HEREDEIROS DA CRUS. A CUADRILLA DE PEPA A LOBA (1995) Os Rolling Stones Galegos, sen dúbida. Elegantes como Frank Sinatra, Excentricos como Bowie, Intensos en directo cuan AC/DC, Cunhas letras que serían a envexa de Leonard Cohen, Cunha actitude comparable a Sex Pistols... Estes tios, hai que falar claro, mexan por calqueira grupo de Rock- pasado e presente-en galego. Quen teña juevos que me cite un grupo máis mítico que estes fillos de puta... No ano 95, apareceron estes tios revolucionando a un jrupo de adolescentes que estaban a experimentar con novas experiencias etílicas. Qué grandes tiempos!!!! Ninguén daba crédito ó que sonaba nos cassetes. A miña cinta, acabou desintegrándose de tanto escoitala. Pero da igual, quedou grabada na miña cabeza, como ferro candente, disposta a ser utilizada en calqueira cena-borracheira-festa . Efectivamente, este disco contén himnos de borracheira ("Quero Josar"), a anos luz de trapalladas pseudo-alcólicas de calidade musical nula, estilo lavastumbär. Tamén ten cancións fermosas, que beben directamente de Rosalía ("Ai, machotiño"), apoloxías da rebeldía xuvenil ("Operasión champú"), poesías sobre os tempos pasados ("A cuadrilla de Pepa Loba") ou sobre a esclavitude do traballo ("Juan Ramón") e da vida mesma ("De Jesusiño fixeron un Cristo"). Música experimental ("La Rana", "Másame vivo"), Ramalazos patrióticos( "Eya-culasión feros"), pero sobre todo, esa maravilla chamada "O fillo de José" que para min, debería sustituir a esa merda prepotente e fascistoide que é o himno galego actual. Unha canción que che fai encher os ollos de bágoas, por ser unha música máis galega que a catedral, e tamén dicir verdades coma puños. Da esquisita portada xa non dijo nada... Xuzgade por vós mesmos...
3 comentarios:
Cajonojlorio , xa me tardaban!!!! vota heredeiros! xD
¿cómo non ían estar os mellores músicos de RNR nacidos nestas terras...? O mellor directo en galego.
sen dubida o mellor disko, e o uniko ke teño orixinal xDDD... mmmm tamén kreo ke é o mellor pq dicen ke non tokaban os instrumentos eles mesmos nese disko xDDDDD
Publicar un comentario