Ben... Pois aquí están os 100 discos que por un motivo ou outro considero imprescindibles... Evidentemente, quedan moitos por poñer (máis Motown, Tías como Tina, Wanda Jackson ou L7, bandas de actualidade como Wolfmother ou The Hangmen, mitos como Wilson Picket, Marvin Gaye ou Dick Dale, punks como Television, The Clash, The Damned, Dead Kennedys ou The Cramps, xenios como Iggy, The Kinks, Allman brothers ou The Yardbyrds, clásicos como Rory Gallagher, Cream ou Canned Heat, prehistóricos como Howlin' Wolf, Screamin' Jay Hawkins, Willie Dixon, Muddy Waters..., ou mesmo grupos de instituto como Pearl Jam, Rancid ou o "Smash" de Offspring...) Si... Quizais habería que cambiar algún, pero os gustos son (e deben ser) así... Cambiantes e caprichosos... Por eso, os discos non están postos con ningún tipo de orden de preferencia e a súa selección é producto da época na que os seleccionei. Para facer a lista tiven en conta: - A súa importancia e influencia na música en xeral(Ramones, Who, Black Sabbath, Stones, Beatles, Dylan,...) - A importancia individual que tiveron para min (Redd Kross, Creedence, Dead Boys, Mother Superior, Hanoi Rocks...) -Ademáis, e salvo casos excepcionais, só puxen un disco por grupo, polo que, por exemplo non puxen o "Ramones", porque xa puxen "It's Alive", non puxen o "Raw Power", pois está "Fun House", ou non puxen "My Generation" xa que puxen "Live at Leeds"... Esto da lugar a unha lista non moi distinta da túa, ¿ou...?