SAM COOKE. LIVE AT THE HARLEM SQUARE CLUB (1963)
Para min, o mellor. Non porque fora negro, nin por esas maravillosas cancións, senón porque era o puto mellor. Esa maravillosa voz, inimitable, esa maravillosa música... Ah, eso era música... eso era voz. MR SOUL, que (xunto a Ray Charles) emporcou un pouco a música gospel, facendo a música ideal pa follar... O SOUL... Foi e será o máis grande. Por eso o mataron. Eso da violación é imposible, unha sucia mentira. Como o de Janis, Morrison, Hendrix, JFK, Marilyn, Cobain... Creo que está máis que claro que os poderes fácticos queren acabar co Rock and Roll, non? Antes mataban "simulando unha sobredosis"ou "intentou violala e disparámoslle", agora infíltranse como supuestos "rockeiros", ou directamente eliminase o rock do mercado pouco a pouco. A Sam matouno a CIA ou algo así. Era colega de Malcolm X, era un negro millonario e contestatario, que estaba subindo como a espuma, e algún hijo puta tramou todo o montaxe da violación. CABRONES. Cóntase que as últimas palabras do xenial Sam foron: “lady you shot me”. Menos mal que nos queda o seu legado, como este maravilloso disco en directo, cos seus grandes temas , entregandose a unha hipnotizada audiencia. GRACIAS POR TODO, SAM.
LITTLE RICHARD. HERE'S LITTLE RICHARD (1957)
Coñecido como a raiña do rock and roll, este tipo alternou a actitude máis loca coa relixión e a sobriedade. No 57, apartouse "das drogas, que só levan á homosexualidade". Xusto antes saiu este antolóxico album, merecedor non só de estar entre os 100 mellores senón entre os 10. O tio rockeaba como ninguén (só Elvis lle facía picha no que respecta a imaxe glamurosa), cun estilo destroyer ó piano (igual que Jerry Lee, outro pecador reconvertido unha e mil veces) e unha banda de acompañamento tan pasados de voltas como el (son antolóxicas as juergas que se oe que montaban por ahí...) Hits inmortais, pertencentes ó subconsciente colectivo de todos. Eses sí que eran bós tempos para o Rock. BASICO (en realidade poño este disco por ser o primeiro da raiña, e ter as cancións máis recoñecibles, pero calqueira cousa CALQUEIRA cousa que grabou este pedazo de negro maricón é INDISPENSABLE)
NIRVANA. NEVERMIND (1991)
Neste ano capicúa, a industria musical cambiou radicalmente por unha sixela razón: "Smells Like Teen Spirit". Unha especie de plaxio de "more than a feeling" punk, que creou un nefasto movemento, que pese a dar moitas alegrías no plano musical (Pearl Jam, Soundgarden, Alice in Chains...), conceptualmente, deixouse atrás o RNR simpático de melenas crespadas e só nos dou unha horda de pringaos-pesimistas-melenitasgrasientas. QUE SE FODA O JRUNJE!!!!!! Odio esa estúpida moda que puxeron os executivos en plan GENERACIóN X (mamaos) . Se Cobain fose máis coherente, pejaríase un tiro antes de meterse nesa merda. Afortunadamente, doulle tempo a grabar esta maravilla, un clásico dende o primeiro día, un disco desolador, desconcertante, crítico e moi moi jodido para alegrarche o dia. Pese a todo, "Smells..." segue a soar nas discotecas máis jañás para deleite de borrachos de tódalas idades (que bailan enloquecidos), dos que algúns (obsérvese o poder da canción) non naceran cando saiu o disco. Gran grupo, gran disco... Un clásico dende o dia que se gravou.
THE REPLACEMENTS: LET IT BE (1984)
Jodidos borrachos, rebeldes, uns marcianos, mesmo dentro do seu terreo "indi". Cando tocaban, drojaos ata as cellas, comunicaban AUTENTICIDADE (cantos indies de mierda o fan, eh???). Eran punks, sempre o quixeron ser, pero un cantante coa sensibilidade de Paul Westerberg, dotou á banda dun son emocionante, irrepetible. Neste pedazo de dinamita temos temas punkis ("Favourite Thing"), poesía anfetamínica ("I will dare"), himnos adolescentes ("Sixteen Blue"), versións de KISS ("Black diamond"), baladas a piano ("Androgynus"), e a máis emocionante canción xamais composta: "Unsatisfied". Cada vez que escoito esta puta maravilla rompo a chorar como un parvulito. Esa mezcla de sentimento e rabia non se via dende o "Exile.." dos Stones. Outros preferirán o "Pleased to meet me" (1987), pero eu quédome con este album pola citada canción, e por outros motivos persoais que non che importan..."Os suplentes"...Ya lo creo, fronte a coetaneos como Hüsker Dü ou REM, foron tamén un grupo de culto, pero olvidados. Mellor. Pa unha selecta minoría, coma por exemplo, tí.
CHRIS ISAAK. FOREVER BLUE (1995)
O guapito pasouno mal cando o deixou a moza, e plásmao neste disco melancólico. Elegancia, clase, saber estar, si señor. As chavalas fixeronlle pupita. As veces está cabreado, outras dolido, outras triste, pero sempre conserva ese rollo Roy Orbison que tanto nos mola a todo aquel que temos un corazoncito. Mola desde a tremenda “Baby did a bad thing” que meteu Kubrik na súa última peli, ata a demoledora moralmente "The End Of Everything". Cada unha das cancións métete nun universo único e cincuentero, xa sabes, transportate. Se eres dos que lles mola o outono, este é o teu disco. Se polo contrario eres un fan da praia e o "Girls, girls, girls" de Mötley crüe, este tamén é o teu puto disco!!!!
JUDAS PRIEST. BRITISH STEEL (1980)
Si amigos... Pódese unir o metal co pop. Unha banda solida, jevi, cunha carreira como Judas, creou aquí melodías para que poidera cantalas calqueira pija, e quedaronse con todo dios. Miles de jevis tolearon, e dende entón poderían andar a hostias con Mike Tyson por esta banda, mesmo cando o inigualable Rob Halford anunciou que era maricón (joder estaba claro, tanto coiro, tanta tachuela, tanto látigo). A verdá é que os cabróns gañaron o ceo (ou o inferno) con este disco.
Tiña unha camiseta con esta portada, pero a miña nai tirouma, porque estaba toda chinada e cortada por todas partes... Dios! como boto de menos esa camiseta!!!. En fin, polo menos ainda podo disfrutar de temazos como "Breaking the law", "Metal gods" ou "Living after midnight". Outro disco igual de recomendable (se non o é máis) é " Screaming For Vengeance".
P.D. ver o seguinte video se hai juevos.
DEAD BOYS. YOUNG, LOUD AND SNOTTY (1977)
O xenial Stiv Bators (Lords of new church) lidera esta banda, básica no punk americano. Este disco de debut sorprende pola súa frescura e por ter unhas influencias máis que considerables (case se pode cheirar a Stooges, Alice Cooper, os Dolls...) para a inminente aparición do punk como movemento revolucionario. Dos primeiros punks, xunto a Ramones, Dictators e toda esta calaña que nos fai eyacular cada vez que os oimos. Letras violentas e nihilistas, actitude impecable, e portada excepcional. Un discazo con un single claro, máis ainda, un himno xeneracional: A grandísima "sonic reducer".
JANIS JOPLIN. PEARL (1970)
¿Qué podo dicir desta tía...? Disco pótumo, torrente de voz, contrastando con alma atormentada, Ahhh, qué hija de la gran puta... BLUES. COUNTRY. SOUL. Qué tia, qué tia. A máis grande... Singles: "Me and bobby Mcgee", "Mercedes Benz", "Move Over"... Non hai palabras. Escoitar este arrepiante disco é indispensable para un correcto desenrolo da vida misma.
NINE INCH NAILS. THE DOWNLOAD SPIRAL (1994)
"Rock industrial..." A verdade é que esta música nos leva a un apocalíptico ambiente, de máquinas facendo música, un futuro agobiante, onde sorprenden uns ritmos tremendamente rockeiros, unhas melodías que van do máis cañero ata o máis bonito, e unhas texturas experimentais absolútamente antolóxicas. Contrastes, como na vida misma. Este disco marcou a toda unha xeración de chavales (incluido eu). Recomendable toda a discografía de NIN, todo o que fixo Trent Reznor (tanto como productor, colaborador, artista plástico-escénico ou compositor), os seus incribles videos,e as actuacións en directo (véxase a actuación de NIN en woodstock'94).
BEASTIE BOYS. LICENSED TO ILL (1986)
Primeiro disco de rap que entra forte nas listas de venta. Bases hip-hop, pero guitarreiras que te cagas, metaleiras (colabora o guitarra de Slayer). Estes tios eran punkis hardcore, en plan bad brains, pero o hip-hop estaba empezando a tirarlles e sacaron esta puta maravilla. Puro Hip-Hop, Puro Rock and Roll, Pura música iconformista, un oasis no putos anos 80's.
