SPINAL TAP. THIS IS SPINAL TAP SOUNDTRACK (1984) Sen dúbida, esta banda merece estar con letras de ouro na historia do Hard Rock, xunto a Led Zeppelin e Black Sabbath. Nacidos en Gran Bretaña, foron seguramente das poucas cousas das que pode orgullecerse este patético país. David St. Hubbins, Nigel Tufnel e Derek Smalls apareceron na grandísima película documental "This is Spinal Tap", na que se contaba a historia do grupo dende os seus comezos, retratando de paso, tódolos clichés do RNR e o Heavy Metal. As magníficas entrevistas que lles fan á banda son estremecedoras (de partirse o cú). Este disco é a banda sonora do film en cuestión (o album nejro, anos antes de que o sacara Metallica) e recolle dende cancións dos seus comezos ye-yés, pasando pola era Hippie, ata a súa conversión ó Hard Rock e ó Heavy, e a súa decadencia no 84, repasando a súa extensa discografía, onde cambiaron varias veces de batería, xa que todos os que ocupan este posto, acaban morrendo en estranas circunstancias ( accidente de xardinería, afogados en vómito alleo, unha combustión espontánea, estoupar en directo, etc...) Hai que dicir que este documental é ficticio, e que Spinal Tap é un grupo inventado no 1984, cunha discografía inventada, e cunha mala hostia acojonante, amén de ser un grupo de excelentes actores. Pero as cancións que se oen na peli e neste disco son auténticas, e realmente boas. "Sex Farm", e "Tonight I'm gonna Rock You Tonight" son buenirmos himnos cheos de veneno pola súa utilización de tópicos rockeiros e por unhas letras realmente jañáns, xeniais e explícitamente desfasadas (o rock nos 70-80 foi así):"Miña nena quédame como un esmoquin de carne / Gustaríame afundila co meu torpedo rosa". ("Big Bottom") Como curiosidade hai que dicir que uns Aerosmith yonkarras e en horas baixas, déronse por aludidos polo film e demandaron ós Spinal... Delirante. Outro disco que sí existe (hai 36 discos na súa discografía, 4 deles reais) deste grupazo é "Smells like the Wind" (1992) no que colaboran figuras como Jeff Beck, Joe Satriani ou Slash. Tamén hai que conseguilo.
2 comentarios:
¿Como que Spinal Tap é un grupo inventado? Ti toleas, como van ser inventados se saen nun capítulo dos Simpson.
Por certo, o título verdadeiro é "Break Like The Wind".
Efectivamente,amigo anónimo. O título verdadeiro é "Breaks like de wind", quizais estaba pensando en Smells like teen spirit... En fin... Lapsus froidianos.
Publicar un comentario