IRON MAIDEN. IRON MAIDEN (1980)
O primeiro disco da banda. Bruce Dickinson ('Samson') e "the number of the beast"(1982) están guays, nesa época eran os putos mellores, pero eu quédome cos Maiden do simpático Paul Di'Anno á voz (ese estilo punk, alonxado do típico vocalista heavy que chega atódolos rexistros, ese estilo de vida polo que foi expulsado...) e con Clive Burr (tamén ex-samson e batería con sangre donde los haiga...) Este disco marcou unha época, o revival do jevi, ostia... E xusto na época (punk e variantes) cando ser jevi era a cousa máis jañán do mundo!!!! (conozco a un par de tipejos que ainda o pensan...) Neses maravillosos anos, xa non era coherente ser punk e comercial, así que renace esa música atronadora que mestura o blues cos Sabbath, o punk con Led Zeppelin... Qué bós tempos, mamá, qué boas bandas había daquela...
BLIND MELON. SOUP (1995)
Shannon Hoon foi a desaparición máis dolorosa dos últimos tempos (sobredose de cocaina), xunto con Jeff Buckley e River Phoenix. Con esa voz, e ese grupo dunha calidade incrible, soupo transmitirnos os altibaixos emocionais tan típicos desa década de incertidume. Pero ó mesmo tempo, rockeaban coma auténticos fillos da puta... Non quero nin pensar cómo sería un directo deles neste ano tan máxico!!!. Xa o primeiro disco honónimo (1992) non da pé a enganos... Blind Melon (1990-1995) chegaría a ser unha das mellores bandas do mundo, e gracias a Dios, unha banda só para os verdadeiros fans, sin multitudinarias gilipolleces nin masiva publicidade chunga.
O segundo album da mítica banda chegou ó mais alto dos excitantes (no musical) anos 90. Cancións tan boas que costa manter a compostura ante tamaña audición. Os guitarristas (Christopher Thorn e Roger Stevens) son realmente cojonudos, e xunto a ese baixo (Brad Smith) e esa batería (Glen Graham), acadan algo moi fodido na música: A Perfección... Se a isto lle sumamos a incrible voz de Shannon, o feito de que todos foran das máis remotas aldeas de EEUU, e as letras máis oscuras e fermosas dos 90 (que me perdone Nirvana), o grupo convertese no mellorciño (ainda hoxe) dos últimos 20 anos.
O epitafio de Shannon pon: "Sei que todos nós non podemos quedarnos aquí para sempre, así que quero escribir as miñas palabras na cara de hoxe e despois eles o pintarán"
THE SONICS. HERE ARE THE SONICS (1965)
Suxo, frenético, ye-ye, punk, agresivo, crudo, enloquecido, enérxico, apaixoado, excitante, directo, delincuente... o que é un grupo de versións dos Gin-Tonics...
En 1960, en Tacoma (Washington), de onde tamén eran The Wailers, aparecen estos tios que fan versións do máis variopinto, e por suposto, composicións propias nas que falan do que realmente importa na vida: nenas, coches, drojas... Unha banda de verdadeiros macarras que se anticiparon o que pouco despois farían MC5, New York Dolls, Stooges e posteriormente, Ramones, Dead Boys..., vamos... eso que se dou en chamar Punk Rock...
Unha banda de sorprendente calidade e ferocidade para a época, cun saxofonista que che pon os pelos de punta, as cordas dos irmáns Parypa, un batería que era o preferido do seu paisano Kurt Cobain, e sobre todo, a voz agresivamente salvaxe do gran Gerry Roslie (tamén teclista e compositor)...
Ahhhh, Os Sonics... Gran grupo que bebe do mellor Rock and Roll. Gran disco cos mellores himnos rockeiros xamáis compostos...Este disco está moi, moi, moi ben, e é imperdonable se non o tedes, pero seríades gilipollas se non vos facedes tamén co "Boom"(1966).
VIVAN OS SONICS e VIVAN OS GIN-TONICS!!!!!!
PINK FLOYD. THE WALL (1979)
bó ano...
Roger Waters creou esta puta obra mestra, ladrillo a ladrillo. Sen palabras... non se escoita, vívese. (Ver tamén película de Alan Parker, 1982 con animacións do xenial Gerald Scarfe)
O incrible é que este disco tan escuro e fodido sexa o 3º máis vendido de tódolos tempos en USA!!! Bueno... Hai que recoñecer que o disquito ten singles innegables "Another brick in the wall II", "Confortably Numb"... e a xira que o acompañou foi apoteósica.
Waters creou unha obra artística por excelencia, onde os detalles, as atmósferas, as imaxes, a poética se enlazan en forma de ladrillos, que forman un muro que nos separan da realidade e nos aislan na loucura... Sen dúbida, o baixista pensou na súa propia vida (éxito, sobreprotección materna, drojas...), pero tamén é evidente o referente da loucura de Syd Barret, xenial primeiro vocalista-guitarrista da banda, creador do primeiro disco dos Floyd "The Piper At The Gates Of Dawn" (1967), o primeiro disco psicodélico, e tamén duns excelentes discos en solitario, cando xa se lle foi a olla tanto por consumo de LSD que os hijosdeputa o chimparon do grupo.
LOVE. FOREVER CHANGES (1967)
O Arthur Lee deixounos o outro día. Un tipo raro e impredecible, que xunto cunha sólida banda, creou este maravilloso e enigmático disco. Un disco influinte, desconcertante, sereno, experimental, delicado... Un disco imprescindible, e agora máis. O mellor de todo é esa mestura tan bonita de rock, folk, etc... (non mezclar por mezclar como fan algúns para irse de "progres")que alcanza unha vanguardista calidade que sorprende para a época. Unha cousa fora de serie equiparable ós grandes desa época de cambios na música e na sociedade.
Gran disco, que non acadou o éxito masivo que merecería unha obra desa calidade e influencia. O peor de todo é que millóns de popitos babosos de mierda idolatran este disco mentres fan música de lo más coñazo, ou incluso electro-pop... De tódolos xeitos, maxistral. Escoitadeo ainda que sexa como tributo a Arthur, ese xenio incomprendido, con mala hostia e coa capacidade de compoñer cancións absolutamente incribles.
THE BEACH BOYS. PARTY (1965)
Xa sei, xa sei... Debería poñer o Pet Sounds (1966)... A mín tamén me parece unha indiscutible obra mestra visionaria, pero... Eu quédome cos Beach Boys que falan de chavalas, praia, coches e festa... E este disco é precisamente eso... literalmente, unha puta FESTA!!! onde podemos escoitar ós Beach Boys (un dos grupos máis salvaxes fora do escenario, comparables a led zep) cantando borrachos rodeados de nenas en bikini, que tamén colaboran nos coros. Brian, o desquiciado, pouco antes de que a súa xenial loucura o levara a perder todo contacto coa realidade, A bestia Dennis, o batería do grupo, un dos tipos máis salvaxes da historia do rock que tumbaría a Jim Morrison a juiskis, Carl, Alan, Mick Love... Uns tios que crearon as mellores melodías vocais dende o doowop dos cincuenta. Esto fixose no estudio (parece máis ben unha festa na praia) con instrumentos acústicos (excepto o baixo eléctrico), pero conseguiuse esa atmósfera informal que lle queda tan de putísima madre. O single: o inmortal Barbara Ann. Se vos mola o rock, a praia, o surf, ou símplemente o alpiste, Consegilo XA!!!!.
CHUCK BERRY. THE BEST OF CHUCK BERRY(MCA) (1996)
Se metemos a Elvis, Johnny Cash, Jerry Lee... Temos que meter ó gran guitarrista, o arquitecto do rock and roll: Mr. CHUCK BERRY!!!!. Sin el non existirían Beach Boys, Ac/dc, Kiss, Os Rolling Stones (só por poñer os máis evidentes) e un longuísimo etcétera. Era negro. Os seus riffs, esa forma de comezar as cancións, as letras (qué coño facía un vello como el escribindo sobre o instituto e os deberes...?), eses ritmos mesturados con clase e elegancia (hoxe en día está de moda "el buen rollito" y mesturar sin ton ni son). Si... Pódese dicir que foi, xunto cos mencionados arriba, o artífice desa música loca e delirante... Un bluesman innovador e axitador da xuventude, que viu truncada a súa carreira cando o goberno suprematista branco en colaboración coa CIA e a ultradereita de USA o meteron na cadea coa falsa acusación de "corrupción de menores", algo que afundiu a súa inminente carreira cara o éxito.
Este recopilatorio dobre trae o básico (40e pico temas). Tan importante é coñecer estas cancións como ler, escribir, sumar e restar. Chuck, Chuck... Unha lenda que ainda está viva. Lo mejorcito de los 50's, 60's, 70's, 80's, 90's... e... bueno... ¿como se chama esta jodida década? ¿00's?.
BLACK SABBATH. MASTER OF REALITY (1971)
Esta xentuza de Birmingham, foron os creadores do Heavy metal, que, no seu caso, non ven sendo máis que unha excelente e depurada evolución do blues que facían na súa primeira época. Pero este estilo pesado e escuro que crearon da nada iría por diferentes derroteiros dependendio da banda e hoxe en día ten tantos entusiastas (eu) como detractores. Pero os primeiros-primeiros (e máis imitados) foron estes tipos. A lenda negra que rodea o grupo, as voces espectrais dun buenísimo (casi paranormal) Ozzy, os dedos amputados de T. Iommi que o facían tocar con ese maravilloso estilo, unha sección rítmica do mellor (Butler e Ward)... AHHHH... Ten que ser cousa do demo...
Grupo copiado e recopiado por todo tipo de grupos (por poñer un exemplo, observese a "homenaxe" a "Electric funeral" do album "Paranoid"(1970) no tema "Dirt" de Alice in Chains... E o mesmo con Metallica, Pantera, Os Judas... Merda... Hoxe en día ata hai grupos que os plaxian sen sequera saber quén coño eran Black Sabbath!!!
Toda a súa discografía é digna de estar nun museo, pero neste seu terceiro disco, acadaron crear a súa obra máis redonda, con excelentes temas heavys e hard rockeiros, por suposto..., pero tamén moito folk, algo de rollito medieval, blues, e unha das miñas cancións preferidas de tódolos tempos: "Into the Void" (grupos actuais como os magníficos Wolfmother basean a súa música nesta bendita canción). ROCK AND ROLL, do setenteiro, do peludo, do perigoso, do nocivo, do maligno..... É evidente porqué non se estudia nas escolas a estes tipos, e sí os sempre sobrevalorados bitels...
AEROSMITH. ROCKS (1976)
Vou ser claro... Este é para mín, o mellor disco de Aerosmith, superando ó anterior Toys in the Attic (1975), e se nesta lista dos 100 mellores, as cancións fosen por orden de preferencia, (iso sería un puto error) sen dudalo situaríao entre os 5 primeiros....
Contén cancións de hard rock tan boas que custa crer que as poidera facer alguén de carne e jueso, pero así foi... O que é a evolución máis depurada e deputamadre do rockanrol que facían os seus "pais", os Stones. (O relevo desta música stoniana colleríano máis tarde os GNR...). Nin que dicir ten, que con este disco acadaron o éxito masivo... Xiras faraónicas, groopies, alcohol a destajo, roces de egos, acumulación de mala hostia, e por suposto, cantidades industriais de todo tipo de drojas, baixo cuios efectos comporían os sucesivos (e maxistrais) discos, que pouco a pouco foron perdendo calidade ata chegar a un punto total de degradación nos anos 80... Despois, a resurrección (desintoxicación) da man desa simpática auto-versión xunto a Run DMC da inmortal "Walk this way" e desas outras obras mestras do nivel de "Permanent Vacation" (1987), "Pump" (89)... Pero eu teñoo claro... É fodido escoller, pero quédome con este irrepetible "Rocks"... Quizais sexa un album algo curto, pero é PERFECTO... E pensar que agora esta banda (a mellor dos 70's en USA) sobrevive a base de patéticas baladitas... MECAJUNTODO!!!!
P.D. excepción é o extraordinario album de versións Hokin' on Bobo (2004)
LINK WRAY & HIS RAY MEN. RUMBLE! THE BEST OF LINK WRAY (1993)
Recientemente fallecido, este tío foi un dos guitarristas máis personais do planeta (deste planeta?), cun sonido que ainda acojona hoxe en día, pa canto máis neses máxicos anos 50's... Wray perdeu un pulmón cando comezaba , e con el, a súa carreira como vocalista, así que se meteu de cheo na guitarra.
E vaia guitarra!!!! o tio tirou polo blues e o rockabilly máis xenuino, conseguindo ese son suxo e hipnótico, que che pon os pelos de punta... Considerado pai da música surf, o abó do punk e mesmo do heavy metal, o seu estilo sempre foi salvaxe e violento, unha auténtica patada nos güevos para o tímpano... ideal para andar a hostias ou navalladas con patilludos pandilleros, enfundados en chupas de cuero, e peinandose o tupé con "pomada"... É recomendable todo o que poidades conseguir del, pero este disco trae os seus clásicos máis inmortais ("Rumble", "Run Chicken, Run", "Batman"...) que , como todos os discos aquí seleccionados, teñen que ser escoitados A TODA HOSTIA, nada de tonterías...
