ALICE COOPER. KILLER (1971)
Que bos tempos para a música! O coñazo jipi remata, e comezan a sair perturbados como Iggy, mc5 ou este tio (curioso, todos de Detroit) con nome de tia que mezcla teatro e rock and roll levando mais alá o que fixo Morrison. Resultado: Un novo e primitivo estilo que derivaría en glam rock. Todos os que van disfrazados ou maquillados en escena (Kiss, Pussy Calandracas, Twisted Sister...) son dunha forma ou de outra, fillos de Alice. Descuberto por outro da súa calaña, Frank Zappa, cantaba nunha banda que en directo non tiña desperdicio. Dende hiperrealistas execucións con guillotina ou forca, ata asasinatos de galiñas, pasando por sobredosis de pitóns yonkis...en fin... Ata actuou en varias ocasións cos Teleñecos (!?)...
Musicalmente, todo o mundo sabe o importantísimo que foi a banda de Alice Cooper para a posteridade, sobre todo nos primeiros 70's, cando contaba nas súas filas cuns guitarristas da talla de Mike Bruce e Glen Buxton. Este disco é un exemplo desa magnífica época, pero igualmente recomendables son os discos Love It to Death (71), School's Out (72) ou Billion Dollar Babies (73).
ELVIS PRESLEY (1956)
Seguramente, antes xa existía este estilo, pero Elvis mezclou cojonudamente o negro (blues) e o branco (country) nacendo o ROCK AND ROLL a nivel masivo, e jodendolle as mentes a millóns de teenagers, que saliron yonkis, delincuentes ou psicópatas. Dende este disco, a música popular non é a mesma. "Blue suede shoes" (versión do nunca suficiewntemente valorado Sam Perkins), Tutti frutti (Da raiña Little Richard), "Blue moon" e outras delicias que abarcan dende o 54 (etapa Sun) ata a firma do seu contrato pola RCA a cambio dun Cadillac e un puñao de dólares. Estas son e serán sempre as grandes cancións do rock and roll, interpretadas polo seu rei, axudado dos xeniais Scotty Moore, Bill Black e DJ Fontana. Mención especial merece esa portada absolutamente extraordinaria.
Elvis ten unha discografía tan extensa que nin os fans máis freaks que ata coleccionan os pelos dos güevos dos primos de Elvis, non abarcan posuir todo o que grabou este fenómeno. Recomendable? Joder... Todo. Bueno... case todo.... Tamén os reyes a cajan (empezando pola puta "love me Tender"). Para min é necesario todo o que fixo nos 50´s, cando era novo e apabullante (altamente recomendable a caixa de Sun Records), e nos 70´s, cando era un jordo e deforme drojadicto que cantaba como los ángeles.
MOTÖRHEAD. ACE OF SPADES (1980)
Un dos grandes grupos da historia da humanidade. O seu nome denomina ó consumidor excesivamente habitual de anfetaminas. Solo Dios sabe o que lle deben as bandas actuales a esta xente. Lemmy, o baixista de Hawkwind, roadie de Hendrix, e fan dos Bitels (!?) montou este grupo, e o r'n'r nunca volveu a ser o mesmo. Tachados de Jevis, Lemmy prefire para definir a súa contundente música o fermoso término "rock and roll". O caso é que o seu estilo acelerado, hard rockeiro e punk, ainda que ocultamente virtuoso, sudoroso e propio para escoitar a toda hostia, é do mellor producto musical que pariron os fillos da gran bretaña.
Hai máis discos, pero este é o típico deles. Co trio clásico vestidos de bandidos mexicanos: Fast Eddie Clarke á guitarra e coros e Phil Animal Taylor destrozando a batería. A voz e o baixo de Lemmy non merecen comentarios. DE PUTA MADRE!!! Só dicir que o único que tumbou a este tío bebendo foi o cantante dos Pogues... Ah! Cando os vin en directo (á nova formación) en Santiago, chorei como unha colexiala. Se sodes moi fanáticos non sei a qué cojones esperades para visitar a súa buenísima páxina web.
JAMES BROWN. JB40: 40th Anniversary Collection (1996)
¿Cantos discos terá este tio...? E, ¿cantos deles se poderían clasificar como "putas obras mestras indiscutibles?. Dito esto, eu decántome por un recopilatorio completito como este. Pódese dicir que trae tódolos seus éxitos "single", cancións cravadas con ferro candente no subconsciente de tódolos seres humanos. Xunto a Curtis e George Clinton forman a santísima trinidade do Soul-Funk.
James... Comezou co Gospel, pero os seus baixos e suxos instintos levarono polo R&B, abrindo novas portas... Dos primeiros souleiros, foi o primeiro funkeiro (con permiso de Sly), o primeiro rapeiro, etc... QUE COJONES... Ainda é o number 1. DE PUTA MADRE, JAMES. Cantos anos ten? Un millón...?. E segue a ser (e será) o padriño do Soul, que non o rei. XENIAL.
STRAY CATS (1981)
Nos tristes 80's estes tios daban a nota fancendo Rock'n'roll con mayusculas!!! Pódese dicir que eran os únicos, unha especie de marcianos que viaxaron no tempo directamente dende os 50's. Brian, Slim Jim e Lee Rocker facendo barullo. E probablemente as mellores doce cancións que se publicaron nunca xuntas. Ollo ó parche: "Runaway Boys", "Fishnet Stockings", "Ubangi Stomp", "Jeanie, Jeanie, Jeanie", "Storm The Embassy", "Rock This Town", "Rumble in Brighton", "Stray Cat Strut", "Crawl Up And Diem", "Double Talkin' Baby", "My One Desire", "Wild Saxophone"... JODERRRRR.
Elvis, Gene, Eddie, , Roy, Johnny, Chuck e compañía estarían orgullosos destes rapaces, que captaron perfectamente a esencia.
THE MISFITS. WALK AMONG US (1982)
Esta xente fixo himnos inmortales, sen os cales o punk non sería o mesmo. Aquí recopílanse moitos deles ("20 Eyes","I Turned into a Martian","Vampira", "Night of the Living Dead", "Skulls"... (todas andan sobre o minuto e medio). Unha mezcla de Ramones aceleraos e pelis de terror serie B dos 50's dan lugar a esta mítica banda de culto. Cun estilo rápido, agresivo, melódico, directo, sen florituras: Fermoso... puro Punk, non chegado do espacio, senón da maravillosa vila de Lodi, N.Jersey, onde estes adolescentes problemáticos (o grandísimo Glenn Danzig, Jerry Only, o único Misfit oficial na actualidade, e Manny Martínez) daban rienda suelta a súa mala hostia mediante a expresión musical e os vestuarios terroríficos. Neste disco os musicos aumentan: Doyle Wolfgang von Frankenstein, irmán de Jerry á guitarra, e Arthur Googy á batería (na miña patética etapa como percusionista, este tio foi a miña maior inspiración).
Claramente influenciados polos Ramones (que visitaron Lodi cando os Misfits taban empezando), estes terrícolas crearon as cancións máis bonitas do planeta. Historias de amor e adolescencia, de terror e cine, de rock and roll e sangue, coas que todos nos deberíamos identificar. Cada vez que as escoito, venme un regustillo a futuros tempos mellores...
O carallo é que ainda que pareza que tocan mal (as veces esfórzanse moito por parecelo) os tíos foron uns excepcionais músicos namorados do Hardcore e os coros ramonianos. Só hai que escoitar a maravillosa voz de Danzig, e imaxinarte magreando coa capitana das animadoras nun autocine americano dos anos 50's.
Gran grupo, vive dios.
THIN LIZZY. LIVE AND DANGEROUS (1978)
Se xa eran bos en disco, en directo non había quén os jodera. Un negro irlandés!!!!. Irlanda pode estar orgullosa de que estes tipos sairan de ahí. Xunto con Rory e a Guiness, fixeron dese pais un lugar que é a puta hostia. Dende canciós emotivas nas que che cae a lagrimilla ata himnos atronadores de puro rock and roll. Ese era Phil Lynnot, un tio sensible, pero rockeiro... E acompañado de esas dúas guitarras xemelas arrepiantes: Scott Gorham e Brian "Robbo" Robertson (despois retornaría á banda Gary Moore, un tio que caeu no máis baboso pozo negro do mundillo musical), o RNR estaba servido. Para entendernos, un dos mellores grupos dos fantásticos 70, que como bós irlandeses bebían hectolitros e andaban a hostias á mínima. Lamentablemente, nos 80 viría a decadencia, e un infravalorado Phil morrería de sobredosis. Un tio que facía música que tanto lle gusta a amas de casa como a cavernícolas jevis devoradores de birra, un tio que tocaba a fibra sensible de calqueira. Un tio que fai pouco foi honrado cunha estatua nas súas queridas rúas de Dublín.
T.REX. ELECTRIC WARRIOR (1971)
Marc Bolan foi o iniciador do glam rock. E este disco, pode considerarse o primeiro disco de Glam da historia... Estribillos de non quitar da cachola, sensualidade impregnandoo todo, furia do rock mais primitivo, e por suposto, diversión!!! Bowie tomou nota deste disco e el tamén se apuntou a ese agresivo rock and roll, pero no fondo, sabemos que Bolan era máis autentico, máis cañero. Xuntas a furiosa música pioneira de Elvis e a estética de superestrela glamourosa de Marlene Dietrich, mesturalo ben no Londres de finais dos 60's, e presentalo de forma sinxela, directa e contundente. Resultado: Este impresionante grupazo.
Sería unha imperdonable subnormalidade non destacar o resto da súa discografía, con tantos e tantos himnos rockeiros indiscutibles: T.Rex (70), The Slider (72), Tanx (73)...


