ALICE COOPER. KILLER (1971) Que bos tempos para a música! O coñazo jipi remata, e comezan a sair perturbados como Iggy, mc5 ou este tio (curioso, todos de Detroit) con nome de tia que mezcla teatro e rock and roll levando mais alá o que fixo Morrison. Resultado: Un novo e primitivo estilo que derivaría en glam rock. Todos os que van disfrazados ou maquillados en escena (Kiss, Pussy Calandracas, Twisted Sister...) son dunha forma ou de outra, fillos de Alice. Descuberto por outro da súa calaña, Frank Zappa, cantaba nunha banda que en directo non tiña desperdicio. Dende hiperrealistas execucións con guillotina ou forca, ata asasinatos de galiñas, pasando por sobredosis de pitóns yonkis...en fin... Ata actuou en varias ocasións cos Teleñecos (!?)... Musicalmente, todo o mundo sabe o importantísimo que foi a banda de Alice Cooper para a posteridade, sobre todo nos primeiros 70's, cando contaba nas súas filas cuns guitarristas da talla de Mike Bruce e Glen Buxton. Este disco é un exemplo desa magnífica época, pero igualmente recomendables son os discos Love It to Death (71), School's Out (72) ou Billion Dollar Babies (73).
ELVIS PRESLEY (1956) Seguramente, antes xa existía este estilo, pero Elvis mezclou cojonudamente o negro (blues) e o branco (country) nacendo o ROCK AND ROLL a nivel masivo, e jodendolle as mentes a millóns de teenagers, que saliron yonkis, delincuentes ou psicópatas. Dende este disco, a música popular non é a mesma. "Blue suede shoes" (versión do nunca suficiewntemente valorado Sam Perkins), Tutti frutti (Da raiña Little Richard), "Blue moon" e outras delicias que abarcan dende o 54 (etapa Sun) ata a firma do seu contrato pola RCA a cambio dun Cadillac e un puñao de dólares. Estas son e serán sempre as grandes cancións do rock and roll, interpretadas polo seu rei, axudado dos xeniais Scotty Moore, Bill Black e DJ Fontana. Mención especial merece esa portada absolutamente extraordinaria. Elvis ten unha discografía tan extensa que nin os fans máis freaks que ata coleccionan os pelos dos güevos dos primos de Elvis, non abarcan posuir todo o que grabou este fenómeno. Recomendable? Joder... Todo. Bueno... case todo.... Tamén os reyes a cajan (empezando pola puta "love me Tender"). Para min é necesario todo o que fixo nos 50´s, cando era novo e apabullante (altamente recomendable a caixa de Sun Records), e nos 70´s, cando era un jordo e deforme drojadicto que cantaba como los ángeles.
MOTÖRHEAD. ACE OF SPADES (1980) Un dos grandes grupos da historia da humanidade. O seu nome denomina ó consumidor excesivamente habitual de anfetaminas. Solo Dios sabe o que lle deben as bandas actuales a esta xente. Lemmy, o baixista de Hawkwind, roadie de Hendrix, e fan dos Bitels (!?) montou este grupo, e o r'n'r nunca volveu a ser o mesmo. Tachados de Jevis, Lemmy prefire para definir a súa contundente música o fermoso término "rock and roll". O caso é que o seu estilo acelerado, hard rockeiro e punk, ainda que ocultamente virtuoso, sudoroso e propio para escoitar a toda hostia, é do mellor producto musical que pariron os fillos da gran bretaña. Hai máis discos, pero este é o típico deles. Co trio clásico vestidos de bandidos mexicanos: Fast Eddie Clarke á guitarra e coros e Phil Animal Taylor destrozando a batería. A voz e o baixo de Lemmy non merecen comentarios. DE PUTA MADRE!!! Só dicir que o único que tumbou a este tío bebendo foi o cantante dos Pogues... Ah! Cando os vin en directo (á nova formación) en Santiago, chorei como unha colexiala. Se sodes moi fanáticos non sei a qué cojones esperades para visitar a súa buenísima páxina web.
JAMES BROWN. JB40: 40th Anniversary Collection (1996) ¿Cantos discos terá este tio...? E, ¿cantos deles se poderían clasificar como "putas obras mestras indiscutibles?. Dito esto, eu decántome por un recopilatorio completito como este. Pódese dicir que trae tódolos seus éxitos "single", cancións cravadas con ferro candente no subconsciente de tódolos seres humanos. Xunto a Curtis e George Clinton forman a santísima trinidade do Soul-Funk. James... Comezou co Gospel, pero os seus baixos e suxos instintos levarono polo R&B, abrindo novas portas... Dos primeiros souleiros, foi o primeiro funkeiro (con permiso de Sly), o primeiro rapeiro, etc... QUE COJONES... Ainda é o number 1. DE PUTA MADRE, JAMES. Cantos anos ten? Un millón...?. E segue a ser (e será) o padriño do Soul, que non o rei. XENIAL.
STRAY CATS (1981) Nos tristes 80's estes tios daban a nota fancendo Rock'n'roll con mayusculas!!! Pódese dicir que eran os únicos, unha especie de marcianos que viaxaron no tempo directamente dende os 50's. Brian, Slim Jim e Lee Rocker facendo barullo. E probablemente as mellores doce cancións que se publicaron nunca xuntas. Ollo ó parche: "Runaway Boys", "Fishnet Stockings", "Ubangi Stomp", "Jeanie, Jeanie, Jeanie", "Storm The Embassy", "Rock This Town", "Rumble in Brighton", "Stray Cat Strut", "Crawl Up And Diem", "Double Talkin' Baby", "My One Desire", "Wild Saxophone"... JODERRRRR. Elvis, Gene, Eddie, , Roy, Johnny, Chuck e compañía estarían orgullosos destes rapaces, que captaron perfectamente a esencia.
THE MISFITS. WALK AMONG US (1982) Esta xente fixo himnos inmortales, sen os cales o punk non sería o mesmo. Aquí recopílanse moitos deles ("20 Eyes","I Turned into a Martian","Vampira", "Night of the Living Dead", "Skulls"... (todas andan sobre o minuto e medio). Unha mezcla de Ramones aceleraos e pelis de terror serie B dos 50's dan lugar a esta mítica banda de culto. Cun estilo rápido, agresivo, melódico, directo, sen florituras: Fermoso... puro Punk, non chegado do espacio, senón da maravillosa vila de Lodi, N.Jersey, onde estes adolescentes problemáticos (o grandísimo Glenn Danzig, Jerry Only, o único Misfit oficial na actualidade, e Manny Martínez) daban rienda suelta a súa mala hostia mediante a expresión musical e os vestuarios terroríficos. Neste disco os musicos aumentan: Doyle Wolfgang von Frankenstein, irmán de Jerry á guitarra, e Arthur Googy á batería (na miña patética etapa como percusionista, este tio foi a miña maior inspiración). Claramente influenciados polos Ramones (que visitaron Lodi cando os Misfits taban empezando), estes terrícolas crearon as cancións máis bonitas do planeta. Historias de amor e adolescencia, de terror e cine, de rock and roll e sangue, coas que todos nos deberíamos identificar. Cada vez que as escoito, venme un regustillo a futuros tempos mellores... O carallo é que ainda que pareza que tocan mal (as veces esfórzanse moito por parecelo) os tíos foron uns excepcionais músicos namorados do Hardcore e os coros ramonianos. Só hai que escoitar a maravillosa voz de Danzig, e imaxinarte magreando coa capitana das animadoras nun autocine americano dos anos 50's. Gran grupo, vive dios.
THIN LIZZY. LIVE AND DANGEROUS (1978) Se xa eran bos en disco, en directo non había quén os jodera. Un negro irlandés!!!!. Irlanda pode estar orgullosa de que estes tipos sairan de ahí. Xunto con Rory e a Guiness, fixeron dese pais un lugar que é a puta hostia. Dende canciós emotivas nas que che cae a lagrimilla ata himnos atronadores de puro rock and roll. Ese era Phil Lynnot, un tio sensible, pero rockeiro... E acompañado de esas dúas guitarras xemelas arrepiantes: Scott Gorham e Brian "Robbo" Robertson (despois retornaría á banda Gary Moore, un tio que caeu no máis baboso pozo negro do mundillo musical), o RNR estaba servido. Para entendernos, un dos mellores grupos dos fantásticos 70, que como bós irlandeses bebían hectolitros e andaban a hostias á mínima. Lamentablemente, nos 80 viría a decadencia, e un infravalorado Phil morrería de sobredosis. Un tio que facía música que tanto lle gusta a amas de casa como a cavernícolas jevis devoradores de birra, un tio que tocaba a fibra sensible de calqueira. Un tio que fai pouco foi honrado cunha estatua nas súas queridas rúas de Dublín.
T.REX. ELECTRIC WARRIOR (1971) Marc Bolan foi o iniciador do glam rock. E este disco, pode considerarse o primeiro disco de Glam da historia... Estribillos de non quitar da cachola, sensualidade impregnandoo todo, furia do rock mais primitivo, e por suposto, diversión!!! Bowie tomou nota deste disco e el tamén se apuntou a ese agresivo rock and roll, pero no fondo, sabemos que Bolan era máis autentico, máis cañero. Xuntas a furiosa música pioneira de Elvis e a estética de superestrela glamourosa de Marlene Dietrich, mesturalo ben no Londres de finais dos 60's, e presentalo de forma sinxela, directa e contundente. Resultado: Este impresionante grupazo. Sería unha imperdonable subnormalidade non destacar o resto da súa discografía, con tantos e tantos himnos rockeiros indiscutibles: T.Rex (70), The Slider (72), Tanx (73)...
SLY & THE FAMILY STONE. THERE IS A RIOT GOIN' ON (1971) A mellor banda de funky?... mmm... Eso serían palabras mayores tendo en conta a James Brown e a Parliament/Funkadelic. Pero eu case me decanto por estes tios-tias/brancos-negros. Foron buenísimos durante a época hippie, todo era maravilloso e eles estaban no cumio creando un estilo descaradamente negroide, pero apto para tódolos públicos, mesmo para un blanquito. Ata foron cabeza de cartel en Woodstock. Pero cando chegaron os 70, o mundo non era tan bonito, o optimismo acabárase, e Sly toleou por unha sinxela razón: A farlopa. Sí amigos...tanto nifrou que se lle fundiron algúns circuitos, dando lugar a esta obra mestra. Do optimismo máis utópico e idealista pasan á música de baile pesimista. Ou qué me dicides de cancións como "Family Affair", "Thank You" ou "Runnin Away"... O caso é que este negrazo foi un dos grandes innovadores na música popular contemporánea, amén dun brillantísimo compositor e músico. E todos sabemos que cando un xenio perde o norte, a creatividade está servida. Con este disco demostrao: El e a súa calaña acadan as máis altas cotas, con Larry Graham, inventor do baixo funky e co resto de pioneiros do que hoxe sona (malinterpretado) nas cutre-discotecas e festas-pastilleras do planeta. Sly ainda pulula confuso por ahí. Segue vivo na súa nube branca. Non se sabe moito del, pero calqueira dia pode sacar novo material que volva unir a negros e brancos. O que está claro é que este tio merece un planeta co seu nome ou algo así.
KISS. ROCK AND ROLL OVER (1976) Para min escoller un disco de kiss é jodido, moi jodido... ¿O primeiro? ¿Destroyer? ¿Love Gun? ¿Dressed to Kill?... Imposible... Pero ó final, decántome por este. Por qué? Flipa: "Dr. calling love", "ladies room", "Mr. Speed", "Makin' love"... Sí, xa sei, xa sei... en todolos discos de kiss hai varios himnos inmortais... Si... QUE CARALLO! . Adoro esa portada, e ademais foi o primeiro disco de KISS que escoitei... Kiss, Kiss... No olimpo do Rock and Roll pasaredes á puta historia. Apostando polas guitarras (o estilo Chuckberryano de Paul e Space Ace), os coros (eses himnos foron creados para cantar polas masas en multitudinarios e barrocos concertos), o teatro (ese maquillaxe kabuki setentero), o espectáculo (o mellor grupo en directo da historia) e esas letras que sempre falan do mismo, estes tios deron un paso adiante no RNR setentero, que nunca será o suficientemente recoñecido. Gene, Paul, Ace e Peter (máis tarde Eric Carr, Bruce Kulick, Vinnie Vincent...). Todos eles merecen un premio nobel XA! Altamente recomendable é a páxina da Kiss Army, un fermosísimo e interesante compendio de curiosidades, fotos e merchandisinj da mellor banda de RNR da historia. (hai dende esa maravillosa máquina pinball ata after shave de Kiss).
THE DOORS. THE DOORS (1967) Joder macho... sinto ser tan típico, pero hai discos que hai que poñer a collóns. E este é un deles. Xa non só por "Break on througth", "light my fire" ou "the end", senón pola inmellorable versión "Back door man", xa que para mín, o blues destes tios chegaba a outros niveis, a unhas altas cotas, que mesturadas con un directo baseado no teatro e nos ritos chamánicos, daría lugar a espacios e texturas que poucos grupos checonseguen transmitir (menos ainda no 67, cando reinaba a psicodelia, e no fondo, a pasta). O Morrison deixou de ser cantante e poeta maldito (ó estilo dos seus adorados Verlaine e Rimbaud) para converterse en icono inmortal, que ainda hoxe en dia fascina ás novas xeracións (non se pode dicir o mesmo de outras vellas glorias) Como todos sabedes, un grupo fundamental, que contribuiu a crear entre outros grupos Os Stooges, Alice Cooper, Bowie... «Se se abriran as portas da percepción, todo aparecería ante o home tal cal é: infinito» William Blake.
LYNYRD SKYNYRD. PRONOUNCED... (1973) Sureños paletos e violentos... Putos fascistas de mierda. PERO QUÉ DISCO!!!! QUÉ GRANDÍSIMO DEBUT. Perfecto. Esas baladas... Esa música negra... ESA CANCIóN FINAL: Free Bird!!!!! .o mellor solo de guitarra da historia?. VAIA cos pailáns!!!!!! Tres guitarras solistas (Allen Collins, Gary Rossington e Ed King) . Mención especial para o baixista e fenomenal segunda voz, Leon Wilkeson, para e un teclista de quitarse o sombreiro: Billy Powell... En fin, co colosal Ronnie Van Zandt á cabeza, todos estes peludos son tremendamente bós. O nome da banda ven do director do instituto que lles obligaba a cortar o pelo e as patillas, Leonard Skinner. Este tio, ademáis de inspirar á mellor banda de Rock Sureño no puto mundo, con permiso dos Allman Brothers, tamén inspirou a ese tremendo director dos Simpsons, Skinner. No ano 77, o puto 20 de outubro, o avión no que viaxaban matou a Ronnie e a outros membros. Oubo roturas de brazos, amputacións... Moi desagradable, tios... Moi desagradable. MALDITA SEXA!!! Por qué lles pasa isto os mellores? Por qué non a Bill Gates, ou a Pinochet, ou a Britny Spirs??? Da igual... Sempre teremos a súa música, ideal, dende pa bailar unhas lentas cunha cachonda, ata pa emborracharte pa olvidar ou pa celebrar. Gracias USA (Alabama en concreto) por este fantástico disco e por todos os seguintes, tamén imprescindibles.
THE WHO. LIVE AT LEEDS (1970) Hai unha edición do 2002 que pasa das 6 cancións orixinais a 32!!! Disco acojonantemente incrible da que foi considerada "a banda máis ruidosa do mundo", e probablemente, un dos mellores discos en directo da historia. Non sei se se romperon guitarras e baterías neste concerto, pero o que sí romperon foi tímpanos amazo. Qué dicir desta banda? Qué crearon un estilo musical? Un movemento xuvenil? A primeira ópera Rock? Os maiores desfases no backstaje? Todo iso e moito máis eran eses 4 fantásticos: Pete Townshend (guitarra, que acababa destrozada nos seus concertos, e principal compositor. Hoxe en día está xordo como unha tapia), Roger Daltrey (voz), John Entwistle (un dos mellores baixistas da historia) y Keith Moon (o mellor e máis salvaxe batería da historia. a súa vida merece unha enciclopedia chea de excesos, sexo, drojas e música surf, a súa preferida).
JOHNNY THUNDERS & THE HEARTBREAKERS (1977) O guitarrista dos New York Dolls en solitario, bueno... cunha banda que quita o hipo... LIKE A MOTHERFUCKER!!!! bó título e dentro, rock and roll clásico, pegadizo, letras romanticonas... A guitarra de thunders é, na miña humilde opinión, unha das mellores da historia, e aquí está moito mellor que na sua etapa New York Dolls, ainda que claro... eso é moi discutible.
THE ROLLING STONES. STICKY FINGERS (1971) Coa mítica portada de Warhol (censurada en España polo paquete carjao á dereita), inaugurase a época mais brillante de sus satánicas majestades, con Mick Taylor na guitarra, instrumento que deixara o insustituible Brian Jones, morto afogado nunha piscina (a Cia.). Country, Blues, Soul e ROCK AND ROLL del bueno, que coño bueno!!.O MELLOR!!! Todo isto xa se vía vir no "Beggars Banquet" (1968) e no "Let It Bleed" (1969), e continuará no excepcional "Exile on Main Street" (1972). Pero falemos destes "dedos pejañentos" (discoProducido por Dios: Jimmy Miller). Dende Brown Sugar ata Moonlight Mile, TODAS E CADA UNHA DAS CANCIÓNS son pezas capitais dentro da historia da música. Bitch!!!! You Gotta Move!!!! I Got the Blues!!!!! Dead Flowers!!!! Wild Horses!!!!!!!.... Todas nesta puta obra de arte que faría palidecer de envexa a Mozart. ESTE DISCO SÍ É IMPRESCINDIBLE, REPITO: IMPRESCINDIBLEEEEEEEE. Unha curiosidade: Unha páxina adicada exclusividade a esta cota da humanidade.
THE STOOGES. FUN HOUSE (1970) Iggy e cia. acabaron con todos esos hipócritas hippies que vendian falso amor. Como? coa sua música. As veces avergonzome de que me guste este disco tan violento, enfermizo, perturbado... de tan mala hostia... ENCANTAME ESTE PUTO DISCO!!!!!!. So coa primeira canción," down on the street", xa se pode apreciar o que vai vir: O INFERNO. Este foi o primeiro disco Punk... antes dos pistols, antes dos clash, antes de todo dios... Joder... Escoitandoo entendemos porqué o rock and roll chegou a estar prohibido nos 50's. Guitarras dañinas, alaridos, saxos desbocaos... É como mesturar ós Doors, Hendrix e Ornette Coleman en plena guerra de Vietnam... DIOSSSS. DIOSSSSSSSSSSSS. Sería gilipollas se non recomendara pola súa importancia os outros dous discos destes tíos. O primeiro "The Stooges" do 69, que contén, entre outras perlas, ""I Wanna Be Your Dog" (tres acordes máxicos), e o inmenso "Raw Power" (1973), discazo no que un espectacular James Williamson sustitúe á guitarra a un, agora baixista, Ron Asheton. Dúas monumentais obras mestras que se complementan co inconmesurable "Fun House", e que exaltan o caos e a destrucción. Unha apoloxía da violencia musical.
LED ZEPPELIN. PHYSICAL GRAFFITI (1975) Pedra angular do Rock and Roll, o disco máis valorado polos roqueiros. A mellor banda dos 70's conseguen, por incrible que pareza, superarse. Cancións maxistrais coas que por fin conseguen a perfección que buscaban nas suas cinco obras mestras anteriores. Que podo dicir...? únicamente podo eyacular só con oir un segundo destes discos. Dende a fotografía de Roy Parker ata as nove cancións esparcidas nestes dous discazos, todo é perfecto. Será porque cada cación é buenísima e orxinal, sen deixar de ser puro Led Zeppelin... ou será porque o produxo Jimmy Page para o novo selo discográfico (Swan Song). Eu que sei!!! o que sei é que a calidade da que estamos falando é superior. Moito se falou deste grupo... dende as súas conexións co satanismo, ata o seu salvaxismo nos baksteichx... O importante é que é un grupo formado polos catro tios mais preparados do UK deses tempos... Do Blues e o RNR máis clásicos, chegaron a esto, os hijosdeputa... NO SOMOS NADA.
THE CULT. ELECTRIC (1987) Este disco está de putísima nai. The Cult abrazando a mellor música que pariu unha década tan vergonzosa como os 80's: O HARD ROCK. Sonido acedeciano, cunha sección rítmica envidiable, a guitarra elegantemente jañán de Billy Duffy e a poderosísima voz en plan Jim Morrison facendo gorgoritos de Ian Astbury. Igualmente importante (ou mais) é o seguinte disco "Sonic Temple"(1989)
TURBONEGRO. APOCALYPSE DUDES (1998) Cancións pegañentasas, guitarreras, contundentes. Unha actitude e unha estética impecables. A banda máis gay do mundo creou esta pequena obra mestra desmarcandose do resto de bandas escandinavas (Backyard Babies, Gluecifer, Hellacopters, Hardcore Superstar...) e inaugurando o novo milenio cun disco que xa é un clásico. Moitos detractores do grupo din que as cancións deste disco son descarados plaxios de conocidos artistas. Efectivamente, son plaxios ("homenaxes") de Dictators, Ramones, etc... A quén lle importa??? ESTE DISCO É COJONUDO... Dende o primeiro ("The Age Of Pamparius") ata o último ("Good Head") plaxio. PD. Os fans da banda son unha lexión que está por todas partes do globo. Forman o denominado "Turbojugend", un exercito de devotos, non necesariamente homosexuais, que visten o fantástico mercandaisinj do grupo e matarían por unha entrada para ver a estes discípulos de Alice Cooper.
SEX PISTOLS. NEVER MIND THE BOLLOCKS (1977) Rebelión que cambiou a música e a industria musical. Un dos dez discos básicos na historia do rock. Despois saldrian mil imitadores intentando "tocar mal". Estes son os autenticos, ainda que lles copiaran o rollo ós Ramones, sen falar dos dadaistas ou os situacionistas, uns aniños antes. Nunca saberemos se por idea deles ou do seu manager hijoputa (M. McLaren, ex-manager dos NYC dolls). No musical, que no fondo é io que interesa, este disco está baseado nun rock and roll cincuentero, americano, clásico, pero feito a finais dos 70, cando a xente nova estaba ata os juevos de todo, dos putos dinosaurios, dos solos de batería, das cancións interminables, das cancións incomprensibles, e da actitude do Rock, que se estaba a acomodar xa demasiado na sociedade. Evidentemente, chupan do pasado: Stooges, NYC dolls ou os Ramones son claras influencias musicais e conceptuais. Pero no fondo o que fan é darlle un soplo de aire fresco ó Rock, devolvendolle a súa perigosidade, a súa mala hostia. Boa música jomitada en forma de premeditados hit-singles. Unha a unha, todas as putas cancións son cojonudas. Algunha sublime.
GUNS N' ROSES. APPETITE FOR DESTRUCTION (1987) Cinco indeseables, puta escoria, surxiron das cloacas da cidade de L.A. e todo dios enterouse de quen eran de golpe ese 31 de xullo do 87. VAIA DISCO!!!! Para mín, entre os 5 primeiros mellores discos da puta historia. Despois de sacar esta obra cumbre do rock, a todo dios lle molaban os Guns and roses. Número 1 inmediato. Arrasaron tanto para a crítica como para o público. Eles forraronse, subiuselles á cabeza, anduveron a ostias entre eles, e foron abandonando un a un ata quedar un só: AXL! O maior fillo de puta que tivo o RNR!!!. O primeiro en abandonar o barco foi o batería, Steve Adler, expulsado hipócritamente por "bailar con Mr. Brownstone" (que tire a primeira pedra quen non se metera do grupo!), máis tarde foron caendo Izzy (o meu GN'R favorito), e o resto: Slash, Duff... Unha pena a historia deste grupo, o máis prometedor, camorrista, sublime, macarra, talentoso e impredecible dos últimos anos do século XX. Puro Rock and roll. Por ahi din que os abós foron os Stones, os pais Aerosmith, e os netos os Guns. A nai que os pareu a todos..
AC/DC. HIGHWAY TO HELL (1979) Bon, Bon... Qué voz!!... Xunto con Sam Cooke e Otis, formarían o meu podium persoal de voces masculinas do R'N'R. A elegancia, o sentido do humor e a violencia xuntábanse cuan santísima trinidade nas súas poderosas cordas vocais. Este disco foi a sua despedida, e o seu primeiro éxito masivo (máis dun millón de copias). Pena que non o disfrutara. Non vou nombrar unha canción deste disco porque sería ridículo. Todo obras maestras, coa elegancia violenta-sexual de Bon, os riffs incendiarios de Angus Young e esa mounstruosa máquina rítmica que os acompaña: Malcolm Young, o xefe na sombra, principal compositor e arquitecto do grupo, Cliff Williams, excelente baixista guapito fichado polos Young para atraer as rapazas, e ese metrónomo humano, ese ninja das baquetas, Phil Rudd na batería . Bon morreu afogado no seu jómito no puto ano 80, emulando a Hendrix ou Keith Moon, xusto despois de grabar "Ride On", un emocionantirmo himno, non incluido neste colosal disco. Merda... os AC/DC nunca superarán esta maravilla.
JOHNNY CASH AT FOLSOM PRISON (1968) Si... qué podo dicir dun disco como este? Unha puta delicia, un intenso placer... Un dos mellores discos en directo da historia. O tio de nejro revolucionando a unha carcel chea de presos. Música auténtica. Con un sinxelo Bum-chiki-bum-chiki métese a todo cristo no peto. Cancións con temas que van do grave (morte, pena, cárcere...) a temas humorísticos cheos de mala hostia. Por suposto, o amor, ou o que é o mesmo: o desamor, tamén está presente nas súas maravillosas cancións. Nunca se sabe onde empeza o rock and roll (música do demo) e acaba o country (o que Gram Parsons consideraba "música espiritual branca"). De tódolos xeitos, este gran home influenciou a todo dios; dende o primitivo rockabilly ao gangsta rap, pasando polo puto reggae ou Bob Dylan, o fillo beatnick de Cash. Sería un erro non recomendar todo o que poidades conseguir deste tio, pero por favor... tedes que facervos inmediatamente cos 5 derradeiros discos que sacou para a casa American antes de diñala. Country? non o sei, só sei que se me poñen os pelos como escarpias cada vez que escoito esas magnificas versións de Soundgarden , U2 , Depeche mode , etc... amén dos seus propios temas. Tamén é imprescindible non deixar este valle de lágrimas que é a vida sen ler esa gran obra mestra da literatura: "Cash", a autobiografía de Johnny Cash. Gracias Johnny por facerme pasar tan bos momentos!!! Que deus che teña na jloria...
ACCEPT. RESTLESS AND WILD (1982) Algún dia este grupo será idolatrado por millóns de persoas. Acojonante banda alemana que evolucionaron do glam rock ata o hard rock, e de ahí o heavy mais clásico e potente. Delicias germanas que nos farán sentir o poder do Jevi nos nosos torturados tímpanos. Non todo vai ser Kraftwerk. A canción que da nome ó disco é xenial, non se pode dicir o mesmo de outras. Da igual. O que importa é o conxunto, e neste caso, Os fodidos teutones non decepcionan. Guitarras potentirmas, atronadoras (gran guitarrista ese Wolf Hoffmann) unha demoníaca música, acelerada que te cagas, e eses espectaculares falsetes do carismático Udo Dirkschneider, un orgullo para o Reich. Para min, se hai que destacar unha canción deste sorprendente disco, quédome coa desbocada loucura que inaugura o disco "Fast As A Shark", coa que moitas veces me ergo da cama cando se me pejan as sábanas, e dame unha enerxía sobrenatural que non perdo en todo o día.