CURTIS MAYFIELD. SUPERFLY (1972) Chicago. Anos 70. Do barrio máis chungo e inmundo surxe a música máis negra que se poida escoitar. Trátase dun compositor, cantante e guitarrista con longa traxectoria musical nos anos sesenta (autor de "People Get Ready", etc...). Amante do gospel (música que despois derivaría en soul cando se introduce o sexo, e despois en Funk, cando o sexo xa é explícito) e moi orgulloso da súa cor de pel, Curtis (que non era de Curtis... jeje...) colle o liderazgo musical da súa raza (Axudado por James Brown, Marvin Gaye... entre outros), e cunha poesía estremecedora, cántalle cuan trovador afro ás maravillas e miserias do seu castigado pobo. Este disco, banda sonora orixinal da película homónima (desgraciadamente ainda non a vin), é o mellor exemplo da súa grandiosa música. Os elegantes falsetes que fai, esa atmósfera funky setenteira, con arreglos musicais impactantes e cun ritmo latino moi apto para "haser el amor" e unha letras EXCEPCIONAIS... A peli vai do típico gangster negrata, polo que a temática das cancións de Curtis son claras: Os problemas do ghetto ("Little child runnin' wild"), O oficio do camello (esa maravillosa letra en "Pusherman" ou "Eddie you should know better"), O mal do drojadicto ("Freddie's dead"), o ben que presta a droja ("No thing on me (Cocaine song)") e o resumo de todo esto ("Superfly", que no idioma negro da época era a coca de maior calidade)... Un conxunto de cancións empaquetado de forma maxistral. Un regalo para os nosos oidos. Funk auténtico, sudoroso pero elegante, con letras directas, pero de calidade poética indiscutible, para unha das mellores bandas sonoras que escoitei na miña puta vida de blanquito.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Discazo onde os haxa, si señor.