THE DETROIT COBRAS. MINK, RAT OR RABBIT (1998)
Ah Detroit...! Como cantaban KISS, "Detroit Rock City"... De aló sairon os grandes do Rock, e de súpeto, chega este grupo de versións vinculado ó baixista de Black Crowes, e vólveno demostrar, joder...! Esta cidade é a capital mundial do RNR aínda hoxe en día! Despois de todo de aló é o mítico sello MOTOWN!!!
Pero este grupo... Este é un grupo de versións de cancións dos 50's e 60's (casi exclusivamente), liderado polas tias máis cachondas que vin na miña vida sobre un escenario. Para empezar, esa cantante... MGHGRRHGH...Rachel Nagy... A la par de ser a cantante máis bella e sexy do mundo (ex-stripper, ex-carniceira), a tia canta provocando ereccións das dolorosas, quentando á audiencia elegantemente, como unha actriz da época dourada de hollywood, como unha diosa rubia platino que susurra ou berra esas incribles e maravillosas cancións que nos trasladan a outros mundos, con unha voz... MRGGHGYR... non hai adxetivos que te describan, Rachel... LOS GRADOS FARENJEIT SE ELEVAN A TU PASO.
Pero para min, a mellor é.... ahh! (suspiro de amor)... A criatura máis maravillosa que existe no puto universo... e ademáis, a persoa que todos quixeramos ter cando hai hostias e necesitamos defensa: Maribel Restrepo !!!!!!JODERRRRRRRRRRRRRRRRRRRRRR.... Dificilmente se pode estar máis cachonda... e... joder... joder, cómo toca a guitarra a hija de la gran putaaa!!!! MAMMA MÍA. Con esa cara de mala hostia, esa enerxía, eses solos incendiarios, esos labios, esas cachas, ESAS DOS TAZAS DE TÉ!!!! ...SLURP... AHhgHgHAaasghh....
Vale, non compoñen as súas cancións... QUÉ COJONES IMPORTA ESO???? dios... Se son un grupo de versións!!! o caso é que as interpretan dunha forma tan fodidamente maravillosa, que cando as ves en directo, eres fan pa toda a puta vida. GRAN CALIDADE MUSICAL a destas pedazo de tias, que fichan a novos músicos cada dous por tres, coma klinex, porque despois de todo elas son as jefas.
Discos recomendables (imprescindibles, diría eu): TODOS!!!:"Life, Love And Leaving" (2001), "Seven Easy Pieces" (2003) e "Baby" (2004).
Nota de marujeo: Por certo... As moi cabronas son MOZAS!!! (que sorte teñen, tanto unha como outra). Non quero nin imaxinalas haciendo "eso", que me pongo aún más pinocho, se cabe.
HANOI ROCKS. HANOI ROCKS, BANGKOK SHOCKS, SAIGON SHAKES (1980)
Michael Monroe (estupenda voz, gran harmónica e sensacional saxo), Andy McCoy (guitarrón de la hostia!), Nasty Suicide (guitarrón de la hostia II), Sam Yaffa (fenomenal baixista, actualmente en NYC Dolls) e Gip Cansino (excelente batería... despois entraría o excelentísimo e malogrado Sr. Razzle... ¿dos baterías máis carismáticos da hª do RNR?).
Estes tios foron os Rolling Stones dos 80's con este album debut que sonaba A DIOSSSS. A DIOSSSSSSSSSSS. Naturais de Finlandia, en poucos dias comeronse o mundo, maquillados e vestidos como putóns, en homenaxe ós seus idolatrados NYC Dolls, acabando por asentarse na capital do vicio: L.A., e influenciando claramente a grupos como Mötley Crüe ou os Guns N' Roses (o mesmísimo Axl comentou a débeda impagable que tiña cos Hanoi). A sua actitude glam-destroyer refléxase neste enorme disco, nesta inabarcable obra mestra, onde se mestura a enerxía dos RAMONES co glam-rock de T.REX. (esto daría lugar a eso chamado "Sleaze") Si... vale... o mellor na primeira escoita sona algo ochentero, pero, a medida que escoitas este disco, flipas máis e máis... Tiña que estar nesta lista a collós.
Ahhh!... Ainda dou gracias a dios por permitirme ver en directo a Mr. Rock and Roll: Michael Monroe (en solitario).
Recomendo esta páxina: http://www.sleazeroxx.com/audio.shtml. Nela podedes atopar grupos da movida Sleazy, Hard Rock, Cock Rock, Heavy Metal e diversos apelativos que se poden resumir nun solo: ROCK AND ROLL!!!!!
QUEEN. A NIGHT AT THE OPERA (1975)
Escoller un puto disco de Queen... Ben... Se non hai máis remedio, escollo este acolloante artefacto musical...O nunca visto antes en rock. Freddie Mercury foi un dos grandes, sen dúbida, e estaba moi ben arroupado por tres monstruos... Todos eles eran grandes intérpretes e compositores. Toda a carreira do grupo o demostra. Estes anos eran anos de grandilocuencia e barroquismo, e cunha personalidade como a de Mercury, non é de estrañar que surxira "esto".
Este disco non ten desperdicio, joder. TODAS as cancións son unha puta maravilla!!! Pero, evidentemente destaca unha: "Bohemian Rhapsody"... Hai que estar moi zumbado para crear unha canción destas características: Hard Rock? Opera? Balada? JODER, QUÉ MÁIS DA!!!! Unha canción insuperable, acompañada de outras 11, que farán as delicias de calqueira amante da puta música. O mesmísimo Groucho Marx adoraba este disco. FANTÁSTICO.
Recomendable de Queen: "Queen I" (73), "Queen II" (74), "Sheer Heart Attack" (74), "A Day At The Races" (76), "News Of The World" (77) e especialmente (excelente disco) "Jazz" (1978). Tamén (case) todo o ochentero que fixeron ten unha enorme calidade, como todos sabedes.
BO DIDDLEY. BO DIDDLEY (1957)
Un dos guitarristas indiscutibles do rock and roll, colega-rival de Chuck Berry na Chess, un músico que levantou am-pollas, creador de ritmos selváticos, dun estilo crú alonxado da comercialidade (demasiado nejro, demasiado Vudú), unha voz potentirma e unha forma de tocar a guitarra ( unha guitarra tuneada: a square-bodied ) totalmente innovadora. Ademáis incorporou instrumentos novedosos na súa banda como as maracas, que tocaba Jerome Green, e destacou polas súas letras nas que SEMPRE APARECE O SEU PUTO NOME!!!! "Bo Diddley", "Hey Bo Diddley", "Diddley Daddy", "Pay Bo Diddley"... En fin, un tío que non tiña abuela, pero todo cumplido cara el é pouco... Despois de todo escribiu temas da talla de "Roadrunner" (Animals, Stones...), "Pills" (NYC Dolls...) ou "I'm a man"(Yardbirds, Stooges...) e lanzou á fama esas animaladas chamadas "Who do you love?" (Ronnie Hawkins) e "Before acuse me" (Creedence...). Guitarrista influinte como poucos.
Como curiosidade musical hai que afirmar que as súas cancións eran tan jodidamente rítmicas e hipnotizantes que os músicos só tiñan que tocar UN PUTO ACORDE. E de feito, a maioría das súas cancións só teñen 1 ACORDE!!!! ¿¿¿ podédelo crer????
ROY ORBISON. THE ESSENTIAL ROY ORBISON (2006)
Este tío foi un crack no que a Rockabilly respecta, pero non alcanzou o éxito dos seus compañeiros de Sun Records (Perkins, Cash, Jerry Lee, Presley...), polo que ata os guevos, sacouse da manga un novo estilo rockero, un estilo que dende entón o definiu. O cantante miope, vestido de loito, acabou cantando cancións fodidamente emocionantes e tristeiras ("Only the lonely"), algo lóxico, xa que o destino cebouse tráxicamente con Roy fodendolle os seus seres máis queridos, así que é normal que o tipo cantase a súa traxedia dende o corazón, ese corazón que lle acabaría fallando cando parecía que todo ía de puta nai, cando todo dios o reivindicaba. Roy obsequiounos con cancións para a posteridade, ata había alunhas alegres, joder... ("Oh, pretty woman"). O caso é que este tío tiña algo especial, na sua voz, no seu sentimento, nas súas inolvidables composicións... Sirva como ilustración da súa música ese "In Dreams" que fai chorar de emoción a Dennis Hopper como o xenial Frank Booth na peli "Blue Velvet" (1986). Nunca unha canción sonou tan escura e fermosa (como unha peli do propio Lynch).
Calqueira cousa que grabou Orbison merece ser catalogada como obra mestra indiscutible, pero hai que intentar coñecer a súa desconocida etapa rockabilly cañero, e por suposto disfrutar da súa obra póstuma "Mystery girl" (1989), un disco de escoita obrigada. Por eso o ideal é conseguir un recopilatorio completito como este.
BARÓN ROJO. VOLUMEN BRUTAL (1981)
Este disco arrasou en Japón e existe unha versión en inglés (o tema "Stand Up", é dicir, "Resistiré" chegou a ser número 1 en Inglaterra !!!) Sen dúbida, o mellor grupo de ROCK AND ROLL de Espiñi!, Ninguén tivo un éxito igual fora da cutre-península, e dende logo, foi merecido, tendo en conta as cotas de calidade as que chegan con este segundo traballo. Uns tios con palpables e jugosas influencias (Kiss, M.S.G., Hendrix, AC/DC, Twisted Sister...), que deron moito que falar alá polos ochenta, cando reinaba esa cutrez rancia da movida madrileña, os pseudo-modernos de pega e o electropop máis jomitivo... Estes cabróns abandeirarían con éxito o rock de calidade entre tanta mediocridade, e ainda hoxe moven unha multitude de fans que estarían dispostos a andar a hostias con quen sexa polos BARÓN.
"Resistiré", o clásico "Los rockeros van al infierno", a xenial "Las flores del mal", esa maravilla que é "Incomunicación" ou a emotiva "Concierto para ellos"... Joder... Con esta canción vou acabar: "...En cada concierto de Rock 'n' Roll / las campanas doblan por Bon Scott / por Janis, Lennon, Allman, Hendrix / Bolan, Bonham, Brian y Moon... "
Este disco hai que escoitalo, como di o seu título, a un VOLUMEN BRUTAL.
NEW YORK DOLLS. NEW YORK DOLLS (1973)
5 putones drojadictos e mal falaos: David Johansen (voz, armónica, e un dos frontman definitivos da puta historia), Johnny Thunders (guitarrista e compositor xenial), Sylvain Sylvain (guitarrista con pluma e nome cojonudo, ademáis de ser un dos tios máis divertidos do RNR), Arthur Kane (baixo recentemente falecido) e Billy Murcia (batería yonki-atolondrao que morreu de "accidente") despois sustituido por un xenial Jerry Nolan (despois compañeiro yonkarra de Thunders nos Heartbreakers). Vamos, uns tios de pouco fiar... Yonkis, travestidos de putóns (véxase a inmortal portada, todo un icono comparable ás meninas de Velazquez), e rodeados de xentuza como Nancy (despois moza de Vicious) ou McLaren... E todo esto no 73!!!!!! Bowie daquela escandalizaba a xente por teñir o pelo!.
A súa música recórdanos a uns Stones punk-glam, premeditadamente cutres, atronadores e apocalípticos en directo, pero cunha actitude a proba de bombas e unhas cancións simplemente perfectas... Pero non triunfaron... influiron en todo dios, pero non venderon... Quizais adiantáronse uns aniños á súa época... Se non fora por eles non existirían grupos que prefiro non nomear.
Grandes temas: "Personality crisis", "Subway Train", "Frankenstein", "Pills", "Trash", "Jet boy"... Joder, síntome ridículo destacando cancións dun disco perfecto...
BUDDY HOLLY & THE CRICKETS. THE CHIRPING CRICKETS (1957)
Un tio con clase o joputa de Buddy. Guitarrista experimentado, cantante excepcional e compositor dunhas cancións que son para quitarse o sombreiro, a verdá. Ademáis, ainda que non o parezca polas pintas, Holly era un rockstar definitivo, unha verdadeira fiera que practicaba o sexo as drogas e o rockandroll con carcter radical. Montábase unhas festas que riete tú de Led Zeppelin. Musicalmente, sempre me molaron esas melodías tejanas que compoñia, ese rock con rollo optimista, con ecos spectorianos. E cando se poñía cañero, era o que mellor rockeaba de todos os seus coetaneos. Sempre cos extraordinarios Crickets, que estandarizaron a clásica banda de rock: Baixo, batería e unha ou duas guitarras.
Puta vida! Cando un frio 3 de febreiro do 59 caeu o puto Beechcraft Bonanza N-3794-N no que viaxaban Holly, Richie "La bamba" Valens e Big Bopper, ("the day that music died", que cantaba o outro), non só desapareceron as esperanzas brancas do rock and roll, senón que surxiron os primeiro mártires recoñecibles do xénero. Buddy tiña 22 anos. Quén sabe a donde chegaría! Recordemos, e tomemos nota, do gran rock que creou este tipo de gafas gordas, temas versioneados ata a saciedade polos grupos de Rock (os stones, por poñer o exemplo perfecto) que virían nos 60's: "That'll be the day", "Not fade away" "Peggy Sue" "What you do"...
GENE VINCENT & HIS BLUE CAPS.THE SCREAMING END (1990)
O príncipe negro, o Hamlet do rock and roll... O primeiro rockeiro en usar chupas de cuero. Este tío era macarra a conciencia e xunto o tamén enorme Eddie Cochran ("summertime blues", "C'mon everybody"...), revolucionaron a música co seu rock and roll tolo e maligno, corrupto e corruptor. Estes rockeiros 100% sabían o que facían, non se andaban con mariconadas para enamorar as rapazas (o meloso estilo Elvis) ainda que, evidentemente, as nenas caían rendidas ós seus pés. Todo gracias a un bó tupé e moita "pomada".
Gene tiña unha carisma acojonante, como Marlon Brando en "The wild one", pero sexamos xustos e reconozcamos que a banda que o acompañaba, The blue Caps, eran... Hiroshima, colegas... Cliff Gallup (guitarra), Jack Neal (baixo) e Dickie Harrell (batería)... Gallup pode ser denominado como o mellor guitarrista dos 50's (con permiso de ScottyMoore). O seu estilo non pode ser máis fermoso e maxistral. E cando había un solo de Cliff, escoitar a toda a banda berrando coma condanados da gusto, joder, da gusto...
A putada de todo istofoi cando Gallup o deixou e cando Quévidamásputa! anos despois Gene acabou só, drojadicto e deformado polo alcol, sen que ninguén se acordara del cando morreu... Triste... Pero ahí nos quedan as súas cancións, os seus himnos, eses cánticos celestiais: "Be-bop-a-lula", "Race with the Devil", "Cruisin' "Blue jean bop" "Crazy legs" "Double talkin' baby" e un longo, longo etcétera.
Como homenaxe a este grandísimo rockstar, tamen ó seu alter-ego Eddie, vou escoitar agora mesmo esa magnífica canción dos Stray Cats, "Gene and Eddie".
THE BLACK CROWES. THE SOUTHERN HARMONY AND MUSICAL COMPANION (1992)
Bó grupo, non hai duda. E co novo guitarrista, Marc Ford, saliulles un discazo, chico. Música nejra como o carbón, ben feita. Nótase que son fans dos Stones e dos Skynyrd. Para mín o seu mellor disco, ainda que "Amorica" ten esa portada tan deliciosa... Sona como "ponte" entre o excepcional debut "Shake your money maker" (1990) e o "Amorica" (1994) (vaia gilipollez, despois de todo, fíxose no medio). Boas guitarras clásicas, uns teclaos moi curraos, unha voz estilo Arroz Stewart, uns coros de nejras que fan chorar de emoción ... Qué vos vou contar, joder... Escoitadeo canto antes, non fagades coma min, que tardei un güevo en descubrilo. Sempre lle estarei eternamente agradecido a Anxos por regalarme esta xoia, na que especificou claramente e por escrito cal é a súa canción estrella: "Remedy"... Non podo estar máis de acordo, ainda que o disco ten outras moitas perlas ( "Sting me", "Southern salvation" ou "Thorn in my pride", por poñer un par de exemplos) Boa música.
