RED HOT CHILI PEPPERS. BLOOD SUGAR SEX MAGIC (1991) Outra delicia pertencente a ese ano acojonante para o rock and roll... Xa sei, xa sei o que estades pensando: este grupo está avergonzando hoxe en día a toda unha xeración que mamamos da súa música fankera e desmadrada. Venderonse creando productos artificiais e indignos de levar a súa firma. Son uns hijosdeputa, etc...Pero o certo é que os tíos naceron co punk de LA (Circle Jerks, Black Flag...) nos primeiros 80, e mezclandoo co funk propio de George Clinton (produxo o seu 1º disco) foron subindo e subindo de nivel ata chegar a esta obra mestra. Non sin pasar penas a mazo como cambios continuos de formación ou a morte por sobredosis do guitarra Hillel Slovak, máis tarde sustituido por un dos guitarristas máis xeniais da historia: John Frusciante, outro yonki de agárrate, que, por sorte ou por desgracia segue na patética formación actual. Con el non só crearon este tesouro, senón tamén o anterior, ese gran "Mother's Milk" (1989). Un gran guitarra, que marchou do grupo despois do éxito do Blood Sugar...., totalmente ido por causa das drogas, feito un hermitaño, encerrado todo o puto dia nun apartamento cheo de mierda. Un tío sensible que non ajuantaba tanto éxito e desesperado, creou en solitario ese gran disco "Diandra LaDes & Usually Just a Tshirt" (1994), unha obra complexísima e fodidamente fermosa, que ilustraba o inferno que estaba a pasar eses días (case lle amputan os brazos polas infecciós que tiña de tanto chutarse). Como sabedes, acabou volvendo, rehabilitado e facendo insufribles gorgoritos para esa fábrica de facer ouros que son hoxe en día os RHCP. Pero voltemos ós vellos tempos. Frusciante compoñía unhas cancións entre o salvaxe e o lírico, fermosísimas, tremendas. E taba acompañado por eses musicazos: Flea (un incorrexible baixista que experimentaba e disfrutaba co funk e o r'nr), Kiedis (un fankeiro, un rapeiro que facía punk e sudaba a camiseta. Un gran frontman. O gran éxito deste disco "Under the Bridge", é seu) e Chad Smith (tan tolo e xenial como os seus compañeiros). Qué tempos!!! Qué grupazo!!! E qué puto discazo!!!! Ainda que teñamos moitas das cancións deste album máis queimadas que a pipa dun indio, debemos ser obxetivos: ESTE DISCO ESTÁ DE PUTA MADRE!!!!