THE BAND. THE LAST WALTZ (1976) Ronnie Hawkins, Neil Young, Muddy Waters, Dr. John, Paul Butterfield, Bob Dylan, Van Morrison, Ringo Starr, Ron Wood, Eric Clapton, Emmylou Harris... e moitos máis, no que pode ser o concerto de despedida máis grande de tódolos tempos (sen contar o de Gin-Tonics, evidentemente). A banda de Dylan despídese da vida na estrada rodeada de amigos e rockeando como fillos de puta ó longo dun triple Lp sen desperdicio. Brutal, emocionante e fodidamente rockeiro. Scorsese filmou o concerto e entrevistou maxistralmente á banda, dando lugar a un dos documentais máis conmovedores da historia. Os pelos de punta...

THE VELVET UNDERGROUND. VELVET UNDERGROUND & NICO. (1967) Estes tíos podian ser un puto coñazo (solo hai que oir algunha das cancións deste disco), pero tamén podían ser uns putos xenios. Como dixen antes, quitando algunha mierdecilla que non ven o caso (quén cojones é Nico???), este disco é unha puta obra de arte, e non porque o tontito/estafador de Warhol andivera por ahí, senón por uns músicos experimentais ata o extremo, con actitude, e rocknroll (punk) na sangre, joderr. Cale e Lou Reed eran uns xenios (despois o fodido envidioso de Reed o botaría fora do grupo) que gustaban dos sonidos distorsionados e atonais (vamos, típico dos 40 principais...) Pensade que neses anos, onde todo era buen rollito jipi, estes tíos foron un auténtico tripi chungo. Negativos. Polémicos... Sadomasoquismo. Travestismo. Heroína... Non é de estranar que non venderan unha puta merda! Pero ahí está o disco, unha xoia de culto que influiu en toda puta corrente underground que viría despois. Co tempo, a Velvet subiría, baixaría, e volvería a subir o nivel, pero este disco é o manifiesto de de qué van. Vaia tropilla!!!!

BOB DYLAN. HIGHWAY 61 REVISITED (1965) Dylan eléctrico, a mellor noticia para o rock and roll (no disco anterior xa apuntaba cara este estilo). Os folkies cajáronse nel, pero el tiñao claro: O rock era o seu, e con este discazo demostrouno, xunto a Mike Bloomfield, Al Kooper, etc, que lle metéron o veneno do blues, e que el asimilou maxistralmente cunha clarísima influencia do seu mentor, Johnny Cash, e coa súa propia influencia (Dylan xa era un mito daquela, con 24 anos...). Discazo. Bombazo. Revolucionario... Despois tocaría con The Band, a mellor banda de acompañamento da puta historia, xunto a Mother Superior e Booker T. & M.G's... No seguinte, "Blonde on Blonde"(1966), tamén chegou a límites nunca vistos no rock, pero eu quédome con este disco... Blusero, caralludo, etílico e nocturno... O single, merecedor de "mellor canción da historia" por moito listillo, é, como non, "Like a rolling stone", unha canción que golpea directamente no corazoncito de calquera...

IRON MAIDEN. IRON MAIDEN (1980) O primeiro disco da banda. Bruce Dickinson ('Samson') e "the number of the beast"(1982) están guays, nesa época eran os putos mellores, pero eu quédome cos Maiden do simpático Paul Di'Anno á voz (ese estilo punk, alonxado do típico vocalista heavy que chega atódolos rexistros, ese estilo de vida polo que foi expulsado...) e con Clive Burr (tamén ex-samson e batería con sangre donde los haiga...) Este disco marcou unha época, o revival do jevi, ostia... E xusto na época (punk e variantes) cando ser jevi era a cousa máis jañán do mundo!!!! (conozco a un par de tipejos que ainda o pensan...) Neses maravillosos anos, xa non era coherente ser punk e comercial, así que renace esa música atronadora que mestura o blues cos Sabbath, o punk con Led Zeppelin... Qué bós tempos, mamá, qué boas bandas había daquela...

BLIND MELON. SOUP (1995) Shannon Hoon foi a desaparición máis dolorosa dos últimos tempos (sobredose de cocaina), xunto con Jeff Buckley e River Phoenix. Con esa voz, e ese grupo dunha calidade incrible, soupo transmitirnos os altibaixos emocionais tan típicos desa década de incertidume. Pero ó mesmo tempo, rockeaban coma auténticos fillos da puta... Non quero nin pensar cómo sería un directo deles neste ano tan máxico!!!. Xa o primeiro disco honónimo (1992) non da pé a enganos... Blind Melon (1990-1995) chegaría a ser unha das mellores bandas do mundo, e gracias a Dios, unha banda só para os verdadeiros fans, sin multitudinarias gilipolleces nin masiva publicidade chunga. O segundo album da mítica banda chegou ó mais alto dos excitantes (no musical) anos 90. Cancións tan boas que costa manter a compostura ante tamaña audición. Os guitarristas (Christopher Thorn e Roger Stevens) son realmente cojonudos, e xunto a ese baixo (Brad Smith) e esa batería (Glen Graham), acadan algo moi fodido na música: A Perfección... Se a isto lle sumamos a incrible voz de Shannon, o feito de que todos foran das máis remotas aldeas de EEUU, e as letras máis oscuras e fermosas dos 90 (que me perdone Nirvana), o grupo convertese no mellorciño (ainda hoxe) dos últimos 20 anos. O epitafio de Shannon pon: "Sei que todos nós non podemos quedarnos aquí para sempre, así que quero escribir as miñas palabras na cara de hoxe e despois eles o pintarán"

THE SONICS. HERE ARE THE SONICS (1965) Suxo, frenético, ye-ye, punk, agresivo, crudo, enloquecido, enérxico, apaixoado, excitante, directo, delincuente... o que é un grupo de versións dos Gin-Tonics... En 1960, en Tacoma (Washington), de onde tamén eran The Wailers, aparecen estos tios que fan versións do máis variopinto, e por suposto, composicións propias nas que falan do que realmente importa na vida: nenas, coches, drojas... Unha banda de verdadeiros macarras que se anticiparon o que pouco despois farían MC5, New York Dolls, Stooges e posteriormente, Ramones, Dead Boys..., vamos... eso que se dou en chamar Punk Rock... Unha banda de sorprendente calidade e ferocidade para a época, cun saxofonista que che pon os pelos de punta, as cordas dos irmáns Parypa, un batería que era o preferido do seu paisano Kurt Cobain, e sobre todo, a voz agresivamente salvaxe do gran Gerry Roslie (tamén teclista e compositor)... Ahhhh, Os Sonics... Gran grupo que bebe do mellor Rock and Roll. Gran disco cos mellores himnos rockeiros xamáis compostos...Este disco está moi, moi, moi ben, e é imperdonable se non o tedes, pero seríades gilipollas se non vos facedes tamén co "Boom"(1966). VIVAN OS SONICS e VIVAN OS GIN-TONICS!!!!!!

PINK FLOYD. THE WALL (1979) bó ano... Roger Waters creou esta puta obra mestra, ladrillo a ladrillo. Sen palabras... non se escoita, vívese. (Ver tamén película de Alan Parker, 1982 con animacións do xenial Gerald Scarfe) O incrible é que este disco tan escuro e fodido sexa o 3º máis vendido de tódolos tempos en USA!!! Bueno... Hai que recoñecer que o disquito ten singles innegables "Another brick in the wall II", "Confortably Numb"... e a xira que o acompañou foi apoteósica. Waters creou unha obra artística por excelencia, onde os detalles, as atmósferas, as imaxes, a poética se enlazan en forma de ladrillos, que forman un muro que nos separan da realidade e nos aislan na loucura... Sen dúbida, o baixista pensou na súa propia vida (éxito, sobreprotección materna, drojas...), pero tamén é evidente o referente da loucura de Syd Barret, xenial primeiro vocalista-guitarrista da banda, creador do primeiro disco dos Floyd "The Piper At The Gates Of Dawn" (1967), o primeiro disco psicodélico, e tamén duns excelentes discos en solitario, cando xa se lle foi a olla tanto por consumo de LSD que os hijosdeputa o chimparon do grupo.

LOVE. FOREVER CHANGES (1967) O Arthur Lee deixounos o outro día. Un tipo raro e impredecible, que xunto cunha sólida banda, creou este maravilloso e enigmático disco. Un disco influinte, desconcertante, sereno, experimental, delicado... Un disco imprescindible, e agora máis. O mellor de todo é esa mestura tan bonita de rock, folk, etc... (non mezclar por mezclar como fan algúns para irse de "progres")que alcanza unha vanguardista calidade que sorprende para a época. Unha cousa fora de serie equiparable ós grandes desa época de cambios na música e na sociedade. Gran disco, que non acadou o éxito masivo que merecería unha obra desa calidade e influencia. O peor de todo é que millóns de popitos babosos de mierda idolatran este disco mentres fan música de lo más coñazo, ou incluso electro-pop... De tódolos xeitos, maxistral. Escoitadeo ainda que sexa como tributo a Arthur, ese xenio incomprendido, con mala hostia e coa capacidade de compoñer cancións absolutamente incribles.

THE BEACH BOYS. PARTY (1965) Xa sei, xa sei... Debería poñer o Pet Sounds (1966)... A mín tamén me parece unha indiscutible obra mestra visionaria, pero... Eu quédome cos Beach Boys que falan de chavalas, praia, coches e festa... E este disco é precisamente eso... literalmente, unha puta FESTA!!! onde podemos escoitar ós Beach Boys (un dos grupos máis salvaxes fora do escenario, comparables a led zep) cantando borrachos rodeados de nenas en bikini, que tamén colaboran nos coros. Brian, o desquiciado, pouco antes de que a súa xenial loucura o levara a perder todo contacto coa realidade, A bestia Dennis, o batería do grupo, un dos tipos máis salvaxes da historia do rock que tumbaría a Jim Morrison a juiskis, Carl, Alan, Mick Love... Uns tios que crearon as mellores melodías vocais dende o doowop dos cincuenta. Esto fixose no estudio (parece máis ben unha festa na praia) con instrumentos acústicos (excepto o baixo eléctrico), pero conseguiuse esa atmósfera informal que lle queda tan de putísima madre. O single: o inmortal Barbara Ann. Se vos mola o rock, a praia, o surf, ou símplemente o alpiste, Consegilo XA!!!!.

CHUCK BERRY. THE BEST OF CHUCK BERRY(MCA) (1996) Se metemos a Elvis, Johnny Cash, Jerry Lee... Temos que meter ó gran guitarrista, o arquitecto do rock and roll: Mr. CHUCK BERRY!!!!. Sin el non existirían Beach Boys, Ac/dc, Kiss, Os Rolling Stones (só por poñer os máis evidentes) e un longuísimo etcétera. Era negro. Os seus riffs, esa forma de comezar as cancións, as letras (qué coño facía un vello como el escribindo sobre o instituto e os deberes...?), eses ritmos mesturados con clase e elegancia (hoxe en día está de moda "el buen rollito" y mesturar sin ton ni son). Si... Pódese dicir que foi, xunto cos mencionados arriba, o artífice desa música loca e delirante... Un bluesman innovador e axitador da xuventude, que viu truncada a súa carreira cando o goberno suprematista branco en colaboración coa CIA e a ultradereita de USA o meteron na cadea coa falsa acusación de "corrupción de menores", algo que afundiu a súa inminente carreira cara o éxito. Este recopilatorio dobre trae o básico (40e pico temas). Tan importante é coñecer estas cancións como ler, escribir, sumar e restar. Chuck, Chuck... Unha lenda que ainda está viva. Lo mejorcito de los 50's, 60's, 70's, 80's, 90's... e... bueno... ¿como se chama esta jodida década? ¿00's?.