HANOI ROCKS. HANOI ROCKS, BANGKOK SHOCKS, SAIGON SHAKES (1980) Michael Monroe (estupenda voz, gran harmónica e sensacional saxo), Andy McCoy (guitarrón de la hostia!), Nasty Suicide (guitarrón de la hostia II), Sam Yaffa (fenomenal baixista, actualmente en NYC Dolls) e Gip Cansino (excelente batería... despois entraría o excelentísimo e malogrado Sr. Razzle... ¿dos baterías máis carismáticos da hª do RNR?). Estes tios foron os Rolling Stones dos 80's con este album debut que sonaba A DIOSSSS. A DIOSSSSSSSSSSS. Naturais de Finlandia, en poucos dias comeronse o mundo, maquillados e vestidos como putóns, en homenaxe ós seus idolatrados NYC Dolls, acabando por asentarse na capital do vicio: L.A., e influenciando claramente a grupos como Mötley Crüe ou os Guns N' Roses (o mesmísimo Axl comentou a débeda impagable que tiña cos Hanoi). A sua actitude glam-destroyer refléxase neste enorme disco, nesta inabarcable obra mestra, onde se mestura a enerxía dos RAMONES co glam-rock de T.REX. (esto daría lugar a eso chamado "Sleaze") Si... vale... o mellor na primeira escoita sona algo ochentero, pero, a medida que escoitas este disco, flipas máis e máis... Tiña que estar nesta lista a collós. Ahhh!... Ainda dou gracias a dios por permitirme ver en directo a Mr. Rock and Roll: Michael Monroe (en solitario). Recomendo esta páxina: http://www.sleazeroxx.com/audio.shtml. Nela podedes atopar grupos da movida Sleazy, Hard Rock, Cock Rock, Heavy Metal e diversos apelativos que se poden resumir nun solo: ROCK AND ROLL!!!!!
2 comentarios:
uiii... kando kliko no enlace q puxeches abreme a jué do pais.com ...
pero weno, copiando e pegando vai ben
taloh
A dirección é esta...
Publicar un comentario