HEREDEIROS DA CRUS. A CUADRILLA DE PEPA A LOBA (1995)
Os Rolling Stones Galegos, sen dúbida. Elegantes como Frank Sinatra, Excentricos como Bowie, Intensos en directo cuan AC/DC, Cunhas letras que serían a envexa de Leonard Cohen, Cunha actitude comparable a Sex Pistols... Estes tios, hai que falar claro, mexan por calqueira grupo de Rock- pasado e presente-en galego. Quen teña juevos que me cite un grupo máis mítico que estes fillos de puta...
No ano 95, apareceron estes tios revolucionando a un jrupo de adolescentes que estaban a experimentar con novas experiencias etílicas. Qué grandes tiempos!!!! Ninguén daba crédito ó que sonaba nos cassetes. A miña cinta, acabou desintegrándose de tanto escoitala. Pero da igual, quedou grabada na miña cabeza, como ferro candente, disposta a ser utilizada en calqueira cena-borracheira-festa .
Efectivamente, este disco contén himnos de borracheira ("Quero Josar"), a anos luz de trapalladas pseudo-alcólicas de calidade musical nula, estilo lavastumbär. Tamén ten cancións fermosas, que beben directamente de Rosalía ("Ai, machotiño"), apoloxías da rebeldía xuvenil ("Operasión champú"), poesías sobre os tempos pasados ("A cuadrilla de Pepa Loba") ou sobre a esclavitude do traballo ("Juan Ramón") e da vida mesma ("De Jesusiño fixeron un Cristo"). Música experimental ("La Rana", "Másame vivo"), Ramalazos patrióticos( "Eya-culasión feros"), pero sobre todo, esa maravilla chamada "O fillo de José" que para min, debería sustituir a esa merda prepotente e fascistoide que é o himno galego actual. Unha canción que che fai encher os ollos de bágoas, por ser unha música máis galega que a catedral, e tamén dicir verdades coma puños.
Da esquisita portada xa non dijo nada... Xuzgade por vós mesmos...
GRATEFUL DEAD. AMERICAN BEAUTY (1970)
San Francisco, anos 60. Un grupo de peludos postos ata as orellas de ácido tocaban interminables jams de rythm and blues para unha audiencia totalmente pasada de voltas. Este grupo eran os Grateful Dead, e chegarían a converterse nos abandeirados do movemento jipi establecido en S.F. (Janis, Jefferson airplane, Santana...).
Musicalmente, eran a banda de maior calidade, sempre abertos a calqueira son ou música, experimentais, líricos e rockeiros. Ademáis eran unha delicia en directo (facían mogollón de concertos gratuitos), se non, que llo pregunten ós seus fans, os Deadheads, o público máis fiel do RNR, e unha parte imprescindible do grupo, segundo dixo o seu lider, o gran Jerry García.
Os Grateful dead non eran totalmente psicodélicos (eso foron modas) senón que eran moi eclécticos. Jerry García era un fanático do bluegrass e o folk, outros membros como Robert Hunter ou "Pigpen" érano do blues o jazz, ou mesmo da música clásica. E todos, co seu don innato para improvisar, crearon álbumes do máis variado, pero sempre con ese "espírito" dead.
Con este disco, ou mási ben co anterior, "Workingman's dead" (1970) deron un xiro radical, deixándose de jipadas, flores no pelo e amor hipócrita, e buscaron as raices, experimentando novamente, pero nesta ocasión cunha música básica e tradicional, de alta calidade. Se "Workingman's..."foi un éxito en tódolos sensos, con este disco, redondearono ainda máis, creando unha obra mestra, básica en calquera colección de discos, mp3, disco duro, ou como cojones queirades chamar a ese artiluxio máxico que accionas, e toca unha orquesta só pa tí.
Cancións como "Sugar Magnolia", "Box of rain", "Friend of the devil" ou "Truckin'" son moi especiais, ideais para dias ou noites nas que, coa axuda da nai naturaleza, atopes o teu verdadeiro "yo" e pilles un precioso e feliz morao.
UFO. STRANGERS IN THE NIGHT (1979)
O mellor directo da historia? mmm... Bueno, eu diría que si, con permiso do "It's Alive" de Ramones, "Live and Dangerous" dos Lizzy e "Alive I e II" de Kiss.
Despois de todo, estamos falando de músicos dunha calidade extraterrestre, de cancións xigantescas e inhumanas creativamente, e dun son tan orixinal e influinte como a Biblia. E tamén estamos a falar do fin dunha década maravillosa, irrepetible para o Rock, e do principio duns anos escuros, fatídicos para o correcto desenrolo da boa música. UFO estaba formado dende o 69 (daquela eran os míticos Hocus Pocus) pola xenial voz de Phil Mogg, o elegante baixo de Peter Way e Andy Parker á batera. Tocaban un Hard Rock non alonxado do Blues e o Boogie. Como guitarrista terían a Mick Bolton, pero no 73, un novo guitarra incorporase ás súas filas. Un guitarra chulo e elegante, virtuoso e rockeiro, habil e intenso, impredecible para improvisar e indeleble para escoitar... SI, amigos. O grandísimo (enorme, joder) e teutón Michael Schenker (membro duns primitivos Scorpions sesenteros)
Con el, o grupo chegou ó máis alto a nivel crítica e público, tendo como colofón este excepcional MAIS GRANDE QUE A VIDA directo. DEMASIADO DOLOROSO PARA ESCOITALO EN DISCO e non podelo presenciar en vivo. Tódolos seus éxitos ("Doctor, doctor", "Rock Bottom", "Too Hot To Handle", "Lights Out"...) tocados cunha calidade e intensidade propias de DIOS. Gracias UFO por este regalo, e gracias Schenker por aprender a tocar a guitarra cando ainda comias os mocos nos Scorpions (11 anos...!!!), e deleitarnos cos teus solos de divinidade musical.
O mellor guitarrista da historia? Sona forte... eh? Deixo esta polémica custión no aire...
METALLICA. KILL EM ALL (1983)
Hai discos de Metallica con mellores arranxos, mellores composicións e mellor técnica, e mellor o que queirades... ("Ride the Lightning" (84) e "Master of Puppets"(86)), pero sinceiramente, eu quédome con estes Metallica debutantes, novos, veloces, intensos, JEVIS. As cancións deste disco son sinónimo de carraxe xuvenil e de mala hostia, de rebelión fronte o que se estaba a facer no ano 83. Se no outro lado do charco triunfaba daquela a New Wave of British Heavy Metal; en San Francisco, estes chavales con pelusa no bigote e rock and roll nas venas debutaron como a banda de Heavy Definitiva. Dese Heavy que che fai mover a melena, tocando unha imaxinaria guitarra a un ritmo frenético. Este disco íase titular nun principio "Metal Up your Ass" (Metal polo cú), pero ningunha compañía aceptou ese título e Metallica decidíronse por "Matalos a todos"( ás compañías, supónse... las vueltas que da la vida).
Caben destacar as presencias do falecido (e xenial) Cliff Burton ó baixo, e uns novísimos Hetfield, Ulrich e Kirk Hammet (sustituto de Dave Mustaine, que no 83 formaría Megadeth) e a producción de Paul Curcio, que fixo un traballo incrible, cun sonido irrepetible (de feito, Metallica iríanse facendo máis e máis frouxos, ata a morte de Burton no 86, onde quedarían orfos dese primixeneo son que atoparon nesta pequena obra mestra). Parece que tras a traxedia de Burton foron caendo en picado ( pero conservando a súa dignidade de Jevis) e tras sacar o ainda digno Black Album (1991)... bueno... mellor non falamos, eh?.
SPINAL TAP. THIS IS SPINAL TAP SOUNDTRACK (1984)
Sen dúbida, esta banda merece estar con letras de ouro na historia do Hard Rock, xunto a Led Zeppelin e Black Sabbath.
Nacidos en Gran Bretaña, foron seguramente das poucas cousas das que pode orgullecerse este patético país. David St. Hubbins, Nigel Tufnel e Derek Smalls apareceron na grandísima película documental "This is Spinal Tap", na que se contaba a historia do grupo dende os seus comezos, retratando de paso, tódolos clichés do RNR e o Heavy Metal. As magníficas entrevistas que lles fan á banda son estremecedoras (de partirse o cú). Este disco é a banda sonora do film en cuestión (o album nejro, anos antes de que o sacara Metallica) e recolle dende cancións dos seus comezos ye-yés, pasando pola era Hippie, ata a súa conversión ó Hard Rock e ó Heavy, e a súa decadencia no 84, repasando a súa extensa discografía, onde cambiaron varias veces de batería, xa que todos os que ocupan este posto, acaban morrendo en estranas circunstancias ( accidente de xardinería, afogados en vómito alleo, unha combustión espontánea, estoupar en directo, etc...)
Hai que dicir que este documental é ficticio, e que Spinal Tap é un grupo inventado no 1984, cunha discografía inventada, e cunha mala hostia acojonante, amén de ser un grupo de excelentes actores. Pero as cancións que se oen na peli e neste disco son auténticas, e realmente boas. "Sex Farm", e "Tonight I'm gonna Rock You Tonight" son buenirmos himnos cheos de veneno pola súa utilización de tópicos rockeiros e por unhas letras realmente jañáns, xeniais e explícitamente desfasadas (o rock nos 70-80 foi así):"Miña nena quédame como un esmoquin de carne / Gustaríame afundila co meu torpedo rosa". ("Big Bottom") Como curiosidade hai que dicir que uns Aerosmith yonkarras e en horas baixas, déronse por aludidos polo film e demandaron ós Spinal... Delirante.
Outro disco que sí existe (hai 36 discos na súa discografía, 4 deles reais) deste grupazo é "Smells like the Wind" (1992) no que colaboran figuras como Jeff Beck, Joe Satriani ou Slash. Tamén hai que conseguilo.
SOUNDGARDEN. BADMOTORFINGER (1991)
Este disco estivo sempre á sombra de "Nevermind", xa que saliu prácticamente ó mesmo tempo, pero non lle ten nada que envidiar ó clásico de Nirvana. Ademais Pearl jam tamén editou por esas épocas o "Ten", así que xa vos podedes imaxinar cómo estaba de ben o patio neses días. Neste ano pódese dicir que naceu o Jrunje, desmontando o musicalmente establecido, influindo, dende o espirito de Black Sabbath e Andy Wood a grupos que ainda empezan hoxe en dia. E o "Badmotorfinger" contribuiu a esto dunha forma contundente.
Anos atrás Chris Cornell e cía. xa fixeran grandes discos, pero con este deron no cravo. O album comeza con "Rusty Cage", que para min é dos mellores comezos nun disco xunto ó "Appetite..." e ó "Beggars Banquet". Desta canción fixo Mr. Johnny Cash (amante do Jrunje) unha versión antolóxica na súa obra mestra "Unchained" (1996). Despois, tema tras tema ("Jesus Christ Pose", "Somewhere"... Todos, vaia...), o disco vai subindo e subindo de intensidade e de nivel ata deixar a quen o escoita extasiado como unha prea. Máis que un disco, unha experiencia única. Unha audición orgásmica. Un polvo musical. Unha felación sónica...
Nin Audioslave nin pollas. SOUNDGARDEN: Un grupo EXCELENTE. FANTÁSTICO. DE PUTA MADRE. ACOJONANTE. Demasiado grupo para durar. SEMPRE VOS TEREMOS NO CORAZÓN: CHRIS, KIM, MATT e BEN.
OTIS REDDING. DREAMS TO REMEMBER (1998)
El foi o rei do Soul, o MELLOR cantante da historia, cunha interpretación sublime da música nejra, con sentimento, e dicir, con SOUL. Arroupado polos mellores músicos de Memphis (Booker T. & M.Gs ou Os Bar-Keys), e pola casa discográfica STAX (unha Motown máis negroide e sudorosa, sen tantas concesións ó público branco) este tío foi medrando e medrando ata ser o máis grande, pero claro, o clásico accidente de avión mortal (seguramente os colegas da CIA saberán algo do tema) acabou con esa vida tan curta e intensa.
Afortunadamente, quédanos a súa voz, capaz de facer chorar ó cantante de Manowar, e tamén un buenirmo puñao de discos (1961-1967) que roza a perfección. Recomendar un???? ... Imposible. Por iso recomendo esta caixa recopilatoria de 50 temas imprescindibles, que van dende colaboracións con Carla Thomas ("Tramp"), versións dos Stones ("Satisfaction") ou Bitels ("Get Back") e clásicos intemporais ("I've got dreams to remember", "Try a little Tenderness") ata versións en directo no festival de Monterrey ("Sittin' on the dock of the bay") no que os peludos jipis, de tripi, non daban crédito ó que vian ante os seus narcotizados ollos. (Joplin , Hendrix, Redding...)
Otis... Hijoputa... Cánto pode cantar unha persoa (negra, por suposto) de ben...
SINIESTRO TOTAL. GRAN D SEXITOS (1986)
Un dos mellores grupos en idioma español, pero facendo claramente música tradicional galega. Empezaron sendo punks, e foronse calmando, e perdendo compoñentes discrepantes, ata chegar a hoxe. Dende que tocan ben, creo que son un coñazo, pero antes (1980-1986) eran realmente bós. Uns creadores de cancións perfectas (traballaban en formato single, coas consiguientes caras B) que compoñían melodías cojonudas e letras dignas dun Nobel de Literatura.
Neste disco (ou cinta) recopílanse os himnos máis recoñecibles dentro desta etapa, dende a época do desquiziao (e Judas) Germán Coppini á voz ("Matar Jipis en las cíes", "Purdey"), ata cando eran un trio punk ("Assumpta", "Dios salve al conselleiro", "Luna sobre Marín"), e tamén rarezas ("No me lavo en la vida") e concertos ("Trabajar para el enemigo", "Bailaré sobre tu tumba","We are the world"). Unha sucesión de cancións tan fodidamente boa, que costa crelo nun grupo de fodidos vigueses, que miran en vez de ver. Non sei, tios... Salvando as distancias, son como os RAMONES galegos.
MOTHER SUPERIOR. MOANIN' (2005)
Este disco é unha puta mierda... comparao co seu directo, claro...
Si, tíos... Podo dicir que foi un dos directos que máis me impactou, e cheguei a estar totalmente obsesionado con este, e outros discos da puta banda ("Sin", "13 violets", ambos altamente recomendables). Este trío sona a auténtico ROCK AND ROLL, deste que se che poñen os pelos de punta. Sonan compactos, sólidos, gradfunkianos... Merda!!. ¿Qué adxetivos podo usar para describir esta jodida puta obra mestra?. Quédome corto, diga o que diga, así que... escoitadeo se non o fixestes.Escoitadeo, por favor, dígovolo en serio.
Para min, o mellor grupo do S. XXI (van 6 anos), e este album, a súa mellor obra. GRACIAS por ser tan MAIÚSCULOS.
A portada fíxoa un inspirado e xenial Ron Donovan.
THE DICTATORS. BLOODBROTHERS (1978)
Finais dos 70's. Explosión Punk en NYC. Ramones. Blondie. Television. Heartbreakers... Pero estos tios eran punks no 73!!. E XA eran buenísimos. Entón... ¿Por qué cojones non triunfaron a nivel masivo? Joder, tio...Se todos estes grupos de mierda que tocaban no puto CBGB's os consideraban unha influencia básica... A resposta é sinxela: A vida é inxusta...
Este disco (é posible????) foi un puto desastre comercial, e a compañía mandounos a tomar polo cú ó momento. Pero... Non o entendo! Cómo güevos non triunfou este disco?, cunha colección de singles acojonante, e cunha banda con actitude, carisma, calidade, e honestidade... Esos rasgos que non abundaban precisamente nalgún grupito punk da época que triunfou como a coca-cola. Maldita sexa!!!! QUE VIDA MÁIS PUTA!!!!!!. QUÉ PASSA?? E QUE HAI QUE ESPERAR A QUE PALME ALGUÉN PARA DARLLE O RECOÑECEMENTO QUE SE MERECE??????? Pero se Os Dictators son á música o que Cervantes á literatura...
Mira... Que lles den polo cú ás discográficas... Eu vou seguir tendoo como un dos meus discos de cabeceira. "Baby, let's twist" (versioneada entre outros por Pussy Calandracas), "Faster & Louder" (o 1,2,3,4 inicial non o fai dee dee ramone, senón... Bruce Springsteen !!!), "The Minnesota Strip" (fermosa canción), "Stay With Me" (tamén plaxiada polos Pussy), "Slow Death" (orixinal dos Flamin' Grooves)...
Vou citar unhas sabias palabras do baixista, Andy Shernof: «A canción perfecta de rock and roll ten que durar tres minutos e estar dotada de inolvidables riffs de guitarra e coros pegadizos. A música debe atraparte á primera escoita, as letras, á quinta...»
