THE ROLLING STONES. EXILE ON MAIN STREET (1972) ¿Qué dicir desta (doble) pedazo de obra mestra? A época máis yonki e creativa dos Stones, que fan todo un manifiesto artístico sobre as tres cousas máis importantes da vida: Sexo, drojas e Rock and Roll... Jagger (na súa mellor época), Richards (totalmente desquiciado polo "Brown Sugar"), Taylor (ninguén máis podería facelo mellor), Wyman e Watts, axudados por "Stu" (o sexto Stone), Jimmy Miller (o productor deste enxendro), Nicky Hopkins, Billy Preston, Gram Parsons (a súa influencia está latente en todo o puto disco)... E nas mentes de todos, como non podía ser doutra forma, estaban Robert Johnson, o gospel, ou Chuck Berry...A crítica correuse automáticamente ó escoitar algo tan perfecto, e o público (USA e UK) adoptouno como número 1 dende que saliu, algo paradóxico, xa que é un disco abertamente anti-comercial, sen un single claro, con letras críticas e duras, e cun guitarrista ó borde da sobredose ... pero ás veces, a xustiza existe !!!! As veces pensoo, e creo que este é o meu disco favorito... Consideroo a mellor obra de rock and roll en audio xamáis grabada. E non son o único que o pensa... Co paso dos anos, como con calqueira boa obra de arte, faise máis e máis grande... Se vos interesa, existe un pedante e soporífero ensaio sobre esta maravilla aquí.

CURTIS MAYFIELD. SUPERFLY (1972) Chicago. Anos 70. Do barrio máis chungo e inmundo surxe a música máis negra que se poida escoitar. Trátase dun compositor, cantante e guitarrista con longa traxectoria musical nos anos sesenta (autor de "People Get Ready", etc...). Amante do gospel (música que despois derivaría en soul cando se introduce o sexo, e despois en Funk, cando o sexo xa é explícito) e moi orgulloso da súa cor de pel, Curtis (que non era de Curtis... jeje...) colle o liderazgo musical da súa raza (Axudado por James Brown, Marvin Gaye... entre outros), e cunha poesía estremecedora, cántalle cuan trovador afro ás maravillas e miserias do seu castigado pobo. Este disco, banda sonora orixinal da película homónima (desgraciadamente ainda non a vin), é o mellor exemplo da súa grandiosa música. Os elegantes falsetes que fai, esa atmósfera funky setenteira, con arreglos musicais impactantes e cun ritmo latino moi apto para "haser el amor" e unha letras EXCEPCIONAIS... A peli vai do típico gangster negrata, polo que a temática das cancións de Curtis son claras: Os problemas do ghetto ("Little child runnin' wild"), O oficio do camello (esa maravillosa letra en "Pusherman" ou "Eddie you should know better"), O mal do drojadicto ("Freddie's dead"), o ben que presta a droja ("No thing on me (Cocaine song)") e o resumo de todo esto ("Superfly", que no idioma negro da época era a coca de maior calidade)... Un conxunto de cancións empaquetado de forma maxistral. Un regalo para os nosos oidos. Funk auténtico, sudoroso pero elegante, con letras directas, pero de calidade poética indiscutible, para unha das mellores bandas sonoras que escoitei na miña puta vida de blanquito.

JANE'S ADDICTION. NOTHING'S SHOCKING (1988) A mediados dos ochenta catro tipos únense na cidade do pecado (L.A.)para crear este enxendro, mezclando todo tipo de música e presentandoa cunha contundencia nunca vista, cunha actitude desafiante e retranqueira, cunha moi mala hostia... Pouco a pouco, estes tipos foron tocando primeiro nos garitos máis tirados e aumentando os seus seguidores ata que por fin acadan tocar no mítico Roxy e grabar o seu primeiro disco "Jane's Addiction" (1987)(O debut EN DIRECTO!!!) onde fan unha espectacular versión do Sympathy for the devil dos Stones (os seus pais),e outra do Rock'n'Roll da Velvet (as súas nais). Pese o seu caracter underground e agresivo, as grandes discográficas devecían por pasarlles a man polo lombo. Finalmente é Warner quen consegue levarse o jato á auja, dando absoluta liberdade artística ó grupo. Resultado? Un dos discos definitivos diso que denominamos ROCK AND ROLL. Un disco nada facil de escoitar. Hai que pararse nas cancións, escoitalas varias veces, asimilalas... Unha vez dixerido este cacho de monstruo, este disco lévate a niveis sensitivos sorprendentes. As veces acojona escoitalo. Catro salvaxes experimentando cos instrumentos básicos do Rock.Dave Navarro (formou parte da banda irmá Red Hot Chili Peppers durante un disco) dalle unha intensidade á guitarra nunca vista ata agora. O gran Eric Avery toca o baixo como un creador de atmósferas (moi Stooges, as veces) acompañado dun Perkins ás baquetas, tanto fankeiro como punk. Todos mesturan irreverentemente e con dous collóns os Zeppelin e os Sabbath co Funk, o Folk ou mesmo o Hip-Hop. O que é unha banda experimental pero ante todo rockeira. E todo liderado por Perry Farrell, o último gran xenio do rock, que tiña unha voz capaz de transmitir o que lle saira dos juevos, pero sempre mesturando ambiguamente o lírico co jómito. Ademáis como artista plástico a ter moi moi en conta, realizou as XENIAIS esculturas femeninas das portadas dos seus discos. Botádelle un visual a esta ou á de "Ritual de lo Habitual"(1991, outra fodida OBRA MESTRA) dignas de estar no Louvre. O grupo foi tomar polo q polo de sempre...(Como os seus veciños e contemporáneos os GN'R) Drojas, idas de olla, choque de egos... No 91, en pleno concerto da xira do (exitoso) "Ritual...", empezaron a aplaudirse entre eles, e adiós... Pero os cartos mandan, e xa como lendas reivindicadas por todo J.Cristo, voltan a reunirse no 2001 (sen Avery)... Pero xa non é o mesmo que na época deste disco... Cando eran UNICOS. VIVA O ROCK AND ROLL!