U2. THE JOSHUA TREE (1987) Este disco lanzou ó estrellato mundial ós irlandeses, que ata agora estaban sendo honestos e relativamente desconocidos para a gran industria. Un grupo de bos rapaces católicos cun puñao de bos discos as súas espaldas chegaron ó máis alto no 87 (bó ano para o RNR) con esta verdadeira obra mestra. Si... Seino... meter a U2 nesta lista, tal e como está o patio últimamente, sona pouco menos que ridículo, pero para o meu gusto, este álbum mereceo que te jiñas. Envellece de puta nai, e ten unha colección de singles que non me podedes negar que son dunha calidade sorprendente. Que llo pregunten a grupos actuais como os sensacionais Marah, que non teñen reparos en facer versións súas. Tras esto, as superestrellas cambiaron tanto no musical ("Achtung baby" dou un xiro ainda respetable no son que estaban a facer) como no resto. Agora son unha ridícula parodia, uns multimillonarios que parecen incapaces de levantar cabeza no musical, e ademáis son amiguetes de BILL GATES!!!! si, Bono e "a besta" Bill: O Anticristo, as veces rascan os seus solidarios petos e axudan aos negritos que morren de fame por culpa de... o propio BILL. TIENE COJONES LA COSA!!!. En fin... Olvidemos esta desagradable reflexión e disfrutemos de temazos como "With Or Without You", "Trip Through Your Wires", "I Still Haven't Found What I'm Looking For" ou "Bullet The Blue Sky".

RAINBOW. RISING (1976) Situémonos: 1975. Marcha o guitar-hero Ritchie Blackmore duns cada vez máis negratas (e coñazo) Deep Purple, e monta Rainbow, un grupo feito a medida para a sua xenial persona. Un excepcional disco de debut co "gran" cantante Ronnie James Dio. Tras varios cambios, no 76 o grupo estabilízase máis ou menos con Cozzy Powell bourando na batera. e sale este disco: Rainbow's Rising. Todo dios queda flipao. Todos conocemos a ese Blackmore dos Deep Purple, unha estrana mezcla entre Hendrix e Paganini... Un tio que se pode dicir que foi o primeiro "guitarra jevi", o creador de Riffs perfectos, un tio que todo dios describe como "un arrogante hijo de puta"... Pois aquí en Rainbow, a cousa segue igual, solo que respaldado por dous fenómenos como Dio e Powell. Este supagroup sacarán adiante o discazo do que estamos a falar, pura e dura dinamita roqueira que todo o mundo con sangue nas venas debería ter no seu poder. Dous exemplos das 6 maravillas que esconde este artefacto: "Tarot Woman" e "Stargazer"... Blackmore+Dio= Rock and Roll de calidade. Para min, este grupo merece sen lugar a dudas estar no olimpo do hard-rock formando unha santísima estrepia xunto a Black Sabbath e Led Zeppelin.

DEEP PURPLE. BURN (1974) Todo o mundo quería a Ian Gillian... Normal. Todos os himnos de Deep Purple, anclados como ladillas no noso subconsciente colectivo terán sempre a súa acojonante voz nas nosas mentes. Este tío chegaba ós rexistros mais agudos ("Child on Time"..., por poñer un puto exemplo). Pero no 74 deixou a Blackmore e cía., deixando un jueco fodido de encher (xa sabedes... O mesmo pasou con Bon Scott, Dee Dee Ramone, Brian Jones ou Ozzy, aparentemente insustituibles, e ... bueno... as apariencias enganan.) Dous novos membros en Deep Purple, para min, melloraron o seu son, o seu Rock and Roll, a súa música... David Coverdale (recomendable voz tamén nos brillantes Whitesnake) e o fankeiro baixista Glenn Hughes (tamén con voz agudirma e un virtuoso do baixo, que acompaña a Coverdale cuns coros maxistrais). Ademais temos as almas dos Purple: Blackmore, que se vivira J.S.Bach sería o seu fan, e a John Lord e o seu característico (e trepanador) Jámon. Sí... Seguramente non coincidiredes conmigo e preferides o "In Rock"(1970) coa formación que todos temos en mente (e no corazón)... NORMAL, son tantas e tantas cancións excepcionais... Pero eu que son atravesado, quédome con esta nova etapa para os Purple : "Burn", que facendo honor ó seu nome, ten cancións (tan míticas como Black Night ) que riete tí dos HIJOSDEPUTA dos incendiarios que andiveron prendendo lume nos montes este verán... En fin... Mellor cambiar de tema. BURN, amiguitos... Un disco que non me negaredes que como mínimo merece estar entre os 100 mellores.

TOM WAITS. RAIN DOGS (1985) Existe un músico máis persoal, máis loco, máis xenial que Tom Waits... ? Poucos hai... Este tio adicase a sacar obra mestra tras obra mestra sen inmutarse, facendo as delicias tanto de intelectuais listillos como de sinxelos amantes da música. Este disco exemplificaría en forma de pedra angular a súa carreira. Dende o clásico blues ("Union Square" "Big Black Mariah") ata os ritmos máis alocados ("Singapore"). De ecos stoogianos ("Clap Hands") ou rollo circense ("Cemetery Polka") a ritmillos que agora están de moda ("Jockey Full of Bourbon"). De baladas nostálxicas ("Time") a clásicos do rock ("Downtown Train")... vamos que on vou dar máis títulos, os que non o conozcades, metédevos de cheo nesta magnífica merda. Un disco arrepiante. Música para pechar un bar, aderezada cos máis exóticos sons, esas orixinais percusións e esa portentosa voz de borracho feita unha merda polo bourbon... E unhas letras que, como Dylan ou Springsteen, teñen a facultade de contar unha acojonante historia nuns cantos versos. Tom Waits é á música o que Klaus Kinski á interpretación, un tio que vai máis alá, que busca, que innova, ainda que iso lle custe a cordura en moitos casos. Un músico como poucos. Un músico dos que debería haber máis.

AC/DC. BACK IN BLACK (1980) Cando morreu Bon Scott (1974-1979) por afogar ca sua propia mascada todo dios inevitablemente pensou: AC/DC están acabados... se queren seguir, que sigan, pero con outro nome!!!!... JODER, que puto error!!!! Home... por razóns sentimentais, eu prefiro ó grandirmo BON, pero hai que recoñecerlle a Brian Johnson o que se merece. O cabrón foi (é) un moi digno sustituto de un tipo insustituible. E AC/DC non só non a palmaron con Bon, senón que cuan ave fenix australiana, resucitaron creando O SEGUNDO DISCO MÁIS VENDIDO DA HISTORIA!!!! Acojonante... Se non o tes, adquíreo pero YA. Vaia obra mestra!... Non só ten unha portada bellirma ... A pesar de recordar a traxedia do cabrón de Bon (estaba adicado a el), esta obra de arte comparable a un Rembrandt destaca por ser sabrosa como o churrasco, embriajadora como un barrantes, satisfactoria como unha cópula, sólida como o aceiro, con sentido do humor, coñera, alegre, cos clásicos Riffs de Malcolm, os solos chuckberryanos de Angus, unha excelente voz de Brian Jonson, ese ritmo que nos fai dicir SIII !!! coa cabeza, o hard-rock medio blusero... O que é un disco de AC/DC, cos seus característicos himnos inmortais: "Hells bells"!!!!, "Shoot to thrill"!!! "What Do You Do for Money Honey" !!!! (ostia!!) "Let Me Put My Love into You"!!!! "Back in Black"!!!!! ( ÑO!!) "You Shook Me All Night Long"!!!!!!!! OHHHHH!!!!!! OHHHHHH!!!!!!!! Non sigo... Non podo.... MMMMHHH!!!!!! GRRRHHHG!!!!

GRAM PARSONS. GP (1973)/GREVIOUS ANGEL (1974) O individuo máis carismático do Rock and Roll. Ademáis de influir a todo aquel que se cruzara no seu camiño (os Byrds, Keith Richards ...) Este tío era un puto revolucionario. En plena psicodelia, el reivindicou a música fascista por excelencia: O country!!!. Cando todo dios estaba pendentes das paranoicas Jams PSICOTRÓPICAS de Grateful Dead ou Jefferson Airplane, Parsons, influido por Elvis e Hank Williams, pódese dicir que inventou o Country-Rock, unha das músicas máis influintes de todolos tempos. Os jipis pasaron del, pois esa música era fascistoide e molaballe a os seus pais, e os cowboys rednecks considerábano "un maricón". Cando tocaba en antros de "música espiritual branca" (como Gram denominaba ó Country) tirábanlle cousas e gritábanlle lindezas do tipo de "corta o pelo, maricón", etc... Pero Gram non se achantou. Contracorrente, e tras pasar polos Byrds e facer o mellor disco destes: "Sweetheart of the rodeo (1968), Gram fundou os xeniais Flyin' Burrito Brothers e finalmente en solitario fixo estas duas putas obras mestras, inmortais, fermosas. O 19 de setembro do 73, morrería de sobredosis de heroina en Joshua Tree, antes de comprobar que estes discos non terían (incomprensiblemente) un éxito masivo, pero que se convertirian en discos de culto para calquera amante do ROCK and ROLL. Aquí colaboran a bellísima Emmylou Harris, Linda Ronstadt, James Burton... E nalgúns momentos os pelos póñense como putas escarpias, e unha lagrimilla caeche polos ollos. Noutros, aceleras tanto que dan ganas de enfundarse nun sombreiro de cowboy e tirar botellas de cervexa contra as paredes. Música country pura e dura, ou country- Rock, pero espírito 100% rockeiro.

JEFF BECK. TRUTH (1968) BECK-OLA (1969) Que ben cando marchou o purista Eric Clapton dos Yardbirds e chegou este tolo das 6 cordas!!!. (Vaia grupo, despois viría Jimmy Page...) O gran JEFF BECK!!! Sen dubida, un ser doutra galaxia, un revolucionario e un creador de novas músicas co seu estilo, pioneiro do Heavy ou o Garage. Amo os Yardbirds con Beck, pero Beck en solitario conserva ese espírito, e ademáis arroupado por unha banda que quita o hipo. Agarradevos: Rod Stewart ás cordas vocais, Ron Wood ó baixo, Nicky Hopkins ós teclaos... Todos eles tocando blues-rock, pero cun novo estilo, un pouco máis duro, un pouco máis alá. Outro gran avance para a música. Nunca haberá agradecementos suficientes para os pais desta xente, por concebir esos pedazo de monstruos. Existe unha edición (esta) que inclúe os dous discos con esta irrepetible formación. "Truth" e "Beck-ola" xuntos, para deleite dos fanáticos da boa música. CALIDADE CON maiusculas. De Jeff Beck tamén recomendaría con fervor o seu homenaxe ó xenial (para min do mellor en 6 cordas) Cliff Gallup, guitarra dos Blue Caps de Gene Vincent, chamado "Crazy Legs" (1993). Disco irrepetible.

GRAND FUNK . "WE'RE AN AMERICAN BAND" (1973) O grupo preferido de Homer Simpson, con eso xa vos digo todo... Normal... Este grupo chegou a humillar como teloneiros a os mesmísimos Led zeppelin, ata que o manager destes, Peter Grant, optou por desenchufar os cables co seu particular estilo mafioso. Este espectacular trio (cuarteto dende o 72) non se andaba con coñas. Non só tocaban de puta nai e eran puro RNR senon que en directo, literalmente entolecían ás masas de patilludos fumadores de herba que (hijosdeputa, que sorte tiveron) viron os seus espectáculos. E fiel a estes catárquicos shows, este disco non ten desperdicio. 8 temazos 8. Himnos Hard-rockeiros con raices blues. Uns peludos facendo moito ruido co máis básico. Rock and Roll demoledor, do que só se facia nos maravillosos 70's. Bos tempos para o rock. E cito a Homer: "No conocéis a Grand Funk? ¿Las letras descamisadas de Mark Farner? ¿El bajo quebrantahuesos de Mel Schacher? ¿La habilidad a la batería de Don Brewer?...” Un gusto impecable, o bó de Homer.

MC5. BACK IN THE USA (1970) Detroit era daquela (1965-1972) unha puta cloaca da que saldrían elementos da talla de Iggy, Alice Cooper ou estes "pre-punks" que descargarían rabia e intensidade roqueira en plena época jipi. E xa se sabe que daquela, levabase o bó rollo e o todo vai ben. Pero evidentemente, a cousa non podía ir peor para algúns (Vietnam, racismo amazo, Nixon, obreiros queimaos, todo dios protestando) O rock foi a válvula de escape, como suele pasar. Un rock crudo, enfermizio, rítmico como o vudú, anárquico, reivindicativo, violento, estridente e con pouca melodía e moita distorsión. Un tripi chungo. Os jipis asustados, fuxían deste tipo de música "violenta", pero ós veteranos do Vietnam moláballes amazo. Este disco é o máis rock'n'roll da banda xemela dos Stooges de Detroit. Antes sacarían un incendiario "Kick out the Jams" M.F.!!!), disco acojonante e tamén imprescindible (debería estar ocupando este sitio), pero radicalmente distinto a este, tanto no musical (o "kick..." caótico e barroco e este simple e directo) como nas letras (da reivindicación política á clásica letra rock and roll). Para min, unha gran melloría. Despois deleitaríannos con "High Time", outra puta bomba de reloxería, que suporía o seu final como banda (1971). Xa se sabe... drojas non stop, tensións internas, música pouco comercial... Unha mestura para mandar a tomar polo cú a un quinteto de xente pouco recomendable. Máis tarde, seguirían facendo cousillas de alto voltaxe rockeiro, como por exemplo Fred "Sonic" Smith, o guitarrista tarado, que ademáis de casarse con Patti Smith, fundou a Sonic's Rendezvous Band, unha excelente continuación da mala hostia detroiteira. Cabe destacar tamén que os MC5 formarían parte da organización ideolóxico-política "White Panthers", paralela ó grupo. Se teño que fiarme dalgun programa político de calquera hijoputa maquiavélico, quédome co destes tios, e os seus 10 puntos.

PHIL SPECTOR. BACK TO MONO (1958-69) (1991) ¿Un tolo? ¿Un adiantado o seu tempo? ¿Un puto xenio? ¿Un psicópata perfeccionista? ¿Un tío xudeu que se cre nejro? ¿Un hijoputa que lle fixo a vida imposible á sua muller, Ronnie das Ronnetes? Todo isto é verdade. ¿O mellor productor da historia...? Eu digo SIIII. E esta maravillosa caixa con sesenta perlas demostrao. Para este tío, as cancións eran o primeiro. E esculpia nelas ata sacar a perfección. Evidentemente, o mérito non é todo del... Este disco ten artistas da talla de Ronnetes, Crystals, Ike e Tina, Darlene Love... Todo un deleite para os oidos de calquera. Pero el sacaba ese puto sonido, mecaguenlaputa!!! A selección de temas (60, insisto) deixa fora o traballo que fixo con Beatles (que despois sería criticado polo oligofrénico de Paul Mc.), o dos beatles por separado (todo Lennon, por exemplo), ou dos Ramones ( End of Century, un dos seus discos máis incomprensiblemente frouxos en conxunto, pero con temas da talla de "Do You Remember Rock 'N' Roll Radio?"...). Pero non hai fallo... Este disco é 100% TNT. Non falamos só dun pringao con pistolas e peluca... Este tío produxo (e compuxo) os grandes himnos da música dende J.S. Bach !!!! Só vou citar un exemplo (por certo, dentro desta excelente recopilación): BE MY BABY. Pódese afirmar científicamente que esta canción é perfecta. PERFECTA, JODERR (perdoade, pensar nela e me emociono...). AHHH, Back to mono. Todo o mundo debería ter esta obra mestra no seu poder "ipso facto"...