TOM WAITS. RAIN DOGS (1985)
Existe un músico máis persoal, máis loco, máis xenial que Tom Waits... ? Poucos hai... Este tio adicase a sacar obra mestra tras obra mestra sen inmutarse, facendo as delicias tanto de intelectuais listillos como de sinxelos amantes da música. Este disco exemplificaría en forma de pedra angular a súa carreira. Dende o clásico blues ("Union Square" "Big Black Mariah") ata os ritmos máis alocados ("Singapore"). De ecos stoogianos ("Clap Hands") ou rollo circense ("Cemetery Polka") a ritmillos que agora están de moda ("Jockey Full of Bourbon"). De baladas nostálxicas ("Time") a clásicos do rock ("Downtown Train")... vamos que on vou dar máis títulos, os que non o conozcades, metédevos de cheo nesta magnífica merda. Un disco arrepiante. Música para pechar un bar, aderezada cos máis exóticos sons, esas orixinais percusións e esa portentosa voz de borracho feita unha merda polo bourbon... E unhas letras que, como Dylan ou Springsteen, teñen a facultade de contar unha acojonante historia nuns cantos versos. Tom Waits é á música o que Klaus Kinski á interpretación, un tio que vai máis alá, que busca, que innova, ainda que iso lle custe a cordura en moitos casos. Un músico como poucos. Un músico dos que debería haber máis.
AC/DC. BACK IN BLACK (1980)
Cando morreu Bon Scott (1974-1979) por afogar ca sua propia mascada todo dios inevitablemente pensou: AC/DC están acabados... se queren seguir, que sigan, pero con outro nome!!!!... JODER, que puto error!!!! Home... por razóns sentimentais, eu prefiro ó grandirmo BON, pero hai que recoñecerlle a Brian Johnson o que se merece. O cabrón foi (é) un moi digno sustituto de un tipo insustituible. E AC/DC non só non a palmaron con Bon, senón que cuan ave fenix australiana, resucitaron creando O SEGUNDO DISCO MÁIS VENDIDO DA HISTORIA!!!! Acojonante... Se non o tes, adquíreo pero YA.
Vaia obra mestra!... Non só ten unha portada bellirma ... A pesar de recordar a traxedia do cabrón de Bon (estaba adicado a el), esta obra de arte comparable a un Rembrandt destaca por ser sabrosa como o churrasco, embriajadora como un barrantes, satisfactoria como unha cópula, sólida como o aceiro, con sentido do humor, coñera, alegre, cos clásicos Riffs de Malcolm, os solos chuckberryanos de Angus, unha excelente voz de Brian Jonson, ese ritmo que nos fai dicir SIII !!! coa cabeza, o hard-rock medio blusero... O que é un disco de AC/DC, cos seus característicos himnos inmortais: "Hells bells"!!!!, "Shoot to thrill"!!! "What Do You Do for Money Honey" !!!! (ostia!!) "Let Me Put My Love into You"!!!! "Back in Black"!!!!! ( ÑO!!) "You Shook Me All Night Long"!!!!!!!! OHHHHH!!!!!! OHHHHHH!!!!!!!! Non sigo... Non podo.... MMMMHHH!!!!!! GRRRHHHG!!!!
GRAM PARSONS. GP (1973)/GREVIOUS ANGEL (1974)
O individuo máis carismático do Rock and Roll. Ademáis de influir a todo aquel que se cruzara no seu camiño (os Byrds, Keith Richards ...) Este tío era un puto revolucionario. En plena psicodelia, el reivindicou a música fascista por excelencia: O country!!!. Cando todo dios estaba pendentes das paranoicas Jams PSICOTRÓPICAS de Grateful Dead ou Jefferson Airplane, Parsons, influido por Elvis e Hank Williams, pódese dicir que inventou o Country-Rock, unha das músicas máis influintes de todolos tempos. Os jipis pasaron del, pois esa música era fascistoide e molaballe a os seus pais, e os cowboys rednecks considerábano "un maricón". Cando tocaba en antros de "música espiritual branca" (como Gram denominaba ó Country) tirábanlle cousas e gritábanlle lindezas do tipo de "corta o pelo, maricón", etc... Pero Gram non se achantou. Contracorrente, e tras pasar polos Byrds e facer o mellor disco destes: "Sweetheart of the rodeo (1968), Gram fundou os xeniais Flyin' Burrito Brothers e finalmente en solitario fixo estas duas putas obras mestras, inmortais, fermosas. O 19 de setembro do 73, morrería de sobredosis de heroina en Joshua Tree, antes de comprobar que estes discos non terían (incomprensiblemente) un éxito masivo, pero que se convertirian en discos de culto para calquera amante do ROCK and ROLL.
Aquí colaboran a bellísima Emmylou Harris, Linda Ronstadt, James Burton... E nalgúns momentos os pelos póñense como putas escarpias, e unha lagrimilla caeche polos ollos. Noutros, aceleras tanto que dan ganas de enfundarse nun sombreiro de cowboy e tirar botellas de cervexa contra as paredes. Música country pura e dura, ou country- Rock, pero espírito 100% rockeiro.
JEFF BECK. TRUTH (1968) BECK-OLA (1969)
Que ben cando marchou o purista Eric Clapton dos Yardbirds e chegou este tolo das 6 cordas!!!. (Vaia grupo, despois viría Jimmy Page...) O gran JEFF BECK!!! Sen dubida, un ser doutra galaxia, un revolucionario e un creador de novas músicas co seu estilo, pioneiro do Heavy ou o Garage. Amo os Yardbirds con Beck, pero Beck en solitario conserva ese espírito, e ademáis arroupado por unha banda que quita o hipo. Agarradevos: Rod Stewart ás cordas vocais, Ron Wood ó baixo, Nicky Hopkins ós teclaos... Todos eles tocando blues-rock, pero cun novo estilo, un pouco máis duro, un pouco máis alá. Outro gran avance para a música. Nunca haberá agradecementos suficientes para os pais desta xente, por concebir esos pedazo de monstruos. Existe unha edición (esta) que inclúe os dous discos con esta irrepetible formación. "Truth" e "Beck-ola" xuntos, para deleite dos fanáticos da boa música. CALIDADE CON maiusculas.
De Jeff Beck tamén recomendaría con fervor o seu homenaxe ó xenial (para min do mellor en 6 cordas) Cliff Gallup, guitarra dos Blue Caps de Gene Vincent, chamado "Crazy Legs" (1993). Disco irrepetible.
GRAND FUNK . "WE'RE AN AMERICAN BAND" (1973)
O grupo preferido de Homer Simpson, con eso xa vos digo todo... Normal... Este grupo chegou a humillar como teloneiros a os mesmísimos Led zeppelin, ata que o manager destes, Peter Grant, optou por desenchufar os cables co seu particular estilo mafioso. Este espectacular trio (cuarteto dende o 72) non se andaba con coñas. Non só tocaban de puta nai e eran puro RNR senon que en directo, literalmente entolecían ás masas de patilludos fumadores de herba que (hijosdeputa, que sorte tiveron) viron os seus espectáculos. E fiel a estes catárquicos shows, este disco non ten desperdicio. 8 temazos 8. Himnos Hard-rockeiros con raices blues. Uns peludos facendo moito ruido co máis básico. Rock and Roll demoledor, do que só se facia nos maravillosos 70's. Bos tempos para o rock.
E cito a Homer: "No conocéis a Grand Funk? ¿Las letras descamisadas de Mark Farner? ¿El bajo quebrantahuesos de Mel Schacher? ¿La habilidad a la batería de Don Brewer?...” Un gusto impecable, o bó de Homer.
MC5. BACK IN THE USA (1970)
Detroit era daquela (1965-1972) unha puta cloaca da que saldrían elementos da talla de Iggy, Alice Cooper ou estes "pre-punks" que descargarían rabia e intensidade roqueira en plena época jipi. E xa se sabe que daquela, levabase o bó rollo e o todo vai ben. Pero evidentemente, a cousa non podía ir peor para algúns (Vietnam, racismo amazo, Nixon, obreiros queimaos, todo dios protestando) O rock foi a válvula de escape, como suele pasar. Un rock crudo, enfermizio, rítmico como o vudú, anárquico, reivindicativo, violento, estridente e con pouca melodía e moita distorsión. Un tripi chungo. Os jipis asustados, fuxían deste tipo de música "violenta", pero ós veteranos do Vietnam moláballes amazo.
Este disco é o máis rock'n'roll da banda xemela dos Stooges de Detroit. Antes sacarían un incendiario "Kick out the Jams" M.F.!!!), disco acojonante e tamén imprescindible (debería estar ocupando este sitio), pero radicalmente distinto a este, tanto no musical (o "kick..." caótico e barroco e este simple e directo) como nas letras (da reivindicación política á clásica letra rock and roll). Para min, unha gran melloría. Despois deleitaríannos con "High Time", outra puta bomba de reloxería, que suporía o seu final como banda (1971). Xa se sabe... drojas non stop, tensións internas, música pouco comercial... Unha mestura para mandar a tomar polo cú a un quinteto de xente pouco recomendable. Máis tarde, seguirían facendo cousillas de alto voltaxe rockeiro, como por exemplo Fred "Sonic" Smith, o guitarrista tarado, que ademáis de casarse con Patti Smith, fundou a Sonic's Rendezvous Band, unha excelente continuación da mala hostia detroiteira.
Cabe destacar tamén que os MC5 formarían parte da organización ideolóxico-política "White Panthers", paralela ó grupo. Se teño que fiarme dalgun programa político de calquera hijoputa maquiavélico, quédome co destes tios, e os seus 10 puntos.
PHIL SPECTOR. BACK TO MONO (1958-69) (1991)
¿Un tolo? ¿Un adiantado o seu tempo? ¿Un puto xenio? ¿Un psicópata perfeccionista? ¿Un tío xudeu que se cre nejro? ¿Un hijoputa que lle fixo a vida imposible á sua muller, Ronnie das Ronnetes? Todo isto é verdade.
¿O mellor productor da historia...? Eu digo SIIII.
E esta maravillosa caixa con sesenta perlas demostrao. Para este tío, as cancións eran o primeiro. E esculpia nelas ata sacar a perfección. Evidentemente, o mérito non é todo del... Este disco ten artistas da talla de Ronnetes, Crystals, Ike e Tina, Darlene Love... Todo un deleite para os oidos de calquera. Pero el sacaba ese puto sonido, mecaguenlaputa!!! A selección de temas (60, insisto) deixa fora o traballo que fixo con Beatles (que despois sería criticado polo oligofrénico de Paul Mc.), o dos beatles por separado (todo Lennon, por exemplo), ou dos Ramones ( End of Century, un dos seus discos máis incomprensiblemente frouxos en conxunto, pero con temas da talla de "Do You Remember Rock 'N' Roll Radio?"...). Pero non hai fallo... Este disco é 100% TNT.
Non falamos só dun pringao con pistolas e peluca... Este tío produxo (e compuxo) os grandes himnos da música dende J.S. Bach !!!! Só vou citar un exemplo (por certo, dentro desta excelente recopilación): BE MY BABY. Pódese afirmar científicamente que esta canción é perfecta. PERFECTA, JODERR (perdoade, pensar nela e me emociono...). AHHH, Back to mono. Todo o mundo debería ter esta obra mestra no seu poder "ipso facto"...
THE BEATLES. WHITE ALBUM (1968)
Serei sincero: Odio irracionalmente os beatles, pero, sendo un pouco obxetivo este disco merece estar entre os 100 mellores (da miña lista persoal, que quede claro) polas seguintes razóns:
1)"Helter Skelter"
2) Este album "inspirou" entre outros a Charles Manson, un simpático jipi.
3)Este disco foi o principio do fin dos Bitels, en parte pola continua presencia de Yoko nas sesión de grabación, que "colabora" nun par de temas
4)"Helter Skelter", a mellor canción dos bitels
5) O disco é cojonudo en conxunto, hai que admitilo, o mellor dos sempre sobrevalorados Beatles
6)Grandes cancións para todos os gustos, innovadoras e inspiradoras. A mellor: SIIIII:
7) "HELTER SKELTER"... e pensar que canta o atontao de PAL McA!!!!!!!, INCRIBLE!!!!!
8) A portada é brillante
9) Ten coña a cantidade de mensaxes secretos que podían ter os vinilos. Este ten miles e miles de anecdotas que darían para un libro. Se alguen escribe un, que mo faga saber.
10) "HELTER SKELTER"... Das mellores da historia...? mmm...
En resumo: IMPRESCINDIBLE. Se non o tedes, BAIXADE O DISCO, NON O COMPREDES!!!!!!
N.W.A. STRAIGHT OUTTA COMPTON (1989)
Niggaz With Attitude!!! Si señorrr. Formados en Compton, onde un blanco non tería güevos a poñer os pés, deron inicio ó chamado Gangsta Rap, con letras chungas de verdade, violentas e machistas, exhaltando o crimen e a delincuencia. Sí... non eran os jackson 5, pero a súa música ainda pon a pel de galiña hoxe en día. Musica que sona a negros cabreados: Dr. Dre (excelente productor), Ice Cube (hoxe pésimo actor vendido ó home blanco), Eazy-E ( que deus o teña na gloria), MC Ren, DJ Yella, Arabian Prince e The D.O.C. Todos eles encheronse a gañar pelas como rapeiros, mentres fodian ó sistema. Si señor, cantade todos comigo: FU-FU-FU-F-F-F-FUCK THA POLICE!!!!!
PIXIES. SURFER ROSA (1988)
Excepcional debut en larga duración dunha das bandas máis potentes da época, influintes como poucas. É incrible que, sendo do ano da pera, este disco sone tan fodidamente actual. Parece que se grabou onte. Polo demais, puro Pixies, un grupo de culto, que paradóxicamente é respetado pola inmensa maioría do público e da crítica, dende a audiencia máis pop e susceptible de ser exterminada con lanzallamas, ata a audiencia máis punk jardcore descerebrada e tamén susceptible de ser exterminada cun lanzallamas. Todo Pixies é recomendable (eu considero mellor a primeira época), ademáis do grupo da baixista Kim Deal coa súa irmá xemela , As Breeders.
