THE FLAMIN' GROOVIES. TEENAGE HEAD (1971) Para moitos será discutible que este sexa o mellor disco do grupo, tendo en conta "Flamingo" (70) ou o disco co outro cantante, Chris Wilson: "Shake some Action" (1976), ambas dúas obras mestras indiscutibles. Pero eu quédome sen dúbida co grandísimo rock and roll interpretado neste arrepiante album, esa magnífica unión Cyril Jordan-Ron Loney, esas guitarras tremendas... Pa empezar a slide do comezo "High Flyin' Baby", que pon os pelos de punta... As reminiscencias stonianas podense percibir palpablemente en "Have You Seen My Baby?" ou "Yesterday's Numbers". O garage máis macarra enche de microondas o teu cerebro ó escoitar pezas como "Teenage Head" ou "Doctor Boogie"... E ¿Qué me dicides das baladas...? Joder, cancións como "Whiskey Woman" non son só para estar compañado no puto asento de atrás dun cadillac descapotable, senon para... bueno estar no asento de atrás de calqueira vehiculo!!! O disco complétano diferentes versións de clásicos que todo amante do rock and roll debería idolatrar máis que a súa propia nai: "El Chaky" Berry ("Carol"), Johny Kidd ("Shakin' all Over"), R. Berry ("Louie, Louie"), Rufus Thomas ("Walkin' the dog") ou Buddy Holly ("That'll Be The Day") En fin... Unha delicia acojonante. Un monumento. Unha obra mestra que debería estar en todos os fogares e tugurios da terra. Puro TNT para adolescentes, coma vós, que aínda sodes novos...

No hay comentarios: