's: "That'll be the day", "Not fade away" "Peggy Sue" "What you do"...
GENE VINCENT & HIS BLUE CAPS.THE SCREAMING END (1990) O príncipe negro, o Hamlet do rock and roll... O primeiro rockeiro en usar chupas de cuero. Este tío era macarra a conciencia e xunto o tamén enorme Eddie Cochran ("summertime blues", "C'mon everybody"...), revolucionaron a música co seu rock and roll tolo e maligno, corrupto e corruptor. Estes rockeiros 100% sabían o que facían, non se andaban con mariconadas para enamorar as rapazas (o meloso estilo Elvis) ainda que, evidentemente, as nenas caían rendidas ós seus pés. Todo gracias a un bó tupé e moita "pomada". Gene tiña unha carisma acojonante, como Marlon Brando en "The wild one", pero sexamos xustos e reconozcamos que a banda que o acompañaba, The blue Caps, eran... Hiroshima, colegas... Cliff Gallup (guitarra), Jack Neal (baixo) e Dickie Harrell (batería)... Gallup pode ser denominado como o mellor guitarrista dos 50's (con permiso de ScottyMoore). O seu estilo non pode ser máis fermoso e maxistral. E cando había un solo de Cliff, escoitar a toda a banda berrando coma condanados da gusto, joder, da gusto... A putada de todo istofoi cando Gallup o deixou e cando Quévidamásputa! anos despois Gene acabou só, drojadicto e deformado polo alcol, sen que ninguén se acordara del cando morreu... Triste... Pero ahí nos quedan as súas cancións, os seus himnos, eses cánticos celestiais: "Be-bop-a-lula", "Race with the Devil", "Cruisin' "Blue jean bop" "Crazy legs" "Double talkin' baby" e un longo, longo etcétera. Como homenaxe a este grandísimo rockstar, tamen ó seu alter-ego Eddie, vou escoitar agora mesmo esa magnífica canción dos Stray Cats, "Gene and Eddie".
THE BLACK CROWES. THE SOUTHERN HARMONY AND MUSICAL COMPANION (1992) Bó grupo, non hai duda. E co novo guitarrista, Marc Ford, saliulles un discazo, chico. Música nejra como o carbón, ben feita. Nótase que son fans dos Stones e dos Skynyrd. Para mín o seu mellor disco, ainda que "Amorica" ten esa portada tan deliciosa... Sona como "ponte" entre o excepcional debut "Shake your money maker" (1990) e o "Amorica" (1994) (vaia gilipollez, despois de todo, fíxose no medio). Boas guitarras clásicas, uns teclaos moi curraos, unha voz estilo Arroz Stewart, uns coros de nejras que fan chorar de emoción ... Qué vos vou contar, joder... Escoitadeo canto antes, non fagades coma min, que tardei un güevo en descubrilo. Sempre lle estarei eternamente agradecido a Anxos por regalarme esta xoia, na que especificou claramente e por escrito cal é a súa canción estrella: "Remedy"... Non podo estar máis de acordo, ainda que o disco ten outras moitas perlas ( "Sting me", "Southern salvation" ou "Thorn in my pride", por poñer un par de exemplos) Boa música.
U2. THE JOSHUA TREE (1987) Este disco lanzou ó estrellato mundial ós irlandeses, que ata agora estaban sendo honestos e relativamente desconocidos para a gran industria. Un grupo de bos rapaces católicos cun puñao de bos discos as súas espaldas chegaron ó máis alto no 87 (bó ano para o RNR) con esta verdadeira obra mestra. Si... Seino... meter a U2 nesta lista, tal e como está o patio últimamente, sona pouco menos que ridículo, pero para o meu gusto, este álbum mereceo que te jiñas. Envellece de puta nai, e ten unha colección de singles que non me podedes negar que son dunha calidade sorprendente. Que llo pregunten a grupos actuais como os sensacionais Marah, que non teñen reparos en facer versións súas. Tras esto, as superestrellas cambiaron tanto no musical ("Achtung baby" dou un xiro ainda respetable no son que estaban a facer) como no resto. Agora son unha ridícula parodia, uns multimillonarios que parecen incapaces de levantar cabeza no musical, e ademáis son amiguetes de BILL GATES!!!! si, Bono e "a besta" Bill: O Anticristo, as veces rascan os seus solidarios petos e axudan aos negritos que morren de fame por culpa de... o propio BILL. TIENE COJONES LA COSA!!!. En fin... Olvidemos esta desagradable reflexión e disfrutemos de temazos como "With Or Without You", "Trip Through Your Wires", "I Still Haven't Found What I'm Looking For" ou "Bullet The Blue Sky".
RAINBOW. RISING (1976) Situémonos: 1975. Marcha o guitar-hero Ritchie Blackmore duns cada vez máis negratas (e coñazo) Deep Purple, e monta Rainbow, un grupo feito a medida para a sua xenial persona. Un excepcional disco de debut co "gran" cantante Ronnie James Dio. Tras varios cambios, no 76 o grupo estabilízase máis ou menos con Cozzy Powell bourando na batera. e sale este disco: Rainbow's Rising. Todo dios queda flipao. Todos conocemos a ese Blackmore dos Deep Purple, unha estrana mezcla entre Hendrix e Paganini... Un tio que se pode dicir que foi o primeiro "guitarra jevi", o creador de Riffs perfectos, un tio que todo dios describe como "un arrogante hijo de puta"... Pois aquí en Rainbow, a cousa segue igual, solo que respaldado por dous fenómenos como Dio e Powell. Este supagroup sacarán adiante o discazo do que estamos a falar, pura e dura dinamita roqueira que todo o mundo con sangue nas venas debería ter no seu poder. Dous exemplos das 6 maravillas que esconde este artefacto: "Tarot Woman" e "Stargazer"... Blackmore+Dio= Rock and Roll de calidade. Para min, este grupo merece sen lugar a dudas estar no olimpo do hard-rock formando unha santísima estrepia xunto a Black Sabbath e Led Zeppelin.
DEEP PURPLE. BURN (1974) Todo o mundo quería a Ian Gillian... Normal. Todos os himnos de Deep Purple, anclados como ladillas no noso subconsciente colectivo terán sempre a súa acojonante voz nas nosas mentes. Este tío chegaba ós rexistros mais agudos ("Child on Time"..., por poñer un puto exemplo). Pero no 74 deixou a Blackmore e cía., deixando un jueco fodido de encher (xa sabedes... O mesmo pasou con Bon Scott, Dee Dee Ramone, Brian Jones ou Ozzy, aparentemente insustituibles, e ... bueno... as apariencias enganan.) Dous novos membros en Deep Purple, para min, melloraron o seu son, o seu Rock and Roll, a súa música... David Coverdale (recomendable voz tamén nos brillantes Whitesnake) e o fankeiro baixista Glenn Hughes (tamén con voz agudirma e un virtuoso do baixo, que acompaña a Coverdale cuns coros maxistrais). Ademais temos as almas dos Purple: Blackmore, que se vivira J.S.Bach sería o seu fan, e a John Lord e o seu característico (e trepanador) Jámon. Sí... Seguramente non coincidiredes conmigo e preferides o "In Rock"(1970) coa formación que todos temos en mente (e no corazón)... NORMAL, son tantas e tantas cancións excepcionais... Pero eu que son atravesado, quédome con esta nova etapa para os Purple : "Burn", que facendo honor ó seu nome, ten cancións (tan míticas como Black Night ) que riete tí dos HIJOSDEPUTA dos incendiarios que andiveron prendendo lume nos montes este verán... En fin... Mellor cambiar de tema. BURN, amiguitos... Un disco que non me negaredes que como mínimo merece estar entre os 100 mellores.
TOM WAITS. RAIN DOGS (1985) Existe un músico máis persoal, máis loco, máis xenial que Tom Waits... ? Poucos hai... Este tio adicase a sacar obra mestra tras obra mestra sen inmutarse, facendo as delicias tanto de intelectuais listillos como de sinxelos amantes da música. Este disco exemplificaría en forma de pedra angular a súa carreira. Dende o clásico blues ("Union Square" "Big Black Mariah") ata os ritmos máis alocados ("Singapore"). De ecos stoogianos ("Clap Hands") ou rollo circense ("Cemetery Polka") a ritmillos que agora están de moda ("Jockey Full of Bourbon"). De baladas nostálxicas ("Time") a clásicos do rock ("Downtown Train")... vamos que on vou dar máis títulos, os que non o conozcades, metédevos de cheo nesta magnífica merda. Un disco arrepiante. Música para pechar un bar, aderezada cos máis exóticos sons, esas orixinais percusións e esa portentosa voz de borracho feita unha merda polo bourbon... E unhas letras que, como Dylan ou Springsteen, teñen a facultade de contar unha acojonante historia nuns cantos versos. Tom Waits é á música o que Klaus Kinski á interpretación, un tio que vai máis alá, que busca, que innova, ainda que iso lle custe a cordura en moitos casos. Un músico como poucos. Un músico dos que debería haber máis.
AC/DC. BACK IN BLACK (1980) Cando morreu Bon Scott (1974-1979) por afogar ca sua propia mascada todo dios inevitablemente pensou: AC/DC están acabados... se queren seguir, que sigan, pero con outro nome!!!!... JODER, que puto error!!!! Home... por razóns sentimentais, eu prefiro ó grandirmo BON, pero hai que recoñecerlle a Brian Johnson o que se merece. O cabrón foi (é) un moi digno sustituto de un tipo insustituible. E AC/DC non só non a palmaron con Bon, senón que cuan ave fenix australiana, resucitaron creando O SEGUNDO DISCO MÁIS VENDIDO DA HISTORIA!!!! Acojonante... Se non o tes, adquíreo pero YA. Vaia obra mestra!... Non só ten unha portada bellirma ... A pesar de recordar a traxedia do cabrón de Bon (estaba adicado a el), esta obra de arte comparable a un Rembrandt destaca por ser sabrosa como o churrasco, embriajadora como un barrantes, satisfactoria como unha cópula, sólida como o aceiro, con sentido do humor, coñera, alegre, cos clásicos Riffs de Malcolm, os solos chuckberryanos de Angus, unha excelente voz de Brian Jonson, ese ritmo que nos fai dicir SIII !!! coa cabeza, o hard-rock medio blusero... O que é un disco de AC/DC, cos seus característicos himnos inmortais: "Hells bells"!!!!, "Shoot to thrill"!!! "What Do You Do for Money Honey" !!!! (ostia!!) "Let Me Put My Love into You"!!!! "Back in Black"!!!!! ( ÑO!!) "You Shook Me All Night Long"!!!!!!!! OHHHHH!!!!!! OHHHHHH!!!!!!!! Non sigo... Non podo.... MMMMHHH!!!!!! GRRRHHHG!!!!
GRAM PARSONS. GP (1973)/GREVIOUS ANGEL (1974) O individuo máis carismático do Rock and Roll. Ademáis de influir a todo aquel que se cruzara no seu camiño (os Byrds, Keith Richards ...) Este tío era un puto revolucionario. En plena psicodelia, el reivindicou a música fascista por excelencia: O country!!!. Cando todo dios estaba pendentes das paranoicas Jams PSICOTRÓPICAS de Grateful Dead ou Jefferson Airplane, Parsons, influido por Elvis e Hank Williams, pódese dicir que inventou o Country-Rock, unha das músicas máis influintes de todolos tempos. Os jipis pasaron del, pois esa música era fascistoide e molaballe a os seus pais, e os cowboys rednecks considerábano "un maricón". Cando tocaba en antros de "música espiritual branca" (como Gram denominaba ó Country) tirábanlle cousas e gritábanlle lindezas do tipo de "corta o pelo, maricón", etc... Pero Gram non se achantou. Contracorrente, e tras pasar polos Byrds e facer o mellor disco destes: "Sweetheart of the rodeo (1968), Gram fundou os xeniais Flyin' Burrito Brothers e finalmente en solitario fixo estas duas putas obras mestras, inmortais, fermosas. O 19 de setembro do 73, morrería de sobredosis de heroina en Joshua Tree, antes de comprobar que estes discos non terían (incomprensiblemente) un éxito masivo, pero que se convertirian en discos de culto para calquera amante do ROCK and ROLL. Aquí colaboran a bellísima Emmylou Harris, Linda Ronstadt, James Burton... E nalgúns momentos os pelos póñense como putas escarpias, e unha lagrimilla caeche polos ollos. Noutros, aceleras tanto que dan ganas de enfundarse nun sombreiro de cowboy e tirar botellas de cervexa contra as paredes. Música country pura e dura, ou country- Rock, pero espírito 100% rockeiro.
JEFF BECK. TRUTH (1968) BECK-OLA (1969) Que ben cando marchou o purista Eric Clapton dos Yardbirds e chegou este tolo das 6 cordas!!!. (Vaia grupo, despois viría Jimmy Page...) O gran JEFF BECK!!! Sen dubida, un ser doutra galaxia, un revolucionario e un creador de novas músicas co seu estilo, pioneiro do Heavy ou o Garage. Amo os Yardbirds con Beck, pero Beck en solitario conserva ese espírito, e ademáis arroupado por unha banda que quita o hipo. Agarradevos: Rod Stewart ás cordas vocais, Ron Wood ó baixo, Nicky Hopkins ós teclaos... Todos eles tocando blues-rock, pero cun novo estilo, un pouco máis duro, un pouco máis alá. Outro gran avance para a música. Nunca haberá agradecementos suficientes para os pais desta xente, por concebir esos pedazo de monstruos. Existe unha edición (esta) que inclúe os dous discos con esta irrepetible formación. "Truth" e "Beck-ola" xuntos, para deleite dos fanáticos da boa música. CALIDADE CON maiusculas. De Jeff Beck tamén recomendaría con fervor o seu homenaxe ó xenial (para min do mellor en 6 cordas) Cliff Gallup, guitarra dos Blue Caps de Gene Vincent, chamado "Crazy Legs" (1993). Disco irrepetible.
GRAND FUNK . "WE'RE AN AMERICAN BAND" (1973) O grupo preferido de Homer Simpson, con eso xa vos digo todo... Normal... Este grupo chegou a humillar como teloneiros a os mesmísimos Led zeppelin, ata que o manager destes, Peter Grant, optou por desenchufar os cables co seu particular estilo mafioso. Este espectacular trio (cuarteto dende o 72) non se andaba con coñas. Non só tocaban de puta nai e eran puro RNR senon que en directo, literalmente entolecían ás masas de patilludos fumadores de herba que (hijosdeputa, que sorte tiveron) viron os seus espectáculos. E fiel a estes catárquicos shows, este disco non ten desperdicio. 8 temazos 8. Himnos Hard-rockeiros con raices blues. Uns peludos facendo moito ruido co máis básico. Rock and Roll demoledor, do que só se facia nos maravillosos 70's. Bos tempos para o rock. E cito a Homer: "No conocéis a Grand Funk? ¿Las letras descamisadas de Mark Farner? ¿El bajo quebrantahuesos de Mel Schacher? ¿La habilidad a la batería de Don Brewer?...” Un gusto impecable, o bó de Homer.
MC5. BACK IN THE USA (1970) Detroit era daquela (1965-1972) unha puta cloaca da que saldrían elementos da talla de Iggy, Alice Cooper ou estes "pre-punks" que descargarían rabia e intensidade roqueira en plena época jipi. E xa se sabe que daquela, levabase o bó rollo e o todo vai ben. Pero evidentemente, a cousa non podía ir peor para algúns (Vietnam, racismo amazo, Nixon, obreiros queimaos, todo dios protestando) O rock foi a válvula de escape, como suele pasar. Un rock crudo, enfermizio, rítmico como o vudú, anárquico, reivindicativo, violento, estridente e con pouca melodía e moita distorsión. Un tripi chungo. Os jipis asustados, fuxían deste tipo de música "violenta", pero ós veteranos do Vietnam moláballes amazo. Este disco é o máis rock'n'roll da banda xemela dos Stooges de Detroit. Antes sacarían un incendiario "Kick out the Jams" M.F.!!!), disco acojonante e tamén imprescindible (debería estar ocupando este sitio), pero radicalmente distinto a este, tanto no musical (o "kick..." caótico e barroco e este simple e directo) como nas letras (da reivindicación política á clásica letra rock and roll). Para min, unha gran melloría. Despois deleitaríannos con "High Time", outra puta bomba de reloxería, que suporía o seu final como banda (1971). Xa se sabe... drojas non stop, tensións internas, música pouco comercial... Unha mestura para mandar a tomar polo cú a un quinteto de xente pouco recomendable. Máis tarde, seguirían facendo cousillas de alto voltaxe rockeiro, como por exemplo Fred "Sonic" Smith, o guitarrista tarado, que ademáis de casarse con Patti Smith, fundou a Sonic's Rendezvous Band, unha excelente continuación da mala hostia detroiteira. Cabe destacar tamén que os MC5 formarían parte da organización ideolóxico-política "White Panthers", paralela ó grupo. Se teño que fiarme dalgun programa político de calquera hijoputa maquiavélico, quédome co destes tios, e os seus 10 puntos.
PHIL SPECTOR. BACK TO MONO (1958-69) (1991) ¿Un tolo? ¿Un adiantado o seu tempo? ¿Un puto xenio? ¿Un psicópata perfeccionista? ¿Un tío xudeu que se cre nejro? ¿Un hijoputa que lle fixo a vida imposible á sua muller, Ronnie das Ronnetes? Todo isto é verdade. ¿O mellor productor da historia...? Eu digo SIIII. E esta maravillosa caixa con sesenta perlas demostrao. Para este tío, as cancións eran o primeiro. E esculpia nelas ata sacar a perfección. Evidentemente, o mérito non é todo del... Este disco ten artistas da talla de Ronnetes, Crystals, Ike e Tina, Darlene Love... Todo un deleite para os oidos de calquera. Pero el sacaba ese puto sonido, mecaguenlaputa!!! A selección de temas (60, insisto) deixa fora o traballo que fixo con Beatles (que despois sería criticado polo oligofrénico de Paul Mc.), o dos beatles por separado (todo Lennon, por exemplo), ou dos Ramones ( End of Century, un dos seus discos máis incomprensiblemente frouxos en conxunto, pero con temas da talla de "Do You Remember Rock 'N' Roll Radio?"...). Pero non hai fallo... Este disco é 100% TNT. Non falamos só dun pringao con pistolas e peluca... Este tío produxo (e compuxo) os grandes himnos da música dende J.S. Bach !!!! Só vou citar un exemplo (por certo, dentro desta excelente recopilación): BE MY BABY. Pódese afirmar científicamente que esta canción é perfecta. PERFECTA, JODERR (perdoade, pensar nela e me emociono...). AHHH, Back to mono. Todo o mundo debería ter esta obra mestra no seu poder "ipso facto"...