THE REPLACEMENTS: LET IT BE (1984)
Jodidos borrachos, rebeldes, uns marcianos, mesmo dentro do seu terreo "indi". Cando tocaban, drojaos ata as cellas, comunicaban AUTENTICIDADE (cantos indies de mierda o fan, eh???). Eran punks, sempre o quixeron ser, pero un cantante coa sensibilidade de Paul Westerberg, dotou á banda dun son emocionante, irrepetible. Neste pedazo de dinamita temos temas punkis ("Favourite Thing"), poesía anfetamínica ("I will dare"), himnos adolescentes ("Sixteen Blue"), versións de KISS ("Black diamond"), baladas a piano ("Androgynus"), e a máis emocionante canción xamais composta: "Unsatisfied". Cada vez que escoito esta puta maravilla rompo a chorar como un parvulito. Esa mezcla de sentimento e rabia non se via dende o "Exile.." dos Stones. Outros preferirán o "Pleased to meet me" (1987), pero eu quédome con este album pola citada canción, e por outros motivos persoais que non che importan..."Os suplentes"...Ya lo creo, fronte a coetaneos como Hüsker Dü ou REM, foron tamén un grupo de culto, pero olvidados. Mellor. Pa unha selecta minoría, coma por exemplo, tí.
CHRIS ISAAK. FOREVER BLUE (1995)
O guapito pasouno mal cando o deixou a moza, e plásmao neste disco melancólico. Elegancia, clase, saber estar, si señor. As chavalas fixeronlle pupita. As veces está cabreado, outras dolido, outras triste, pero sempre conserva ese rollo Roy Orbison que tanto nos mola a todo aquel que temos un corazoncito. Mola desde a tremenda “Baby did a bad thing” que meteu Kubrik na súa última peli, ata a demoledora moralmente "The End Of Everything". Cada unha das cancións métete nun universo único e cincuentero, xa sabes, transportate. Se eres dos que lles mola o outono, este é o teu disco. Se polo contrario eres un fan da praia e o "Girls, girls, girls" de Mötley crüe, este tamén é o teu puto disco!!!!
JUDAS PRIEST. BRITISH STEEL (1980)
Si amigos... Pódese unir o metal co pop. Unha banda solida, jevi, cunha carreira como Judas, creou aquí melodías para que poidera cantalas calqueira pija, e quedaronse con todo dios. Miles de jevis tolearon, e dende entón poderían andar a hostias con Mike Tyson por esta banda, mesmo cando o inigualable Rob Halford anunciou que era maricón (joder estaba claro, tanto coiro, tanta tachuela, tanto látigo). A verdá é que os cabróns gañaron o ceo (ou o inferno) con este disco.
Tiña unha camiseta con esta portada, pero a miña nai tirouma, porque estaba toda chinada e cortada por todas partes... Dios! como boto de menos esa camiseta!!!. En fin, polo menos ainda podo disfrutar de temazos como "Breaking the law", "Metal gods" ou "Living after midnight". Outro disco igual de recomendable (se non o é máis) é " Screaming For Vengeance".
P.D. ver o seguinte video se hai juevos.
DEAD BOYS. YOUNG, LOUD AND SNOTTY (1977)
O xenial Stiv Bators (Lords of new church) lidera esta banda, básica no punk americano. Este disco de debut sorprende pola súa frescura e por ter unhas influencias máis que considerables (case se pode cheirar a Stooges, Alice Cooper, os Dolls...) para a inminente aparición do punk como movemento revolucionario. Dos primeiros punks, xunto a Ramones, Dictators e toda esta calaña que nos fai eyacular cada vez que os oimos. Letras violentas e nihilistas, actitude impecable, e portada excepcional. Un discazo con un single claro, máis ainda, un himno xeneracional: A grandísima "sonic reducer".
JANIS JOPLIN. PEARL (1970)
¿Qué podo dicir desta tía...? Disco pótumo, torrente de voz, contrastando con alma atormentada, Ahhh, qué hija de la gran puta... BLUES. COUNTRY. SOUL. Qué tia, qué tia. A máis grande... Singles: "Me and bobby Mcgee", "Mercedes Benz", "Move Over"... Non hai palabras. Escoitar este arrepiante disco é indispensable para un correcto desenrolo da vida misma.
NINE INCH NAILS. THE DOWNLOAD SPIRAL (1994)
"Rock industrial..." A verdade é que esta música nos leva a un apocalíptico ambiente, de máquinas facendo música, un futuro agobiante, onde sorprenden uns ritmos tremendamente rockeiros, unhas melodías que van do máis cañero ata o máis bonito, e unhas texturas experimentais absolútamente antolóxicas. Contrastes, como na vida misma. Este disco marcou a toda unha xeración de chavales (incluido eu). Recomendable toda a discografía de NIN, todo o que fixo Trent Reznor (tanto como productor, colaborador, artista plástico-escénico ou compositor), os seus incribles videos,e as actuacións en directo (véxase a actuación de NIN en woodstock'94).
BEASTIE BOYS. LICENSED TO ILL (1986)
Primeiro disco de rap que entra forte nas listas de venta. Bases hip-hop, pero guitarreiras que te cagas, metaleiras (colabora o guitarra de Slayer). Estes tios eran punkis hardcore, en plan bad brains, pero o hip-hop estaba empezando a tirarlles e sacaron esta puta maravilla. Puro Hip-Hop, Puro Rock and Roll, Pura música iconformista, un oasis no putos anos 80's.
THE BAND. THE LAST WALTZ (1976)
Ronnie Hawkins, Neil Young, Muddy Waters, Dr. John, Paul Butterfield, Bob Dylan, Van Morrison, Ringo Starr, Ron Wood, Eric Clapton, Emmylou Harris... e moitos máis, no que pode ser o concerto de despedida máis grande de tódolos tempos (sen contar o de Gin-Tonics, evidentemente). A banda de Dylan despídese da vida na estrada rodeada de amigos e rockeando como fillos de puta ó longo dun triple Lp sen desperdicio. Brutal, emocionante e fodidamente rockeiro. Scorsese filmou o concerto e entrevistou maxistralmente á banda, dando lugar a un dos documentais máis conmovedores da historia. Os pelos de punta...
THE VELVET UNDERGROUND. VELVET UNDERGROUND & NICO. (1967)
Estes tíos podian ser un puto coñazo (solo hai que oir algunha das cancións deste disco), pero tamén podían ser uns putos xenios. Como dixen antes, quitando algunha mierdecilla que non ven o caso (quén cojones é Nico???), este disco é unha puta obra de arte, e non porque o tontito/estafador de Warhol andivera por ahí, senón por uns músicos experimentais ata o extremo, con actitude, e rocknroll (punk) na sangre, joderr. Cale e Lou Reed eran uns xenios (despois o fodido envidioso de Reed o botaría fora do grupo) que gustaban dos sonidos distorsionados e atonais (vamos, típico dos 40 principais...)
Pensade que neses anos, onde todo era buen rollito jipi, estes tíos foron un auténtico tripi chungo. Negativos. Polémicos... Sadomasoquismo. Travestismo. Heroína... Non é de estranar que non venderan unha puta merda! Pero ahí está o disco, unha xoia de culto que influiu en toda puta corrente underground que viría despois.
Co tempo, a Velvet subiría, baixaría, e volvería a subir o nivel, pero este disco é o manifiesto de de qué van. Vaia tropilla!!!!
BOB DYLAN. HIGHWAY 61 REVISITED (1965)
Dylan eléctrico, a mellor noticia para o rock and roll (no disco anterior xa apuntaba cara este estilo). Os folkies cajáronse nel, pero el tiñao claro: O rock era o seu, e con este discazo demostrouno, xunto a Mike Bloomfield, Al Kooper, etc, que lle metéron o veneno do blues, e que el asimilou maxistralmente cunha clarísima influencia do seu mentor, Johnny Cash, e coa súa propia influencia (Dylan xa era un mito daquela, con 24 anos...). Discazo. Bombazo. Revolucionario... Despois tocaría con The Band, a mellor banda de acompañamento da puta historia, xunto a Mother Superior e Booker T. & M.G's... No seguinte, "Blonde on Blonde"(1966), tamén chegou a límites nunca vistos no rock, pero eu quédome con este disco... Blusero, caralludo, etílico e nocturno... O single, merecedor de "mellor canción da historia" por moito listillo, é, como non, "Like a rolling stone", unha canción que golpea directamente no corazoncito de calquera...
