BO DIDDLEY. BO DIDDLEY (1957) Un dos guitarristas indiscutibles do rock and roll, colega-rival de Chuck Berry na Chess, un músico que levantou am-pollas, creador de ritmos selváticos, dun estilo crú alonxado da comercialidade (demasiado nejro, demasiado Vudú), unha voz potentirma e unha forma de tocar a guitarra ( unha guitarra tuneada: a square-bodied ) totalmente innovadora. Ademáis incorporou instrumentos novedosos na súa banda como as maracas, que tocaba Jerome Green, e destacou polas súas letras nas que SEMPRE APARECE O SEU PUTO NOME!!!! "Bo Diddley", "Hey Bo Diddley", "Diddley Daddy", "Pay Bo Diddley"... En fin, un tío que non tiña abuela, pero todo cumplido cara el é pouco... Despois de todo escribiu temas da talla de "Roadrunner" (Animals, Stones...), "Pills" (NYC Dolls...) ou "I'm a man"(Yardbirds, Stooges...) e lanzou á fama esas animaladas chamadas "Who do you love?" (Ronnie Hawkins) e "Before acuse me" (Creedence...). Guitarrista influinte como poucos. Como curiosidade musical hai que afirmar que as súas cancións eran tan jodidamente rítmicas e hipnotizantes que os músicos só tiñan que tocar UN PUTO ACORDE. E de feito, a maioría das súas cancións só teñen 1 ACORDE!!!! ¿¿¿ podédelo crer????

ROY ORBISON. THE ESSENTIAL ROY ORBISON (2006) Este tío foi un crack no que a Rockabilly respecta, pero non alcanzou o éxito dos seus compañeiros de Sun Records (Perkins, Cash, Jerry Lee, Presley...), polo que ata os guevos, sacouse da manga un novo estilo rockero, un estilo que dende entón o definiu. O cantante miope, vestido de loito, acabou cantando cancións fodidamente emocionantes e tristeiras ("Only the lonely"), algo lóxico, xa que o destino cebouse tráxicamente con Roy fodendolle os seus seres máis queridos, así que é normal que o tipo cantase a súa traxedia dende o corazón, ese corazón que lle acabaría fallando cando parecía que todo ía de puta nai, cando todo dios o reivindicaba. Roy obsequiounos con cancións para a posteridade, ata había alunhas alegres, joder... ("Oh, pretty woman"). O caso é que este tío tiña algo especial, na sua voz, no seu sentimento, nas súas inolvidables composicións... Sirva como ilustración da súa música ese "In Dreams" que fai chorar de emoción a Dennis Hopper como o xenial Frank Booth na peli "Blue Velvet" (1986). Nunca unha canción sonou tan escura e fermosa (como unha peli do propio Lynch). Calqueira cousa que grabou Orbison merece ser catalogada como obra mestra indiscutible, pero hai que intentar coñecer a súa desconocida etapa rockabilly cañero, e por suposto disfrutar da súa obra póstuma "Mystery girl" (1989), un disco de escoita obrigada. Por eso o ideal é conseguir un recopilatorio completito como este.

BARÓN ROJO. VOLUMEN BRUTAL (1981) Este disco arrasou en Japón e existe unha versión en inglés (o tema "Stand Up", é dicir, "Resistiré" chegou a ser número 1 en Inglaterra !!!) Sen dúbida, o mellor grupo de ROCK AND ROLL de Espiñi!, Ninguén tivo un éxito igual fora da cutre-península, e dende logo, foi merecido, tendo en conta as cotas de calidade as que chegan con este segundo traballo. Uns tios con palpables e jugosas influencias (Kiss, M.S.G., Hendrix, AC/DC, Twisted Sister...), que deron moito que falar alá polos ochenta, cando reinaba esa cutrez rancia da movida madrileña, os pseudo-modernos de pega e o electropop máis jomitivo... Estes cabróns abandeirarían con éxito o rock de calidade entre tanta mediocridade, e ainda hoxe moven unha multitude de fans que estarían dispostos a andar a hostias con quen sexa polos BARÓN. "Resistiré", o clásico "Los rockeros van al infierno", a xenial "Las flores del mal", esa maravilla que é "Incomunicación" ou a emotiva "Concierto para ellos"... Joder... Con esta canción vou acabar: "...En cada concierto de Rock 'n' Roll / las campanas doblan por Bon Scott / por Janis, Lennon, Allman, Hendrix / Bolan, Bonham, Brian y Moon... " Este disco hai que escoitalo, como di o seu título, a un VOLUMEN BRUTAL.

NEW YORK DOLLS. NEW YORK DOLLS (1973) 5 putones drojadictos e mal falaos: David Johansen (voz, armónica, e un dos frontman definitivos da puta historia), Johnny Thunders (guitarrista e compositor xenial), Sylvain Sylvain (guitarrista con pluma e nome cojonudo, ademáis de ser un dos tios máis divertidos do RNR), Arthur Kane (baixo recentemente falecido) e Billy Murcia (batería yonki-atolondrao que morreu de "accidente") despois sustituido por un xenial Jerry Nolan (despois compañeiro yonkarra de Thunders nos Heartbreakers). Vamos, uns tios de pouco fiar... Yonkis, travestidos de putóns (véxase a inmortal portada, todo un icono comparable ás meninas de Velazquez), e rodeados de xentuza como Nancy (despois moza de Vicious) ou McLaren... E todo esto no 73!!!!!! Bowie daquela escandalizaba a xente por teñir o pelo!. A súa música recórdanos a uns Stones punk-glam, premeditadamente cutres, atronadores e apocalípticos en directo, pero cunha actitude a proba de bombas e unhas cancións simplemente perfectas... Pero non triunfaron... influiron en todo dios, pero non venderon... Quizais adiantáronse uns aniños á súa época... Se non fora por eles non existirían grupos que prefiro non nomear. Grandes temas: "Personality crisis", "Subway Train", "Frankenstein", "Pills", "Trash", "Jet boy"... Joder, síntome ridículo destacando cancións dun disco perfecto...

BUDDY HOLLY & THE CRICKETS. THE CHIRPING CRICKETS (1957) Un tio con clase o joputa de Buddy. Guitarrista experimentado, cantante excepcional e compositor dunhas cancións que son para quitarse o sombreiro, a verdá. Ademáis, ainda que non o parezca polas pintas, Holly era un rockstar definitivo, unha verdadeira fiera que practicaba o sexo as drogas e o rockandroll con carcter radical. Montábase unhas festas que riete tú de Led Zeppelin. Musicalmente, sempre me molaron esas melodías tejanas que compoñia, ese rock con rollo optimista, con ecos spectorianos. E cando se poñía cañero, era o que mellor rockeaba de todos os seus coetaneos. Sempre cos extraordinarios Crickets, que estandarizaron a clásica banda de rock: Baixo, batería e unha ou duas guitarras. Puta vida! Cando un frio 3 de febreiro do 59 caeu o puto Beechcraft Bonanza N-3794-N no que viaxaban Holly, Richie "La bamba" Valens e Big Bopper, ("the day that music died", que cantaba o outro), non só desapareceron as esperanzas brancas do rock and roll, senón que surxiron os primeiro mártires recoñecibles do xénero. Buddy tiña 22 anos. Quén sabe a donde chegaría! Recordemos, e tomemos nota, do gran rock que creou este tipo de gafas gordas, temas versioneados ata a saciedade polos grupos de Rock (os stones, por poñer o exemplo perfecto) que virían nos 60's: "That'll be the day", "Not fade away" "Peggy Sue" "What you do"...

GENE VINCENT & HIS BLUE CAPS.THE SCREAMING END (1990) O príncipe negro, o Hamlet do rock and roll... O primeiro rockeiro en usar chupas de cuero. Este tío era macarra a conciencia e xunto o tamén enorme Eddie Cochran ("summertime blues", "C'mon everybody"...), revolucionaron a música co seu rock and roll tolo e maligno, corrupto e corruptor. Estes rockeiros 100% sabían o que facían, non se andaban con mariconadas para enamorar as rapazas (o meloso estilo Elvis) ainda que, evidentemente, as nenas caían rendidas ós seus pés. Todo gracias a un bó tupé e moita "pomada". Gene tiña unha carisma acojonante, como Marlon Brando en "The wild one", pero sexamos xustos e reconozcamos que a banda que o acompañaba, The blue Caps, eran... Hiroshima, colegas... Cliff Gallup (guitarra), Jack Neal (baixo) e Dickie Harrell (batería)... Gallup pode ser denominado como o mellor guitarrista dos 50's (con permiso de ScottyMoore). O seu estilo non pode ser máis fermoso e maxistral. E cando había un solo de Cliff, escoitar a toda a banda berrando coma condanados da gusto, joder, da gusto... A putada de todo istofoi cando Gallup o deixou e cando Quévidamásputa! anos despois Gene acabou só, drojadicto e deformado polo alcol, sen que ninguén se acordara del cando morreu... Triste... Pero ahí nos quedan as súas cancións, os seus himnos, eses cánticos celestiais: "Be-bop-a-lula", "Race with the Devil", "Cruisin' "Blue jean bop" "Crazy legs" "Double talkin' baby" e un longo, longo etcétera. Como homenaxe a este grandísimo rockstar, tamen ó seu alter-ego Eddie, vou escoitar agora mesmo esa magnífica canción dos Stray Cats, "Gene and Eddie".

THE BLACK CROWES. THE SOUTHERN HARMONY AND MUSICAL COMPANION (1992) Bó grupo, non hai duda. E co novo guitarrista, Marc Ford, saliulles un discazo, chico. Música nejra como o carbón, ben feita. Nótase que son fans dos Stones e dos Skynyrd. Para mín o seu mellor disco, ainda que "Amorica" ten esa portada tan deliciosa... Sona como "ponte" entre o excepcional debut "Shake your money maker" (1990) e o "Amorica" (1994) (vaia gilipollez, despois de todo, fíxose no medio). Boas guitarras clásicas, uns teclaos moi curraos, unha voz estilo Arroz Stewart, uns coros de nejras que fan chorar de emoción ... Qué vos vou contar, joder... Escoitadeo canto antes, non fagades coma min, que tardei un güevo en descubrilo. Sempre lle estarei eternamente agradecido a Anxos por regalarme esta xoia, na que especificou claramente e por escrito cal é a súa canción estrella: "Remedy"... Non podo estar máis de acordo, ainda que o disco ten outras moitas perlas ( "Sting me", "Southern salvation" ou "Thorn in my pride", por poñer un par de exemplos) Boa música.

U2. THE JOSHUA TREE (1987) Este disco lanzou ó estrellato mundial ós irlandeses, que ata agora estaban sendo honestos e relativamente desconocidos para a gran industria. Un grupo de bos rapaces católicos cun puñao de bos discos as súas espaldas chegaron ó máis alto no 87 (bó ano para o RNR) con esta verdadeira obra mestra. Si... Seino... meter a U2 nesta lista, tal e como está o patio últimamente, sona pouco menos que ridículo, pero para o meu gusto, este álbum mereceo que te jiñas. Envellece de puta nai, e ten unha colección de singles que non me podedes negar que son dunha calidade sorprendente. Que llo pregunten a grupos actuais como os sensacionais Marah, que non teñen reparos en facer versións súas. Tras esto, as superestrellas cambiaron tanto no musical ("Achtung baby" dou un xiro ainda respetable no son que estaban a facer) como no resto. Agora son unha ridícula parodia, uns multimillonarios que parecen incapaces de levantar cabeza no musical, e ademáis son amiguetes de BILL GATES!!!! si, Bono e "a besta" Bill: O Anticristo, as veces rascan os seus solidarios petos e axudan aos negritos que morren de fame por culpa de... o propio BILL. TIENE COJONES LA COSA!!!. En fin... Olvidemos esta desagradable reflexión e disfrutemos de temazos como "With Or Without You", "Trip Through Your Wires", "I Still Haven't Found What I'm Looking For" ou "Bullet The Blue Sky".

RAINBOW. RISING (1976) Situémonos: 1975. Marcha o guitar-hero Ritchie Blackmore duns cada vez máis negratas (e coñazo) Deep Purple, e monta Rainbow, un grupo feito a medida para a sua xenial persona. Un excepcional disco de debut co "gran" cantante Ronnie James Dio. Tras varios cambios, no 76 o grupo estabilízase máis ou menos con Cozzy Powell bourando na batera. e sale este disco: Rainbow's Rising. Todo dios queda flipao. Todos conocemos a ese Blackmore dos Deep Purple, unha estrana mezcla entre Hendrix e Paganini... Un tio que se pode dicir que foi o primeiro "guitarra jevi", o creador de Riffs perfectos, un tio que todo dios describe como "un arrogante hijo de puta"... Pois aquí en Rainbow, a cousa segue igual, solo que respaldado por dous fenómenos como Dio e Powell. Este supagroup sacarán adiante o discazo do que estamos a falar, pura e dura dinamita roqueira que todo o mundo con sangue nas venas debería ter no seu poder. Dous exemplos das 6 maravillas que esconde este artefacto: "Tarot Woman" e "Stargazer"... Blackmore+Dio= Rock and Roll de calidade. Para min, este grupo merece sen lugar a dudas estar no olimpo do hard-rock formando unha santísima estrepia xunto a Black Sabbath e Led Zeppelin.

DEEP PURPLE. BURN (1974) Todo o mundo quería a Ian Gillian... Normal. Todos os himnos de Deep Purple, anclados como ladillas no noso subconsciente colectivo terán sempre a súa acojonante voz nas nosas mentes. Este tío chegaba ós rexistros mais agudos ("Child on Time"..., por poñer un puto exemplo). Pero no 74 deixou a Blackmore e cía., deixando un jueco fodido de encher (xa sabedes... O mesmo pasou con Bon Scott, Dee Dee Ramone, Brian Jones ou Ozzy, aparentemente insustituibles, e ... bueno... as apariencias enganan.) Dous novos membros en Deep Purple, para min, melloraron o seu son, o seu Rock and Roll, a súa música... David Coverdale (recomendable voz tamén nos brillantes Whitesnake) e o fankeiro baixista Glenn Hughes (tamén con voz agudirma e un virtuoso do baixo, que acompaña a Coverdale cuns coros maxistrais). Ademais temos as almas dos Purple: Blackmore, que se vivira J.S.Bach sería o seu fan, e a John Lord e o seu característico (e trepanador) Jámon. Sí... Seguramente non coincidiredes conmigo e preferides o "In Rock"(1970) coa formación que todos temos en mente (e no corazón)... NORMAL, son tantas e tantas cancións excepcionais... Pero eu que son atravesado, quédome con esta nova etapa para os Purple : "Burn", que facendo honor ó seu nome, ten cancións (tan míticas como Black Night ) que riete tí dos HIJOSDEPUTA dos incendiarios que andiveron prendendo lume nos montes este verán... En fin... Mellor cambiar de tema. BURN, amiguitos... Un disco que non me negaredes que como mínimo merece estar entre os 100 mellores.