THE FLAMIN' GROOVIES. TEENAGE HEAD (1971) Para moitos será discutible que este sexa o mellor disco do grupo, tendo en conta "Flamingo" (70) ou o disco co outro cantante, Chris Wilson: "Shake some Action" (1976), ambas dúas obras mestras indiscutibles. Pero eu quédome sen dúbida co grandísimo rock and roll interpretado neste arrepiante album, esa magnífica unión Cyril Jordan-Ron Loney, esas guitarras tremendas... Pa empezar a slide do comezo "High Flyin' Baby", que pon os pelos de punta... As reminiscencias stonianas podense percibir palpablemente en "Have You Seen My Baby?" ou "Yesterday's Numbers". O garage máis macarra enche de microondas o teu cerebro ó escoitar pezas como "Teenage Head" ou "Doctor Boogie"... E ¿Qué me dicides das baladas...? Joder, cancións como "Whiskey Woman" non son só para estar compañado no puto asento de atrás dun cadillac descapotable, senon para... bueno estar no asento de atrás de calqueira vehiculo!!! O disco complétano diferentes versións de clásicos que todo amante do rock and roll debería idolatrar máis que a súa propia nai: "El Chaky" Berry ("Carol"), Johny Kidd ("Shakin' all Over"), R. Berry ("Louie, Louie"), Rufus Thomas ("Walkin' the dog") ou Buddy Holly ("That'll Be The Day") En fin... Unha delicia acojonante. Un monumento. Unha obra mestra que debería estar en todos os fogares e tugurios da terra. Puro TNT para adolescentes, coma vós, que aínda sodes novos...

MAD SEASON. ABOVE (1995) Un bó dia, un grupillo de colegas, que tiñan a particularidade de ser uns PUTOS XENIOS decidiu arrexuntarse á marxe dos seus grupos (de éxito) para facer esta fodida obra mestra. Eran Layne Staley (voz de Alice In Chains), Mike McCready (guitarra de Pearl Jam), Barrett Martin (batería de Screaming Trees) e o xenial baixista John Baker, ademais de Mark Lanegan (Trees) colaborando nun par de pezas. Resultado: Para mín o mellor disco dos 90!!!. Vale... é triste, é escuro, é inquietante, joder. Pero... é TAN BONITO... TAN XENIAL... Costa expresalo... un grupo de amigos que crean unha obra mestra rockeira-bluseira-metaleira (?), non como un rompecabezas de sensibilidades individuais que hai que unir... Senón como un conxunto de puta madre unido. Unha máquina...Soa empalmado...jeje. VIVA O JRUNJE!, ainda que só sexa por este disco. Por algo é que a mitade dos músicos xa van na outra vida.

PANTERA. VULGAR DISPLAY OF POWER (1992) Se falamos de Heavy Metal de calidade, con música e letras de caracter intelectual, rozando o conceptual, Pantera é o noso grupo. Naturais de Texas e mamando KISS e os Judas dende pequenos, estes catro fenómenos co xenial Phil Anselmo ó frente, sorprenderon a todo dios con este disco poderoso, revolucionario e estrano. Unha bomba de reloxería dificilmente superable. Mogollón de peña se apuntou a este estilo, intentando copiar a Pantera, pero Pantera só hai uns. Anselmo, yonki rabioso cunha sensibilidade poética fora de toda dúbida, uniuse ós irmans Abbott (que tanto adoraban Kiss coma o Jazz) no 87, e pouco a pouco foron buscando un estilo, que chegou ás máximas consecuencias na xenial triloxía que todos os que medramos nos 90 temos en mente: "Cowboys from Hell" (1990), "Vulgar..." (92) e "Far Beyond Driver" (94), tres excelentes discos que algún día serán reivindicados polos pijos snob de turno. Letras estremecedoras, música atronadora, ruido ben feito... ROCK AND ROLL, ó fin e o cabo. Este album contén temas históricos do S.XX. Para empezar o primeiro, "Mouth For War". Segiranlle obras mestras da talla de "Walk", "Fucking Hostile" ou "Rise", por poñer algúns exemplos. Con estas cancións, demostraron que o jevi non é precisamente para descerebrados nin jañáns. Un album violento, real e directo. Como a súa portada. Dache unha bóa hostia pa que despertes, joder. Como dato mórbido chungo temos que dicir que un psicópata (na miña opinión preparado pola CIA en colaboración con Bill Gates) acabou coa vida do xenial (e amante dos porros) guitarrista Dimebag Darrell en plena actuación no 2004, levándose por diante a varias persoas máis, e convertindoo nunha maior lenda, se cabe. Algúns medios compararon o suceso coa morte de John Lennon... Para min está claro. Esos fillos de puta e as súas apestosas multinacionais nunca acabaran co rock and roll. Descansa en paz, Dimebag, que xa gañaches o ceo dos guitarristas fai tempo.

HEREDEIROS DA CRUS. A CUADRILLA DE PEPA A LOBA (1995) Os Rolling Stones Galegos, sen dúbida. Elegantes como Frank Sinatra, Excentricos como Bowie, Intensos en directo cuan AC/DC, Cunhas letras que serían a envexa de Leonard Cohen, Cunha actitude comparable a Sex Pistols... Estes tios, hai que falar claro, mexan por calqueira grupo de Rock- pasado e presente-en galego. Quen teña juevos que me cite un grupo máis mítico que estes fillos de puta... No ano 95, apareceron estes tios revolucionando a un jrupo de adolescentes que estaban a experimentar con novas experiencias etílicas. Qué grandes tiempos!!!! Ninguén daba crédito ó que sonaba nos cassetes. A miña cinta, acabou desintegrándose de tanto escoitala. Pero da igual, quedou grabada na miña cabeza, como ferro candente, disposta a ser utilizada en calqueira cena-borracheira-festa . Efectivamente, este disco contén himnos de borracheira ("Quero Josar"), a anos luz de trapalladas pseudo-alcólicas de calidade musical nula, estilo lavastumbär. Tamén ten cancións fermosas, que beben directamente de Rosalía ("Ai, machotiño"), apoloxías da rebeldía xuvenil ("Operasión champú"), poesías sobre os tempos pasados ("A cuadrilla de Pepa Loba") ou sobre a esclavitude do traballo ("Juan Ramón") e da vida mesma ("De Jesusiño fixeron un Cristo"). Música experimental ("La Rana", "Másame vivo"), Ramalazos patrióticos( "Eya-culasión feros"), pero sobre todo, esa maravilla chamada "O fillo de José" que para min, debería sustituir a esa merda prepotente e fascistoide que é o himno galego actual. Unha canción que che fai encher os ollos de bágoas, por ser unha música máis galega que a catedral, e tamén dicir verdades coma puños. Da esquisita portada xa non dijo nada... Xuzgade por vós mesmos...