PANTERA. VULGAR DISPLAY OF POWER (1992) Se falamos de Heavy Metal de calidade, con música e letras de caracter intelectual, rozando o conceptual, Pantera é o noso grupo. Naturais de Texas e mamando KISS e os Judas dende pequenos, estes catro fenómenos co xenial Phil Anselmo ó frente, sorprenderon a todo dios con este disco poderoso, revolucionario e estrano. Unha bomba de reloxería dificilmente superable. Mogollón de peña se apuntou a este estilo, intentando copiar a Pantera, pero Pantera só hai uns. Anselmo, yonki rabioso cunha sensibilidade poética fora de toda dúbida, uniuse ós irmans Abbott (que tanto adoraban Kiss coma o Jazz) no 87, e pouco a pouco foron buscando un estilo, que chegou ás máximas consecuencias na xenial triloxía que todos os que medramos nos 90 temos en mente: "Cowboys from Hell" (1990), "Vulgar..." (92) e "Far Beyond Driver" (94), tres excelentes discos que algún día serán reivindicados polos pijos snob de turno. Letras estremecedoras, música atronadora, ruido ben feito... ROCK AND ROLL, ó fin e o cabo. Este album contén temas históricos do S.XX. Para empezar o primeiro, "Mouth For War". Segiranlle obras mestras da talla de "Walk", "Fucking Hostile" ou "Rise", por poñer algúns exemplos. Con estas cancións, demostraron que o jevi non é precisamente para descerebrados nin jañáns. Un album violento, real e directo. Como a súa portada. Dache unha bóa hostia pa que despertes, joder. Como dato mórbido chungo temos que dicir que un psicópata (na miña opinión preparado pola CIA en colaboración con Bill Gates) acabou coa vida do xenial (e amante dos porros) guitarrista Dimebag Darrell en plena actuación no 2004, levándose por diante a varias persoas máis, e convertindoo nunha maior lenda, se cabe. Algúns medios compararon o suceso coa morte de John Lennon... Para min está claro. Esos fillos de puta e as súas apestosas multinacionais nunca acabaran co rock and roll. Descansa en paz, Dimebag, que xa gañaches o ceo dos guitarristas fai tempo.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Grande. Grande
¿Y que tal Slayer...?

* dijo...

Slayer...?
Adoro a Slayer.
Ainda que non son un gran conocedor do grupo o seu "Undisputed Attitude"(96) punkarra sempre estará no meu puto corazón, e respeto moitísimo o "Reign in Blood"(86). Gran grupo, moi comparable a Pantera.