THE MISFITS. WALK AMONG US (1982) Esta xente fixo himnos inmortales, sen os cales o punk non sería o mesmo. Aquí recopílanse moitos deles ("20 Eyes","I Turned into a Martian","Vampira", "Night of the Living Dead", "Skulls"... (todas andan sobre o minuto e medio). Unha mezcla de Ramones aceleraos e pelis de terror serie B dos 50's dan lugar a esta mítica banda de culto. Cun estilo rápido, agresivo, melódico, directo, sen florituras: Fermoso... puro Punk, non chegado do espacio, senón da maravillosa vila de Lodi, N.Jersey, onde estes adolescentes problemáticos (o grandísimo Glenn Danzig, Jerry Only, o único Misfit oficial na actualidade, e Manny Martínez) daban rienda suelta a súa mala hostia mediante a expresión musical e os vestuarios terroríficos. Neste disco os musicos aumentan: Doyle Wolfgang von Frankenstein, irmán de Jerry á guitarra, e Arthur Googy á batería (na miña patética etapa como percusionista, este tio foi a miña maior inspiración). Claramente influenciados polos Ramones (que visitaron Lodi cando os Misfits taban empezando), estes terrícolas crearon as cancións máis bonitas do planeta. Historias de amor e adolescencia, de terror e cine, de rock and roll e sangue, coas que todos nos deberíamos identificar. Cada vez que as escoito, venme un regustillo a futuros tempos mellores... O carallo é que ainda que pareza que tocan mal (as veces esfórzanse moito por parecelo) os tíos foron uns excepcionais músicos namorados do Hardcore e os coros ramonianos. Só hai que escoitar a maravillosa voz de Danzig, e imaxinarte magreando coa capitana das animadoras nun autocine americano dos anos 50's. Gran grupo, vive dios.
1 comentario:
Como nota negativa, teño que dicir que os vin en directo este verán e decepcionaronme bastante moito.
Só queda un (iso sí, estéticamente espectacular) Jerry Only, acompañado do guitarra e batería dos Black Flag, que tocan a demasiada hostia, excesívamente rápido as cancións. Ó público non nos dou tempo nin a cantar os clásicos coros: OOOh OHH OHHH oh oh oh OHooHH!!!...
De tódolos xeitos, xa os podo tachar da miña lista de vellas glorias que vin.
Publicar un comentario